Decreto 92/2008, do 17 de abril, polo que se acorda a aceptación da cesión dunha parcela de 16 m2 de titularidade do Concello de Riós para destinala á instalación dunha estación operativa da rede de alerta de avisos agrícolas.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

Con data do 26 de outubro de 2007, o Pleno do Concello de Riós, en sesión extraordinaria acordou ceder unha parcela de 16 m2 de superficie sita no concello de Riós á Comunidade Autónoma de Galicia para a instalación dunha estación operativa da rede de avisos agrícolas, ou observatorio agrícola, por un prazo de 30 anos.

De acordo co disposto no artigo 16, 17.1º e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 33, 34.1º e 38 do Regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens, a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Economía e Facenda.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de abril de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Aceptar a cesión, mediante a formalización dun contrato de comodato, feita polo Concello de Riós do terreo que a continuación se describe:

Terreo de 16 m2 de superficie encravado no predio As Moreiras, propiedade do Concello de Riós en virtude de escritura de agrupación e segregación do 26 de maio de 2005 outorgada ante o notario Alfonso Castro Lago, con numero de protocolo 644.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Verín como predio número 15743, folio 203, libro 98, tomo 701.

Referencia catastral do predio en que está encravada a parcela de 16 metros cadrados: 32072A180000960000MS.

Artigo 2º

O destino do inmoble será a instalación dunha estación operativa da rede de alerta de avisos agrícolas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR