Resolución do 3 de setembro de 2008, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se establece o perfil do programa de cualificación profesional inicial de comercio en Galicia.
Sección | I. Disposicións Xerais |
Emisor | CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA |
Rango de Ley | Resolución |
O Real decreto 1179/2008, do 11 de xullo, estableceu, entre outras, a cualificación profesional de nivel 1 de actividades auxiliares de comercio, pertencente á familia profesional de comercio e márketing, así como os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón.
A Orde do 13 de maio de 2008 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia establece no seu artigo 8 que os currículos dos módulos específicos dos perfís profesionais que se establezan se desenvolverán por medio de resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, e que deberán tomar como referencia os módulos formativos asociados ás unidades de competencia que inclúa o perfil.
Na súa virtude, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro.-Obxecto.
Esta resolución ten por obxecto o establecemento do perfil profesional do programa de cualificación profesional inicial de comercio en Galicia.
Segundo.-Identificación.
O programa de cualificación profesional inicial de comercio queda identificado polos seguintes elementos:
-Denominación: comercio.
-Nivel: programa de cualificación profesional inicial.
-Duración: 580 horas.
-Familia profesional: comercio e márketing.
Terceiro.-Competencia xeral.
Realizar actividades auxiliares de reposición e acondicionamento no punto de venda, e de repartición de proximidade, seguindo instrucións e criterios establecidos, utilizando o equipamento necesario, respectando as normas de seguridade e saúde, e prestando, en caso necesario, atención e información protocolizada e estruturada á clientela no punto de venda ou no servizo de repartición de proximidade.
Cuarto.-Competencias profesionais, persoais e sociais.
As competencias profesionais, persoais e sociais deste programa de cualificación profesional inicial son as que se relacionan a seguir:
-
Realizar a reposición de produtos seguindo as instrucións e os criterios establecidos, respectando as normas de seguridade e saúde e utilizando o equipamento de protección individual, co fin de garantir o abastecemento no tempo indicado e no xeito establecido.
-
Realizar o reconto de produtos no punto de venda, utilizando o equipamento adecuado, coa periodicidade e as instrucións recibidas, para detectar ocos e necesidades de abastecemento, e manter actualizada a información no punto de venda.
-
Colocar os expositores e os elementos de animación do punto de venda, no lugar e no modo indicados por persoal superior xerárquico, seguindo as instrucións e os criterios establecidos de seguridade e de merchandising, co fin de atraer a atención da clientela, orientala e informala.
-
Dispor os elementos de seguridade e as etiquetas nos produtos expostos no punto de venda, consonte as instrucións recibidas, de forma manual e mecánica, e utilizando o equipamento de etiquetaxe e de seguridade adecuado para garantir a seguridade, a actualización e a veracidade da información á clientela no punto de venda.
-
Manter o acondicionamento, a orde e a limpeza do punto de venda e da súa moblaxe, en función das instrucións recibidas, respectando as normas de seguridade e saúde e utilizando os medios e os equipamentos de protección individual acaídos.
-
Empaquetar produtos consonte a imaxe e os criterios comerciais do establecemento, utilizando o material e as técnicas específicas para unha presentación do produto correcta e atractiva.
-
Realizar a selección de mercadorías ou produtos de xeito efectivo, ordenado e seguro, para a preparación do pedido na forma e no tempo establecidos, seguindo as instrucións recibidas, e respectando as normas de manipulación, seguridade e saúde, conforme a orde de pedido.
-
Conformar o pedido con garantía de exactitude e correspondencia co consignado na orde de preparación e pedido, utilizando as ferramentas e os equipamentos de control e de peso de mercadorías.
-
Embalar a unidade de pedido, a caixa ou o palé, entre outros, utilizando o material, os equipamentos e os medios de embalaxe adecuados, seguindo as instrucións recibidas, en condicións de seguridade e saúde, co fin de preservar a conservación e a estabilidade do pedido ata o seu destino final.
-
Adoptar as medidas adecuadas para o cumprimento das ordes de movemento e repartición de proximidade no tempo indicado e na forma establecida.
-
Cargar e descargar vultos, caixas ou produtos en transpalés ou carretas de man, mantendo a estabilidade e o equilibrio da carga, adoptando as medidas para evitar accidentes e lesións, e respectando as normas de seguridade e saúde.
-
Trasladar vultos, caixas ou produtos no tempo indicado e na forma establecida, conducindo transpalés ou carretas de man e respectando as normas de seguridade e saúde.
-
Realizar as verificacións e o mantemento de primeiro nivel de equipamentos de traballo móbiles, transpalés ou carretas de man.
-
Colaborar nas actividades promocionais e de atención a clientes, dando información, resposta e orientación básica acerca dos produtos no punto de venda.
-
Proporcionarlle un trato adecuado e protocolizado á clientela na repartición de pedidos e produtos a domicilio, co fin de prestar un servizo de calidade.
-
Atender, no marco da súa responsabilidade, as queixas da clientela seguindo o procedemento e o protocolo establecidos, ou derivalas á persoa responsable.
-
Cumprir a actividade con orde, rigor e limpeza, consonte a documentación e as instrucións xerais recibidas.
-
Adaptarse aos postos de traballo e a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios tecnolóxicos producidos na evolución da profesión.
-
Manter relacións fluídas cos membros do grupo en que se estea integrado e participar na organización e no desenvolvemento das tarefas colectivas para a consecución dos obxectivos asignados, mantendo unha actitude tolerante e respectando o traballo do resto do persoal.
-
Establecer comunicacións verbais, escritas ou gráficas con outros departamentos.
-
Resolver problemas e tomar decisións individuais, seguindo normas establecidas ou procedementos definidos dentro do ámbito da súa competencia, e consultar as devanditas decisións cando a súa repercusión sexa importante.
-
Adaptarse á organización específica da empresa integrándose no sistema de relacións técnico-laborais.
-
Interpretar e executar as instrucións recibidas e responsabilizarse do labor desenvolvido, comunicándose eficazmente coa persoa axeitada en cada momento.
-
Habituarse ao ritmo de traballo da empresa cumprindo os obxectivos de rendemento diario definidos na súa propia organización.
-
Amosar unha actitude de respecto cara ao resto do persoal, cara aos procedementos e cara ás normas internas da empresa.
Quinto.-Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais incluídas no perfil profesional.
Cualificacións profesionais completas incluídas no perfil:
Actividades auxiliares de comercio, COM412_1 (Real decreto 1179/2008), que abrangue as seguintes unidades de competencia:
-UC1326_1: preparar pedidos de xeito eficaz e eficiente, seguindo procedementos establecidos.
-UC1327_1: realizar operacións auxiliares de reposición, disposición e acondicionamento de produtos no punto de venda.
-UC1328_1: manipular e trasladar produtos na superficie comercial e na repartición de proximidade, utilizando transpalés e carretas de man.
-UC1329_1: proporcionarlle atención e información operativa, estruturada e protocolizada á clientela.
Sexto.-Contorno profesional.
-
Ámbito profesional. Desenvolve as súas funcións en establecementos comerciais (tendas, supermercados e hipermercados) por conta allea ou por conta propia, no caso da repartición de proximidade, seguindo as instrucións recibidas e baixo a supervisión directa dunha persoa responsable do establecemento ou da repartición comercial.
-
Sectores produtivos. Sector de comercio e, nomeadamente, no comercio por xunto e polo miúdo, supermercados, grandes superficies comerciais e centros de distribución comercial.
-
Ocupacións e postos de traballo máis salientables.
-Auxiliar de dependente de comercio.
-Repoñedor/a.
-Preparador/a de pedidos.
-Repartidor/a de proximidade a pé.
Sétimo.-Módulos específicos.
-
Os módulos específicos deste perfil profesional, que toman como referentes os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón, quedan desenvolvidos no anexo I desta resolución.
-
Son os que se relacionan a seguir:
-ME0083. Operacións auxiliares no punto de venda.
-ME0084. Preparación de pedidos.
-ME0085. Manipulación e movementos con transpalés e carretas de man.
-ME0086. Atención básica á clientela.
-ME0087. Formación en centros de traballo.
Oitavo.-Espazos e equipamentos.
-
Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas deste perfil profesional son os establecidos no anexo II desta resolución.
-
Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado.
-
Non cómpre que os espazos formativos identificados se diferencien mediante pechamentos.
Noveno.-Profesorado e persoas formadoras.
-
A atribución docente dos módulos específicos que constitúen as ensinanzas deste perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial impartidos en centros de ensino públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establécese no anexo III A) desta resolución.
-
As titulacións requiridas para a impartición dos módulos específicos que conforman o perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial para os centros de titularidade privada ou doutras administracións distintas da educativa establécense no anexo III B) desta resolución.
-
O perfil das persoas formadoras que impartan os módulos específicos en contornos produtivos establécese no anexo IV desta resolución.
Décimo.-Relación de módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais que inclúe o programa.
A relación dos módulos...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba