Decreto 220/2005, do 7 de xullo, polo que se establece o currículo das ensinanzas superiores de arte dramática e se regula a proba de acceso a estes estudos.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación, atribúen ás administracións educativas competentes o establecemento do currículo das diferentes ensinanzas, respectando sempre os elementos básicos deste que representan as ensinanzas comúns fixadas polo goberno. Así acontece co Real decreto 754/1992, do 26 de xuño, polo que se establece o currículo das ensinanzas superiores de arte dramática e se regula a proba de acceso para cursar os ditos estudos, que conducen a unha titulación equivalente, para todos os efectos, á de licenciado universitario e que se organizan en tres especialidades: dirección de escena e dramaturxia, escenografía e interpretación.

Cómpre asegurar unha formación no ámbito das ensinanzas de arte dramática co nivel técnico e artístico propio duns estudos especializados, que teñan como meta o exercicio profesional e que por iso estean destinados a aquel alumnado que posúa aptitudes e vontade para dedicarse a eles. Por iso, necesítase un currículo que non se limite ao dominio puramente práctico das diferentes técnicas e coñecementos académicos vinculados o ensino máis tradicional, senón que inclúa outros aspectos inherentes ao feito teatral como fenómeno tanto histórico-cultural como estético ou psicolóxico e que posibiliten un desenvolvemento máis acorde co carácter humanista que exixe a formación integral destas ensinanzas.

Así, o presente decreto regula as ensinanzas superiores de arte dramática, dispoñendo, no seu anexo I, a inclusión e o tratamento das materias e tempos lectivos que se establecían como ensinanzas mínimas no Real decreto 754/1992, do 26 de xuño, e fixando no anexo II o currículo das ensinanzas superiores de arte dramática para o ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. Os obxectivos, materias e tempos lectivos que se fixan para cada unha das especialidades e opcións responden á necesidade de ofrecerlle ao alumnado unha formación teórica, técnica e práctica, cunha clara dimensión científica e artística que o capacite para o pleno desenvolvemento das súas capacidades creativas no marco da especialidade cursada e para potenciar a súa transición á vida adulta e activa e a súa plena inserción profesional nos ámbitos da súa competencia. Igualmente, na elaboración do presente decreto, tamén se considera o establecido no Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas artísticas e que no seu título III regula, ade

mais dos requisitos específicos dos centros superiores de ensinanza de arte dramática, a clasificación das materias en prácticas, teórico-prácticas e técnicas, e a relación numérica profesor/alumno en cada caso.

Por outra parte, o artigo 4 do Real decreto 754/1992, do 26 de xuño, dispón que ao establecer o currículo das ensinanzas de arte dramática, as administracións educativas fomentarán a autonomía pedagóxica e organizativa dos centros, favorecerán o traballo en equipo dos profesores e estimularán a actividade investigadora deles a partir da súa práctica docente. En consecuencia, e a partir do currículo que se establece no presente decreto, serán os centros educativos os que deberán elaborar o correspondente proxecto curricular docente, o proxecto curricular de cada especialidade e as programacións de materia e de aula que permitan concretar todas as potencialidades contidas nun currículo aberto e flexible, debendo prestar especial atención á distribución de contidos por cursos, á secuenciación destes e á coordinación entre materias dunha mesma área de coñecemento ou entre as propias áreas de coñecemento entre si. O proxecto curricular de centro convértese así no instrumento desde o cal desenvolver plenamente un currículo que persegue unha formación baseada na excelencia e nas relacións co contorno produtivo e que a través das materias optativas tamén persegue que o alumnado poida configurar un itinerario formativo propio en relación coas súas expectativas e intereses, vinculados tamén a un futuro exercicio profesional e ás demandas do contorno.

Do mesmo xeito, este decreto establece as disposicións referentes á proba de acceso a estas ensinanzas, así como a adxudicación de prazas reguladas con carácter básico no Real decreto 754/1992, do 26 de xuño. As directrices básicas desta proba para cada especialidade permiten valorar os coñecementos e capacidades artísticas necesarias para o correcto desenvolvemento destes estudos, tanto no caso daqueles aspirantes que reúnen os requisitos establecidos no artigo 44.1º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, como para os que non reúnen os ditos requisitos, segundo o disposto no artigo 44.2º desta lei.

En virtude de todo isto, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe do Consello Escolar de Galicia, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día sete de xullo de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto e ámbito de aplicación.
  1. O presente decreto establece o currículo das ensinanzas superiores de arte dramática, segundo o establecido nos artigos 1, 2 e 3 do Real decreto 754/1992, do 26 de xuño, polo que se establecen

    os aspectos básicos das ensinanzas de arte dramática e se regulan as probas de acceso ás ditas ensinanzas.

  2. Este decreto será de aplicación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º Dos centros superiores de arte dramática e da súa autonomía.

En virtude do disposto na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e na Lei orgánica 10/2003, do 23 de decembro, de calidade da educación e no Real decreto 754/1992, do 26 de xuño, os centros que impartan ensinanzas superiores de arte dramática disporán da necesaria autonomía pedagóxica e organizativa para desenvolver todas as actividades de docencia, investigación e creación que lles son propias e favorecer a mellora continua da educación e a transición do seu alumnado á vida adulta.

TÍTULO I

Dos estudos superiores de arte dramática

Capítulo I

Dos estudos de arte dramática e das súas

especialidades e opcións

Artigo 3º Da titulación á que dan lugar e da súa equivalencia.
  1. En virtude do establecido no artigo 45.1º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e no artigo 20 do Real decreto 754/1992, do 26 de xuño, o alumnado que supere as ensinanzas superiores de arte dramática, terá dereito ao título superior de arte dramática, no que se fará constar a especialidade cursada, e será equivalente, para todos os efectos, ao de licenciado universitario.

  2. En virtude do previsto no artigo 45.2º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e na disposición adicional segunda do Real decreto 754/1992, do 26 de xuño, os titulados superiores en arte dramática poderán realizar estudos de terceiro ciclo.

  3. Os centros educativos que impartan ensinanzas superiores de arte dramática deberán propoñer, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, convenios coas universidades para a posta en marcha de programas específicos de doutoramento para o seu alumnado e centrados nas artes escénicas.

Artigo 4º Das especialidades e opcións formativas.
  1. O artigo 6 do Real decreto 754/1992, do 26 de xuño, establece a estrutura dos estudos superiores de arte dramática, que constan de catro cursos académicos para cada unha das seguintes especialidades: dirección de escena e dramaturxia, escenografía e interpretación.

  2. A especialidade de dirección de escena e dramaturxia consta de dúas especialidades: a opción

    de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR