Decreto 351/2003, do 11 de setembro, de regulación da duración dos procedementos disciplinarios ó persoal estatutario que presta servicios no Servicio Galego de Saúde.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

Exposición de motivos.

A normativa de réxime disciplinario do persoal estatutario facultativo, non facultativo e non sanitario que presta servicios no ámbito dos distintos niveis que integran a atención sanitaria aparece dispersa en corpos normativos de rango e antigüidade diferentes.

Así, a normativa básica estatal contense principalmente en tres normas: o Decreto 3160/1966, relativo ó persoal facultativo; a Orde do 26 de abril de 1973, relativa ó persoal non facultativo; e a Orde do 5 de xullo de 1971, relativa ó persoal non sanitario.

Estes instrumentos normativos establecen a duración máxima do iter procedemental, determinando a súa duración máxima do seguinte xeito:

O artigo 70 do Decreto 3160/1966 establece unha duración máxima de dous meses, agás a concorrencia de situacións xustificadas que impidan a súa conclusión no prazo sinalado.

O artigo 131, paragrafo 3º, da Orde do 26-4-1973 establece tamén unha duración máxima de dous meses desde a súa incoación, agás que circunstancias xustificadas impidan a súa conclusión.

O artigo 69.6º da Orde do 5-7-1971 reproduce unha vez máis a redacción dos preceptos citados anteriormente.

A Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, no seu artigo 84.1º determina: «O persoal da Seguridade Social regulado no Estatuto xurídico de persoal médico da Seguridade Social, no Estatuto do persoal sanitario titulado e auxiliar de clínica da Seguridade Social, no Estatuto do persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social, o persoal das entidades xestoras que asuman os servicios non transferibles e os que desempeñen o seu traballo nos servicios de saúde das comunidades autónomas rexeranse polo establecido no estatuto-marco que aprobará o Goberno no desenvolvemento desta lei, todo isto sen prexuízo do previsto no artigo 87 desta lei».

Este estatuto-marco contería tamén -segundo o parágrafo 2º do mesmo artigo 84- as normas básicas aplicables en materia de réxime disciplinario.

O mesmo precepto no seu punto terceiro recoñécelles ás comunidades autónomas a capacidade de dicta-las súas normas en materia de persoal, que se axustarían ó disposto no estatuto-marco previsto no ano 1986.

O artigo 85 da Lei 14/1986 determina tamén a aplicabilidade da lexislación en materia de función pública, e indica que as comunidades...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR