Decreto 88/2004, do 29 de abril, polo que se crea o conservatorio profesional de música de titularidade do Concello de Redondela (Pontevedra) para impartir as ensinanzas correspondentes aos graos elemental e medio.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

Segundo o disposto no artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, é competencia da comunidade autónoma galega a regulamentación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, e de acordo co artigo 1 do Decreto 454/2003, do 26 de decembro (Diario Oficial de Galicia do 19 de xaneiro de 2004), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao que lle corresponden estas competencias.

O conservatorio profesional de música de Redondela ven impartindo as ensinanzas de grao elemental e medio de música con carácter provisional, primeiro ao abeiro dun convenio asinado o 22 de outubro de 1996, entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Redondela, e posteriormente mediante autorizacións provisionais concedidas por Orde do 2 de xullo de 2001 (DOG

do 22 de agosto) e pola Orde do 13 de outubro de 2003 (DOG do 27 de outubro).

Realizadas polo Concello de Redondela as obras necesarias para adaptar as instalacións aos requisitos mínimos previstos no artigo 15.1º do Real decreto 389/1992, do 15 de abril (Boletín Oficial del Estado do 28 de abril), solicita a creación do conservatorio profesional de música para impartir as ensinanzas dos graos elemental e medio que establece a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4 de outubro).

Cumpridos todos os trámites regulamentarios, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de abril de dous mil...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR