Decreto 240/2006, do 21 de decembro, polo que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

SecciónII. Autoridades e Persoal
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

O ente público Portos de Galicia, creado pola Lei 5/1994, do 29 de novembro, ten entre as súas funcións a ordenación, administración e explotación das obras, as instalacións, os servizos e as actividades portuarias, así como a planificación das zonas de servizo e as súas futuras ampliacións.

A teor do establecido no artigo 7 da devandita lei e no artigo 10 do seu regulamento (aprobado polo Decreto 227/1995), o órgano superior colexiado do ente público é o Consello de Administración. Del forman parte, ademais de representantes dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias, do persoal do ente e das administracións locais, dez vogais en representación da Administración autonómica, vogais que son nomeados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta dos respectivos conselleiros.

Producida a vacante dun dos vogais nomeados en representación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e considerando que

a Dirección Xeral de Transportes ten atribuídas funcións en materia de transporte marítimo, con evidente conexión con actividades portuarias, considérase conveniente que a persoa titular daquel centro directivo forme parte do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Polo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR