Decreto 95/2006, do 1 de xuño, polo que se declara a utilidade pública e interese social e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo establecemento dun depósito de seguridade para a posta en marcha dunha instalación de eliminación de residuos perigosos no Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, nas Somozas (A Coruña).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Rango de LeyDecreto

Mediante Resolución do 27 de abril de 1995 da Dirección Xeral de Industria, outorgouse á Sociedade Galega de Residuos Industriais de Galicia, S.A. (Sogarisa), a correspondente autorización de xestor de residuos tóxicos e perigosos, resultando adxudicataria do contrato administrativo para a xestión do servizo público da Planta de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, formalizado o 12 de maio de 1995, consistente no deseño, construción, explotación e mantemento de instalacións e equipamentos de recollida, transporte, almacenamento e disposición final e, en xeral, da xestión dos residuos industriais, tóxicos e perigosos dentro do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo coa cláusula V do contrato administrativo para a xestión do servizo público da Planta de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, a concesión foi outorgada a Sogarisa por un prazo de 20 anos desde a data da sinatura do contrato, prorrogables por prazos sucesivos de igual duración se non media denuncia de ningunha das partes asinantes cun ano de antelación á expiración do prazo inicial, sen que a concesión poida superar os 99 anos; neste caso producirase unha prórroga automática de non se producir denuncia por ninguna das partes.

Sogarisa, como entidade xestora de residuos perigosos, iniciou as súas actividades de explotación do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia (en diante, CTRIG), en abril do ano 1996. Desde esta data, xeráronse un total aproximado de 1.000.000 de toneladas de residuos industriais. Entre as actividades que Sogarisa desenvolve no CTRIG destaca a xestión e explotación dun depósito de seguridade para a eliminación de residuos perigosos. Neste momento e debido ao transcurso dun período de 10 anos desde o inicio da actividade, o depósito de seguridade está próximo á súa colmatación, prevista para finais do ano 2006.

Faise imprescindible para o cumprimento do obxecto do contrato de xestión de residuos industriais, tóxicos e perigosos a reposición do espazo de vertedura. A creación e posta en marcha do dito espazo de vertedura vén condicionada polo outorgamento de autorizacións administrativas e ambientais en tramitación. Mentres estas autorizacións se tramitan, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ten autorizado, de conformidade co artigo 24 do Decreto 174/2005, do 9 de xuño, un depósito

de residuos para a posta en marcha dunha instalación de eliminación (depósito de seguridade). A...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR