EDICTO (1594/2011).

SecciónV. Administración de Xustiza
EmisorTRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO SOCIAL)
Rango de LeyEdicto

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Decido que no procedemento recurso de suplicación 1594/2011 desta sección, seguido por instancia de Jacobo Rodríguez Broño contra a empresa Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, Sacyr, S.A., Desarrollos Raimat 92, S.L. sobre outros dereitos de Seguridade Social, ditouse a seguinte resolución:

Estimamos, en parte, o recurso de suplicación formulado polo letrado José Miguel López Pérez, en nome e representación de Jacobo Rodríguez Broño, contra a sentenza con data do 13 de xullo de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol, no procedemento nº 760/2009 seguido contra as empresas Sacyr, S.A.U. e Desarrollos Raimat 92, S.L., así como contra o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marítimo, sobre indemnización derivada de accidente de traballo, revogando parcialmente a expresada resolución, no sentido de declarar a responsabilidade solidaria da entidade Sacyr, S.A.U. respecto, tamén, da condena ao pagamento da mellora voluntaria establecida no Convenio colectivo de aplicación, confirmándoa en canto os restantes pronunciamentos.

Déase aos depósitos e consignacións o destino legal.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei de xurisdición...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR