Resolución do 20 de febreiro de 2007, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, para a realización dunha convocatoria especial de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica para militares profesionais de tropa e mariñeiría da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyResolución

Consonte o artigo 2 da Orde do 1 de abril de 2002 (DOG do 12 de abril) pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional específica, e a Orde do 30 de xaneiro, pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2002, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocará, polo menos unha vez por ano, unha proba para o acceso aos ciclos formativos que se impartan na Comunidade Autónoma de Galicia. A esta proba unicamente poderán concorrer aquelas persoas que non reúnan os requisitos académicos que permitan o acceso directo aos ciclos formativos.

O artigo 4 da citada Orde do 1 de abril de 2002 establece que, para atender á demanda de colectivos específicos de traballadores e traballadoras que non reúnan as condicións académicas necesarias, as delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderanlle solicitar a realización de convocatorias especiais á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

Recibida a solicitude de convocatoria especial da Delegación Provincial da Coruña, coa finalidade de facilitar o acceso de militares profesionais de tropa e mariñeiría na Comunidade Autónoma de Galicia, e tendo en conta que nas datas ordinarias os buques están a navegar, polo que unha porcentaxe moi elevada do alumnado que está a preparar as probas non se podería presentar, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Convocatoria.

Anunciar a convocatoria especial de proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica para militares profesionais de tropa e mariñeiría con destino nos acuartelamentos da Comunidade Autónoma de Galicia que na actualidade están a preparar este exame de acceso nos cursos que se imparten neses cuarteis, e que terá lugar o día 13 de abril no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, de Ferrol.

Segundo.-Contidos da proba.

A proba de acceso consta de dúas partes:

Parte xeral: neste exercicio a persoa aspirante deberá acreditar a madureza en relación cos obxectivos do bacharelato, nomeadamente en contidos procedementais de:

Lingua galega e literatura.

Lingua castelá e literatura.

Lingua estranxeira (opción de inglés ou francés).

Matemáticas.

A cualificación da área lingüística determinarase mediante o cálculo da media aritmética das puntuacións acadadas en cada unha das tres materias que a integran: lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, e lingua estranxeira (opción de inglés ou francés).

A cualificación da parte xeral será a media aritmética das cualificacións obtidas nas áreas lingüística e de matemáticas.

Parte específica: a persoa aspirante deberá acreditar a súa capacidade de formación profesional de base relacionada co campo profesional do ciclo formativo a que solicita acceder. Esta parte avaliará os coñecementos en relación coas materias que se indican na segunda columna do anexo II desta resolución. A persoa aspirante realizará a materia ou as materias que lle permitan o acceso ao ciclo formativo que desexe cursar dentro dos ofrecidos nesta comunidade autónoma. A cualificación desta parte específica determinarase calculando a media aritmética das puntuacións obtidas en cada unha das materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo para o cal se solicitara a proba de acceso.

A proba de acceso cualificarase numericamente entre cero e dez para cada unha das partes. A nota final da proba calcularase sempre que se obteña polo menos unha puntuación de catro en cada unha das partes e será a media aritmética destas, expresada con dous decimais. Será positiva a cualificación de cinco puntos ou superior.

Non se terá en conta para o cálculo da nota final a exención da materia de lingua galega e literatura, nin a exención da materia ou das materias da parte específica da proba. No caso de exención total da proba a cualificación final será de 5,00.

Terceiro.-Exencións das probas de acceso.

A solicitude de exención parcial ou total deberase formular no momento da inscrición para a proba. Quen a solicite farao constar no anexo VII da Orde do 30 de xaneiro de 2007, pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2002, pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional específica, e achegará xunto coa súa solicitude a documentación que corresponda.

  1. Quedarán exentas da realización da proba as persoas que acrediten ter superadas totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Para solicitar esta exención, deberanse inscribir previamente para a proba e facelo constar na súa folla de inscrición. A documentación achegada debe acreditar que se superaron totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

  2. Poderán quedar exentas da parte específica as persoas que acrediten, polo menos, un ano de experiencia laboral en campos profesionais que se correspondan cos estudos que se pretenda cursar. A solicitude desta exención deberase formular no momento da inscrición e irá acompañada da seguinte documentación:

    -Certificación da empresa, segundo o anexo III, onde se fagan constar especificamente as actividades laborais desenvolvidas pola persoa interesada relacionadas co campo profesional que se corresponda

    cos estudos que pretenda cursar, e número de horas dedicadas a elas. En caso de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR