Resolución do 4 de xaneiro de 2010, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación do texto do acordo subscrito polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais Comisións Obreiras (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UGT), Confederación Intersindical Galega (CIG) e Central Sindical Independente de Funcionarios (CSI-CSIF), representadas na mesa xeral de Negociación de Empregados Públicos, así como na Comisión de Repartición das axudas de Acción Social do ano 2009, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 26 de novembro de 2009, sobre criterios de repartición do fondo de acción social da Xunta de Galicia para o exercicio do ano 2009.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Rango de LeyResolución

Visto o texto do acordo subscrito o 20 de novembro de 2009, polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais CC.OO., UGT, CIG,e CSI-CSIF, representadas na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, así como na Comisión de Repartición das axudas de Acción Social do ano 2009, e de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 9/1987, do 12 de xuño.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do dito acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2010.

Odilo Martiña Rodríguez

Director xeral de Relacións Laborais

En Santiago de Compostela o 20 de novembro de 2009, os representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais CIG, CC.OO., UGT e CSIF, representadas na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, adoptan o seguinte acordo:

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o exercicio do ano 2009:

I.Normas xerais.

  1. Ámbito persoal.

    1.1. Poderá solicitar as axudas do fondo de acción social o persoal:

    -Funcionario de carreira.

    -Interino que ocupe postos incluídos nas relacións de postos de traballo.

    -Laboral fixo.

    -Laboral temporal que ocupe postos incluídos nas relacións de postos de traballo e laboral declarado indefinido non fixo.

    Que prestara servizos na Administración da Xunta de Galicia no ano 2009 e que no prazo de presentación de solicitudes se atope en situación de servizo activo ou en suspensión de funcións de carácter provisorio prevista no artigo 60.3º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo.

    1.2. Quedan excluídos do ámbito de aplicación deste acordo o persoal ao servizo de órganos estatutarios e sociedades públicas, o persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza e o persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como o persoal procedente do Hospital Médico-Cirúrxico Provincial de Santiago, Sanatorio Psiquiátrico de Conxo, Hospital Provincial Santa María Nai de Ourense, Hospital Municipal Nicolás Peña de Vigo, Hospital Xeral Provincial de Pontevedra, Hospital Psiquiátrico Provincial O Rebullón de Pontevedra e Hospital Militar da Coruña.

    1.3. No suposto de que dous/dúas empregados/as tivesen a condición de beneficiarios/as en relación ao/á mesmo/a causante, só un/ha deles/as terá dereito a axuda.

  2. Baremo.

    2.1. Para a determinación do importe das axudas establécese unha escala en función da renda per cápita da unidade familiar.

    O/A solicitante que desexe acollerse ao baremo deberá sinalalo expresamente na solicitude.

    O/A solicitante que non se acolla a modalidade de baremo ou, acolléndose a ela non acredite a renda per cápita da unidade familiar, percibirá o importe mínimo da táboa do baremo.

    Exceptúase da aplicación do baremo a axuda por xubilación e por gastos sanitarios.

    2.2. Cálculo da renda per cápita.

    A renda per cápita (RPC) é a cantidade que determina a porcentaxe e os límites da axuda a partir das táboas de baremación que se especifican en cada caso. O seu importe é o cociente de dividir a renda da unidade familiar correspondente ao exercicio 2008 polo número de membros da dita unidade.

    A renda da unidade familiar calcularase sumando o importe íntegro das retribucións en concepto de rendementos de traballo obtidos durante o exercicio 2008 por todos os membros da unidade familiar.

    Para estes efectos unicamente serán considerados membros da unidade familiar:

    -O cónxuxe ou parella de feito.

    -Os/as fillos/as.

    -Os/as copropietarios/as, na axuda por adquisición de vivenda.

    No caso de divorcio ou separación legal non se considerará membro computable quen non conviva co/a causante. Terá, non obstante, a consideración de membro computable o/a novo/a cónxuxe ou parella de feito do solicitante da axuda.

    2.3. Documentación para acreditar a renda per cápita:

    1. Copia de todos as follas do libro de familia onde figure edición, serie e número, cónxuxe e todos os fillos.

    2. Certificado de convivencia ou empadroamento expedido polo concello no que figure o proxenitor e os/as fillos/as cos/as que conviva, no suposto de non convivencia dos dous proxenitores.

    3. Declaración do IRPF do exercicio 2008 de todos os membros da unidade familiar maiores de 16 anos. Se non estaban obrigados a facer a declaración da renda presentará, segundo o caso:

    -Certificación da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) da dita circunstancia onde constarán os ingresos íntegros que tivo no dito ano.

    -Certificado de pensións, positivo ou negativo, expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

    -Vida laboral negativa expedida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social dos membros da unidade familiar maiores de 16 anos que non obtiveron ingresos durante o ano 2008.

    Os solicitantes e os demais membros da unidade familiar cuxos ingresos son computables poderán prestar autorización á Administración para que esta solicite os datos de carácter tributario ou económicos que fosen legalmente pertinentes á AEAT. A autorización asinarase na folla que, para tal efecto, se xera ao mesmo tempo que a solicitude. Na medida en que, a través deste sistema, a Consellería de Facenda poida dispoñer das ditas informacións, non se lles exixirá aos interesados achega individual de certificacións expedidas pola AEAT, nin a presentación, en orixinal, copia ou certificación, das súas declaracións tributarias.

  3. Incompatibilidades.

    As modalidades de axuda obxecto destes criterios son incompatibles coa percepción doutras de natureza similar concedidas pola Xunta de Galicia ou por outro organismo oficial ou empresa privada.

    Exceptúanse do disposto no parágrafo anterior:

    -As axudas á xubilación de contía inferior as previstas na norma específica 1). Neste caso terase dereito a percibir a diferenza.

    -As axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia recollidas na norma específica 6).

  4. Solicitudes e documentación.

    4.1. Os que atopándose incluídos no ámbito persoal da axuda, desexen optar a ela/s deberán completar en liña a solicitude e anexos que como formulario electrónico se atoparán na páxina web: http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm. Posteriormente, presentarán esa mesma solicitude impresa debidamente asinada, perante as correspondentes unidades de persoal.

    4.2. Os solicitantes deben xuntar á petición, ademais dos documentos acreditativos da renda per cápita aqueles que se exixen en cada unha das axudas e xustificar mediante certificación os feitos que se aleguen.

    Carecerán de validez os documentos achegados con emendas ou riscadelas.

    Todas as fotocopias que presenten os solicitantes, como documentación requirida das distintas axudas, deben ser lexibles e estar debidamente cotexadas.

    O Servizo de Relacións Laborais poderá solicitar calquera outro tipo de documentación complementaria que estime necesaria.

    4.3. O prazo para cubrir na web as solicitudes e para presentalas ante as unidades de persoal unha vez impresas comezará o día de publicación desta resolución e rematará o 26 de febreiro de 2010.

    4.4. As unidades de persoal deberán completar en liña os datos que figuran no espazo reservado para a certificación da unidade de persoal en todas as solicitudes.

    Cando a axuda solicitada sexa fillos menores, estudos por fillos, estudos do traballador, gastos sanitarios e maiores a cargo deberán ademais comprobar, á vista da documentación achegada, a veracidade dos datos que figuran nas solicitudes e, de ser o caso, validalas.

    Unha vez cumprido todo o anterior imprimirán a solicitude conformada, asinarana e selarana.

    Será causa de denegación de toda solicitude que non veña certificada polas unidades seguintes de acordo co destino de cada traballador:

    -Servizos centrais: secretario xeral, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal das consellerías respectivas.

    Se o solicitante é persoal funcionario ou laboral do Servizo Galego de Saúde: subdirector/a xeral ou xefe/a de servizo da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional que teña atribuídas funcións en materia de persoal.

    -Servizos periféricos: secretarios territoriais, xefes...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR