Resolución do 19 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións electromecánicas que abrangue o aproveitamento hidroeléctrico Salto da Lagoa, no río Tronceda, concello de Mondoñedo. (Expediente 18/2002 A.T.).

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO
Rango de LeyResolución

Mediante Resolución do 29 de xaneiro de 2002, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Industria e Comercio, autorizáronse as instalacións electromecánicas e aprobouse o proxecto de execución das instalacións do aproveitamento hidroeléctrico Salto da Lagoa no río Tronceda, concello de Mondoñedo, que contan coas seguintes características técnicas:

-Peticionario: Sociedad Española de Generación Eléctrica Segel, S.L.

-Finalidade: aproveitamento hidroeléctrico no río Tronceda.

-Características técnicas principais:

Azude de derivación e toma.

Caudal máximo derivado: 2.300 L/S.

Salto bruto: 85,70 m (entre cotas 440,70 e 355 m.s.n.m.).

Dúas turbinas tipo Francis de eixe horizontal de 6.000 rpm e de 1.700 e 600 L/S, respectivamente.

Dous xeradores asincrónicos de 1.575 e 555 kVA de potencia e tensión de xeración 0,69 kV.

Un transformador de potencia 2,5 MVA e relación de transformación 0,69/20 kV.

Instalacións de mando, control, protección e medida.

  1. Urxente ocupación.

    O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico,

    dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, así como do artigo 123 da Lei de augas, texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2001, solicita a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións incluídas neste proxecto o que, segundo o sinalado no artigo 54 da referida Lei 54/1997, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, esta resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

  2. Alegacións.

    O que se fai público para que as persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan examina-lo proxecto de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo Ronda Muralla, 70, Lugo) e formula-las alegacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, as alegacións por escrito que estimen oportunas por razón do disposto no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR