DECRETO 109/2012, do 22 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Rango de LeyDecreto

A través do Decreto 335/2009, do 11 de xuño, establécese a estrutura orgánica de Consellería de Traballo e Benestar, modificado polo Decreto 9/2011, do 20 de xaneiro.

Con data do 4 de xaneiro de 2012 publícase o Decreto 1/2012, do 3 de xaneiro, polo que se modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia que, baixo os criterios de eficacia, economía e austeridade que debe inspirar a actuación e organización administrativa, estará integrada por oito departamentos.

Posteriormente, a través do Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, fixouse a estrutura orgánica básica das consellerías da Xunta de Galicia, segundo o cal a Consellería de Traballo e Benestar, no seu artigo 7, está integrada polos seguintes órganos superiores e de dirección: a Secretaría Xeral Técnica, a Secretaría Xeral de Política Social, a Dirección Xeral de Relacións Laborais, a Dirección Xeral de Promoción do Emprego, a Dirección Xeral de Formación e Colocación e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Quedan adscritos á consellería o organismo autónomo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e o Consello Galego de Relacións Laborais, ente institucional de dereito público, órgano consultivo.

Consonte o anterior e de conformidade coa Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a nova estrutura da Consellería de Traballo e Benestar recolle os principios de austeridade, eficacia e eficiencia no deseño e funcionamento da Administración pública.

Na área de Benestar, a estrutura que se presenta recolle a reordenación das liñas básicas de actuación nos órganos superiores e de dirección da consellería derivada da supresión da extinta Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal, en virtude do Decreto 194/2011, do 20 de outubro.

Na área de Traballo, as direccións xerais de Relacións Laborais, Promoción do Emprego e Formación e Colocación manteñen o ámbito competencial coincidente co vixente na actualidade, revisando nalgúns casos as funcións dos distintos órganos.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado mantén a súa estrutura actual.

Polo que se refire á organización dos servizos periféricos, de acordo co disposto no artigo 35 da Lei 16/2010, as xefaturas territoriais previstas neste decreto dependen orgánica e funcionalmente da consellería, sen prexuízo das funcións de coordinación do exercicio das súas competencias que asume cada delegación territorial no seu correspondente ámbito territorial. Concretamente, a Consellería de Traballo e Benestar mantén a súa organización en catro xefaturas territoriais na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.

De conformidade co exposto, por proposta da conselleira de Traballo e Benestar, no exercicio da facultade outorgada pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, co informe previo da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e dous de marzo de dous mil doce,

DISPOÑO:

TÍTULO IÁmbito competencial e organización xeral da Consellería

Artigo 1 Ámbito competencial.

A Consellería de Traballo e Benestar é o órgano da Administración xeral da Comunidade Autonoma ao cal, ademais daquelas competencias e funcións establecidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, lle corresponde, de conformidade co Estatuto de autonomía e coa Constitución, propoñer e executar as directrices xerais do goberno nos ámbitos laborais e do benestar, que engloban as competencias en materia de políticas activas de emprego, política laboral, relacións laborais e saúde laboral, cooperativas e outras entidades de economía social, formación e colocación, así como as competencias en materia de servizos sociais, incluíndo as políticas de familia, menores, benestar social, inclusión social, servizos comunitarios, atención ás persoas discapacitadas e ás persoas maiores, a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e as políticas de xuventude e voluntariado, na forma establecida neste decreto.

Artigo 2 Estrutura da Consellería.

Para o exercicio das súas funcións, a Consellería de Traballo e Benestar estrutúrase nos seguintes órganos:

  1. O/a conselleiro/a.

  2. Secretaría Xeral Técnica.

  3. Secretaría Xeral de Política Social.

  4. Dirección Xeral de Relacións Laborais.

  5. Dirección Xeral de Promoción do Emprego.

  6. Dirección Xeral de Formación e Colocación.

  7. Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

  8. Xefaturas territoriais.

Artigo 3 Organismos autónomos, entes públicos e órganos colexiados.
  1. Quedan adscritos a esta consellería os seguintes organismos:

    1. O organismo autónomo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, creado pola Lei 14/2007, do 30 de outubro.

    2. O Consello Galego de Relacións Laborais, ente institucional de dereito público, creado pola Lei 5/2008, do 23 de maio.

  2. Así mesmo, quedan adscritos a esta consellería os órganos colexiados en que así o determine a súa normativa reguladora.

    TÍTULO IIServizos centrais

Artigo 4 O/a conselleiro/a.

O/a conselleiro/a é a autoridade superior da consellería e, con tal carácter, desempeña e exerce as atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

CAPÍTULO IDa Secretaría Xeral Técnica

Artigo 5 Atribucións.

Á Secretaría Xeral Técnica, órgano de dirección da Consellería de Traballo e Benestar, con relación xerárquica directa co/a conselleiro/a, corresponderanlle as seguintes funcións:

  1. As establecidas no artigo 29 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e organismos do sector público, entre elas coordinar, baixo a dirección da persoa titular da consellería, os programas e actuacións das diferentes dirección xerais e entes do sector público adscritos á consellería, actuar como órgano de comunicación coas demais consellerías e dirixir e xestionar os servizos comúns da conselleria e velar pola organización, simplificación e racionalización administrativa.

  2. Exercer as funcións relativas ao rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais, o réxime de autorizacións, inspección, acreditación e sancionador, de ser o caso, así como a súa coordinación cos demais órganos e coas xefaturas territoriais en aplicación e de conformidade coa Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia e coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, sen prexuízo das encomendadas aos órganos da Xunta de Galicia competentes en materia de avaliación e reforma administrativa.

  3. As derivadas da aplicación da Lei 2/2007, do 28 de marzo, de traballo en igualdade das mulleres de Galicia, no ámbito da consellería.

  4. As que lle atribúa a normativa en vigor e as que lle sexan encomendadas por delegación da persoa titular da consellería.

Artigo 6 Estrutura.
  1. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Secretaría Xeral Técnica contará cos seguintes órganos:

    1. Vicesecretaría Xeral.

    2. Subdirección Xeral de Persoal.

    3. Subdirección Xeral de Contratación e Control.

    4. Subdirección Xeral de Apoio Técnico-Xurídico.

    5. Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais.

    6. Subdirección Xeral de Tecnoloxías da Información.

    7. Unidade Administrativa de Igualdade.

  2. De conformidade co disposto no artigo 29.2 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, adscríbense organicamente á Secretaría Xeral Técnica, con nivel de subdirección xeral:

    1. A Intervención Delegada da consellería, que dependerá funcionalmente da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

    2. A Asesoría Xurídica de Traballo e a Asesoría Xurídica de Benestar, que se rexerán polo disposto no Decreto 343/2003, do 11 de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR