Resolución do 4 de maio de 2004 pola que se dispón a publicación da relación de buques incluídos no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS
Rango de LeyResolución

A Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, condiciona o acceso ao exercicio da actividade de explotación dos recursos mariños a aquelas embarcacións que estean inscritas no Rexistro de Matrícula de Buques e no censo de embarcacións pesqueiras e auxiliares de acuicultura de Galicia, ademais de contar coas habilitacións administrativas correspondentes. Esta vinculación da actividade pesqueira á inscrición no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia é reiterada no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira, que no seu artigo 7 estende a todas as embarcacións que operan nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia ou que estean rexistradas nela. E no seu artigo 9 prevé que o dereito para obter o permiso de explotación está limitado ás embarcacións que estean inscritas no Rexistro de Buques da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

E, pola súa parte, o Decreto 424/1993, polo que se aproba o Regulamento da actividade pesqueira, limita o exercicio desta actividade ás embarcacións que teñan a súa base en portos do litoral galego e que estean incluídas no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia.

Dado o elevado número de buques pesqueiros con porto base na Comunidade Autónoma de Galicia, estableceuse o Rexistro de Buques como fórmula para controlar o esforzo pesqueiro sobre os recursos mariños de xeito que aquel esforzo sexa compatible coa explotación equilibrada dos recursos. Por esa razón a normativa condiciona o dereito de pesca á obtención do permiso de explotación e á súa inscrición no Rexistro de Buques Pesqueiros como mecanismo para garantir ese control.

O Decreto 420/1993, do 17 de decembro, veu refundir a normativa vixente en materia de rexistros de buques e de empresas halioalimentarias que no seu artigo 4 inclúe o Rexistro de Buques Pesqueiros que teñan o seu porto base na Comunidade Autónoma de Galicia. O artigo 5 dese decreto advirte que o incumprimento desta obriga rexistral implicará a imposibilidade de exercer a actividade de explotación de recursos mariños, con independencia das sancións ou da imposibilidade de ser beneficiarios de axudas ou subvencións ou doutros dereitos de que poida ser obxecto. É clara, polo tanto, a vinculación da inscrición no Rexistro de Buques Pesqueiros ao exercicio da pesca.

O rexistro ten por finalidade, ademais dun control do esforzo pesqueiro, dispor dunha información fiable e actualizada sobre a frota que radica en Galicia, o que non se consegue se non dispoñemos dun rexistro vivo, áxil e actualizado en que se recollan todas as incidencias, situacións e modificacións durante a vida do buque rexistrado e, se é o caso, a súa desaparición. É necesario que o rexistro sexa activo co fin de obter un coñecemento completo e permanentemente actualizado deste sector polo que é preciso facer constar no rexistro os cambios de base efectuados, os cambios de titularidade ou as baixas por inoperatividade do buque e o resto das modificacións ou incidencias que lle afecten.

A Orde do 8 de maio de 2002 pola que se actualiza o Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen normas sobre a súa xestión e control, tivo a finalidade de proceder á depuración e actualización do Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia atendendo especialmente a aqueles buques que carecen do preceptivo permiso de explotación, condición esencial para poder exercer a pesca, así como aos que deben ser baixa definitiva por ser irrecuperables, inoperativos, en desmantelamento, afundidos ou exportados, tal como se prevé na normativa básica do Estado en materia de actualización do Censo da Frota Pesqueira Operativa.

Realizada conforme as previsións da orde citada a depuración e actualización do Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia, publicouse no Diario Oficial de Galicia do 4 de setembro de 2003 a relación de buques incluídos no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na disposición citada no parágrafo anterior establecíase un prazo de tres meses para que os interesados puidesen formular as súas alegacións; concluído este e feitas as comprobacións e depuracións oportunas, procede a publicación do rexistro debidamente actualizado.

Por todo o anterior, en virtude da habilitación feita ao conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos na disposición derradeira do Decreto 420/1993,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Publicar como anexos I e II desta orde as relacións que comprenden a totalidade dos buques incluídos no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes, respectivamente, á terceira e cuarta lista -buques extractivos e auxiliares-.

Artigo 2º

A actualización do Rexistro de Buques Pesqueiros realizarase de conformidade co procedemento establecido no articulado da Orde do 8 de maio de 2002,

pola que se actualiza o Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen normas sobre a súa xestión e control (DOG do 16 de maio; corrección de erros con impreso de inscrición no DOG do 2 de setembro).

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2004.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO I

COD.

BUQ.BARCOMATRÍCULANº REXISTROPORTO BASE

41222º HABIA DE VIR E VEU3CO-1-23751992CO001673A CORUÑA

50124A VELLA3CO-2-32021992CO001860A CORUÑA

51947AGUSTINA3CO-2-33111992CO003352A CORUÑA

24668ANA ISABEL3VI-5- 8-002000CO005467A CORUÑA

52748ANDURIÑA3VI-4-56241992PO001967A CORUÑA

15526AROSA CATORCE3CO-2-38461992PO000491A CORUÑA

15541AROSA DOCE3CO-2-38451992PO000425A CORUÑA

15540AROSA NUEVE3CO-2-38441992PO000423A CORUÑA

15527AROSA QUINCE3CO-2-38471992PO000490A CORUÑA

52060AURORA3CO-2-26181992CO002470A CORUÑA

4143BICHUCA3CO-2-37301992CO003880A CORUÑA

25178BOGAVANTE SEGUNDO3CO-2- 3-012002CO005569A CORUÑA

55175BRUMA3CO-7-30901997CO005041A CORUÑA

22475BUJAN VILA3CO-2- 2-921992CO003930A CORUÑA

3720CABO FINISTERRE3CO-5-19301992CO002906A CORUÑA

23781CABO HORNOS II3CO-2- 3-961996CO004975A CORUÑA

14365CARMEN BELEN3GI-7-17521992CO002395A CORUÑA

5655CARMEN CARRIL3CO-4-11751998CO005231A CORUÑA

58011CATAVENTOS UNO3CO-2- 4-012001CO005540A CORUÑA

53647CECILIA3CO-3-11071996CO004756A CORUÑA

24440CHANTEIRO3VI-5- 14-992000CO005423A CORUÑA

50129CHELO3CO-2-2581992CO002611A CORUÑA

56677CHOLITO3CO-3-13091999CO005364A CORUÑA

50115CHON3CO-2-35341992CO001692A CORUÑA

50966CHONA3CO-2-25701992CO001652A CORUÑA

5032CONCEPCION PINO3CO-2-38521992CO001614A CORUÑA

25500COSTA AZUL UNO3VILL-16-022004CO005695A CORUÑA

51929DORINDA3CO-2-25691992CO001497A CORUÑA

3635ELIFE NUMERO TRES3GI-4-20291992CO001602A CORUÑA

51924ELVIRA3CO-2-30361992CO001702A CORUÑA

51275ENRIQUE PUENTE3CO-2-34761996CO004743A CORUÑA

15733FARELO3CO-2-38771992CO001384A CORUÑA

22065FERNANDO JOSE3CO-4- 1-911994CO004480A CORUÑA

22770FRISAN3CO-2- 1-941995CO004563A CORUÑA

24860GALAXIA DOS3CO-2- 4-002001CO005508A CORUÑA

23080GRACIELA ISABEL3CO-2- 3-951996CO004688A CORUÑA

14668HERMANOS FORMOSO3CO-2-38231992CO001622A CORUÑA

9288HERMANOS RODRIGUEZ NOVO3CO-2-38141992CO001487A CORUÑA

14126HIMAJO PRIMERO3CO-3-15511992CO001331A CORUÑA

5058INDIFERENTE3CO-2-35161992CO002528A CORUÑA

12161ISABELITA3CO-2-29671992CO001637A CORUÑA

51280ISOLINA3CO-2-35421996CO004764A CORUÑA

4146J. VALIÑO3CO-1-23841992CO001437A CORUÑA

52057JOFER3CO-2-33981992CO004424A CORUÑA

51289JORGE PRIMERO3CO-2-38591992CO002525A CORUÑA

15496JOSE GERMAN3FE-3-19351992CO003204A CORUÑA

14478JUPITER3CO-4-19031992CO001636A CORUÑA

9855LAGUNAK3SS-1-22941996CO004712A CORUÑA

50967LAICA3CO-2-30921996CO004770A CORUÑA

53589LAURA3CO-3-15701992CO002571A CORUÑA

51254LLEINI3CO-2-38421996CO004758A CORUÑA

50972LOLA3CO-2-25661992CO001595A CORUÑA

50951LOLA3CO-2-30371992CO003351A CORUÑA

COD.

BUQ.BARCOMATRÍCULANº REXISTROPORTO BASE

51281LUISA3CO-2-31371992CO002482A CORUÑA

13714MALANTE3CO-3-15331992CO003298A CORUÑA

50964MANOLO3CO-2-29091992CO001679A CORUÑA

57424MANUELA3VILL-1-25401992CO003465A CORUÑA

22154MAR CANTABRICO3CO-2-911992CO001380A CORUÑA

25819MAR MARES3VI-2- 3-032004CO005744A CORUÑA

53633MARACAIBO3CO-3-13221992CO003333A CORUÑA

3634MARCELO3CO-2-37441992CO001450A CORUÑA

52053MARI3CO-2-33471997CO005037A CORUÑA

51260MARI LOLI3CO-2-25871996CO004768A CORUÑA

51290MARIA3CO-2-26031992CO001490A CORUÑA

52059MARIA3CO-2-37631992CO001588A CORUÑA

51283MARIA3CO-2-25641992CO002526A CORUÑA

51262MARIA3CO-2-35691997CO005165A CORUÑA

12160MARIA3CO-3-32411997CO005166A CORUÑA

12126MARIA ANGELICA3CO-4-14501992CO003014A CORUÑA

50963MARIA DE LAS NIEVES3CO-2-25681992CO001367A CORUÑA

51941MARIA DEL CARMEN3CO-2-29691997CO005070A CORUÑA

50968MARIA DEL MAR3CO-2-34531996CO004769A CORUÑA

50117MARIA ELENA3CO-2-35031992CO002466A CORUÑA

57705MARIA IRENE3CO-3-35631998CO005184A CORUÑA

53597MARIA ISABEL3CO-3-15481992CO001625A CORUÑA

50969MARIA JESUS3CO-2-30201992CO001597A CORUÑA

13299MARIA JOSE3CO-5-17711992CO001587A CORUÑA

52063MARIA LUISA3CO-2-34641992CO001642A CORUÑA

57883MARIA LUISA M3CO-2- 1-991999CO005406A CORUÑA

51259MARIA OLGA3CO-2-35771992CO001448A CORUÑA

50960MARIA TERESA3CO-2-31801998CO005195A CORUÑA

54644MARINA3CO-2-29161992CO001631A CORUÑA

2289MARINA3FE-4-6511998CO005209A CORUÑA

52062MARIPOSA3CO-2-38391992CO004425A CORUÑA

50970MARUXA3CO-2-25951992CO002491A CORUÑA

51247MARY FINA3CO-2-21011992CO002463A CORUÑA

9261MARY LUZ3CO-2-30521992CO001623A CORUÑA

9274MEDUSA3VI-5-90841992CO002340A CORUÑA

50961MINA3CO-2-22701992CO001603A CORUÑA

12015MONTE ALEN3SS-1-22892003CO005624A CORUÑA

51263MORLAN3CO-2-37021992CO001438A CORUÑA

8737NIMBA3VILL-4-17031992PO001653A CORUÑA

11257NOSA VIRXEN DO LORETO3CO-7-34991992CO001848A CORUÑA

25060NOVO ALBORADA3CO-2- 5-012002CO005559A CORUÑA

25595NOVO CAZADOR3CO-2- 4-022003CO005638A CORUÑA

25068NOVO JUNDIÑA3VI-5- 7-012003CO005621A CORUÑA

14778NUEVO MANOLO MAINEZ3ST-4-25061992PO001536A CORUÑA

25193NUEVO MAR DOS3CO-2- 1-012002CO005568A CORUÑA

52064NUEVO SOLITARIO3CO-2-37311992CO001484A CORUÑA

51250NURIA3CO-2-37691992CO001494A CORUÑA

...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR