ORDE do 3 de abril de 2013 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso na categoría 005 (oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre.

Sección:IV. Oposicións e Concursos
Emisor:CONSELLERÍA DE FACENDA
Rango de Lei:Orde
 
FREE EXCERPT

En virtude das ordes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 21 de febreiro de 2006 (DOG número 81, do 27 de abril) convocáronse os procesos selectivos para o ingreso na categoría 005 (oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre.

Pola Orde do 28 de agosto de 2008 (DOG número 170, do 3 de setembro) elevouse a definitiva a proposta de aspirantes que os superaron.

Pola Orde do 19 de novembro de 2008 (DOG número 228, do 24 de novembro) procedeuse ao seu nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia e adxudicáronselles destinos provisionais.

Co obxecto de que o dito persoal poida tomar posesión dun destino definitivo, e segundo o disposto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso na categoría 005 (oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre convocados polas ordes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 21 de febreiro de 2006 (DOG número 81, do 27 de abril), ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza o día 12 de abril de 2013, ás 9.30 horas.

Segundo. Os aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel. Os aspirantes que ingresaron pola quenda de promoción interna e cambio de categoría terán en todo caso preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubrir as vacantes correspondentes.

Terceiro. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos aspirantes presentes ou representados, entre as que queden sen adxudicar.

Quinto. No caso de solicitar excedencia voluntaria por incompatibilidade deberán presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da unidade de persoal en que conste que o interesado presta servizos na actualidade na Administración, ou ben documentación que o acredite, en documento orixinal ou fotocopia debidamente compulsada.

Sexto. Contra esta orde poderase interpor reclamación administrativa ante a Consellería de Facenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2013

Elena Muñoz FonterizConselleira de Facenda

ANEXO

Núm. Código do posto Denominación Cons Grupo/categ. Centro de destino Centro directivo Concello Titulación Observacións
1 PR8994050136001133 Oficial 2ª cociña PR IV-005 Centro Galego de Tecnificación Deportiva Secretaría Xeral para o Deporte-servizos periféricos Pontevedra Complemento salarial de singularidade de especial dedicación.
2 EDC994010115010001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CEIP San Marcos (Abegondo) Servizos periféricos Abegondo Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
3 EDC994010115070001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CPI de San Vicente (A Baña) Servizos periféricos A Baña Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
4 EDC994010115080001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CPI de Cruz do Sar (Bergondo) Servizos periféricos Bergondo Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
5 EDC994010115110003 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CEIP Praia Xardín (Boiro) Servizos periféricos Boiro Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
6 EDC994010115230003 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CEIP Eugenio López (Cee) Servizos periféricos Cee Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
7 EDC994010115240001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CPI O Cruce (Cerceda) Servizos periféricos Cerceda Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
8 EDC994010115260001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CEIP Bragade (Cesuras) Servizos periféricos Cesuras Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
9 EDC994010115290001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CEIP de Bormoio- A Agualada (Coristanco) Servizos periféricos Coristanco Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
10 EDC994010115390001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CPI Cabo da Area (Laxe) Servizos periféricos Laxe Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
11 EDC994010115410001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CPI Cernadas de Castro (Lousame) Servizos periféricos Lousame Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
12 EDC994010115430001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CEIP Francisco López Estrada (Mañón) Servizos periféricos Mañón Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
13 EDC994010115440001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos) Servizos periféricos Mazaricos Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
14 EDC994010115450003 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CEIP nº 1 (Melide) Servizos periféricos Melide Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
15 EDC994010115460001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CPI de Xanceda (Mesía) Servizos periféricos Mesía Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
16 EDC994010115490001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CPI Virxe da Cela (Monfero) Servizos periféricos Monfero Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
17 EDC994010115510001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CEIP de Vilarmide (Muxía) Servizos periféricos Muxía Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
18 EDC994010115580001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CEIP de Mesón do Vento (Ordes) Servizos periféricos Ordes Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
19 EDC994010115600005 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CEIP José María Lage (Ortigueira) Servizos periféricos Ortigueira Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
20 EDC994010115620001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CEIP de Oza dos Ríos Servizos periféricos Oza dos Ríos Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
21 EDC994010115710003 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Rianxo) Servizos periféricos Rianxo Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
22 EDC994010115790001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CEIP Virxe do Portal (Sobrado) Servizos periféricos Sobrado Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
23 EDC994010115800001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CEIP da Igrexa (As Somozas) Servizos periféricos As Somozas Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
24 EDC994010115920001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CEIP Labarta Pose (Zas) Servizos periféricos Zas Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
25 EDC994010127010001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CEIP Aquilino Iglesia Alvariño (Abadín) Servizos periféricos Abadín Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
26 EDC994010127020001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CEIP de Castro de Ouro (Alfoz) Servizos periféricos Alfoz Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
27 EDC994010127030001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CEIP de Antas de Ulla Servizos periféricos Antas de Ulla Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
28 EDC994010127040001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CEIP Concepción López Rey (Baleira) Servizos periféricos Baleira Segundo convenio Xornada irregular, segundo acordo co comité intercentros do 10 de xuño de 2008.
29 EDC994010127050001 Oficial 2ª cociña ED IV-005 CEIP San Miguel de Reinante
...

To continue reading

REQUEST YOUR TRIAL