Decreto 128/2005, do 6 de maio, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, dunha parcela de terreo na parroquia de Santo Estevo de Ribas de Sil, no termo municipal de Nogueira de Ramuín (Ourense), como medida compensatoria do proxecto liña de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV Velle-San Pedro.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A Consellería de Medio Ambiente, en virtude do informe da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental do trinta e un de marzo de dous mil tres, manifestou a súa conformidade coa aceptación da cesión de terreos situados no termo municipal de Nogueira de Ramuín (Ourense), como medida compensatoria proposta pola Sociedade Unión Fenosa Distribución, S.A., no marco da declaración de impacto ambiental do proxecto liña de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV Velle-San Pedro, adoptada por Resolución do 2 de outubro de 2001 e revisada o 20 de agosto de 2002.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos que resultan do

escrito do 8 de maio de 2002 de Unión Fenosa Distribución, S.A., coa conformidade da Consellería de Medio Ambiente, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do seis de maio de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión, a título gratuíto, feita pola Sociedade Unión Fenosa Distribución, S.A. do terreo que se describe como segue, como medida compensatoria do proxecto liña de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV Velle-San Pedro:

Terreo a monte, denominado A Fraga, situado no lugar de Paradela, da parroquia de Santo Estevo de Ribas do Sil, lugar A Costa, do termo municipal de Nogueira de Ramuín (Ourense), da superficie dunhas cento oito áreas, segundo o título, aínda que de recente medición, resulta ter cento cincuenta e catro áreas e setenta centiáreas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR