Resolución do 4 de xuño de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector das empresas exportadoras de peixe fresco.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o texto do convenio colectivo do sector de empresas exportadoras de peixe fresco, con nº de

código 3600615, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 28-5-2004, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Comercializadores de Peixe de Vigo, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO. e UGT, en data 25-5-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizo da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de xuño de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para as empresas exportadoras de peixe fresco da provincia de Pontevedra

  1. Condicións xerais.

Artigo 1º Ámbito de aplicación.

Nos seus aspectos territorial, funcional e persoal, o presente convenio colectivo afecta as empresas cuxa actividade sexa a do comercio por xunto de peixe fresco e localización na provincia de Pontevedra. Afectará a todo o persoal que preste os seus servizos nas citadas empresas e nos seus distintos postos de traballo.

Artigo 2º Vixencia e duración.

Entrará en vigor aos 20 días da súa sinatura, independentemente da súa publicación no BOP.

A súa duración establécese en dous anos, 2004 e 2005, e os seus efectos económicos enténdense retrotraídos ao día 1 de xaneiro de 2004.

Artigo 3º Denuncia.

O convenio entenderase prorrogado tacitamente por un ano, salvo denuncia por algunha das partes nos tres últimos meses de duración.

Artigo 4º Condición máis beneficiosa.

Todas as melloras obtidas neste convenio establécense con carácter de mínimas. Os pactos actualmente existentes en calquera empresa ou costume máis beneficioso sobre condicións de traballo serán respectados.

Artigo 5º Absorción e compensación.

Terán carácter de absorbibles aquelas melloras existentes pactadas ou que durante a vixencia do convenio, por disposicións legais, puidesen establecerse.

Artigo 6º Comisión mixta de vixilancia.

Para unha mellor interpretación e cumprimento do texto articulado do presente convenio, constitúese a comisión mixta de vixilancia, composta por tres vogais e igual número de suplentes, por cada unha das partes, que velará polo estrito cumprimento da lexislación laboral vixente; ambas as partes, precedendo acordo, designarán o presidente e secretario desta comisión mixta de vixilancia.

  1. Condicións laborais.

Artigo 7º Xornada de traballo.

A xornada será de 36 horas semanais de traballo efectivo de luns a sábado, ambos inclusive, que comezará á hora establecida para a poxa de peixe, actualmente fixada para as 7.30 horas.

Calquera modificación habida na hora da poxa implicará a súa aprobación posterior na comisión mixta de vixilancia do convenio.

Por ser xornada continua, establécese un descanso de 30 minutos que desfrutarán os traballadores entre as 9.00 e 12.00 horas, precedendo acordo en cada caso coa respectiva empresa.

Sen prexuízo da xornada exposta, páctase a flexibilidade no sentido de que, unha vez finalizadas as tarefas, se entenderá igualmente finalizada a xornada, contabilizándose as horas non traballadas para os únicos efectos do cómputo que proceda para horas extraordinarias.

Nocturnidade.

Aquela xornada de traballo comprendida entre as 22.00 e 6.00 considerarase xornada nocturna. O persoal que traballe entre as 22.00 e as 6.00 horas percibirá un suplemento por traballo nocturno, equivalente ao 30% do soldo ou salario base sinalado na súa categoría profesional na táboa de salarios deste convenio.

Artigo 8º Vacacións.

O descanso anual retribuído do persoal comprendido no presente convenio é de 30 días naturais, establecéndose a data para o seu desfrute desde o 15 de xuño ao 15 de setembro, sempre que for posible. Para tal fin confeccionarase unha lista de vacacións que deberá estar exposta nas empresas antes do 31 de marzo, fixándose no primeiro trimestre do ano, por orde de antigüidade e orde rotativa en sucesivos anos; en caso de non haber acordo quince...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR