Resolución do 18 de abril de 2005, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de 18 anos nas convocatorias de xuño e de setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyResolución

A Orde do 2 de abril de 2002 (DOG do 25 de abril), pola que se establecen as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria para persoas maiores de 18 anos, establece no seu

artigo 4

que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocará anualmente as citadas probas e, no seu artigo 3, que a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais autorizará os centros nos que se realicen as probas por proposta da delegación provincial correspondente.

En consecuencia, e en relación coa convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de 18 anos no ano 2005, esta dirección xeral

RESOLVE:

Convocar as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2005, conforme se indica nas epígrafes seguintes:

  1. Condicións dos aspirantes.

    1. Poderanse inscribir para a realización das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria aquelas persoas que teñan cumpridos 18 anos con anterioridade ao 31 de decembro do ano 2004.

    2. Os alumnos matriculados de forma oficial nas ensinanzas de adultos de nivel III, nas modalidades presencial ou a distancia, para facer a inscrición nas probas libres deberán presentar ante a dirección do centro a renuncia ao dereito a ser avaliado pola matrícula oficial. A renuncia realizarase con anterioridade á presentación da solicitude de matrícula nas probas libres, xuntando copia da dita renuncia á solicitude. O incumprimento deste requisito leva á perda do dereito a ser avaliado na proba libre.

    3. Para a realización das probas, os aspirantes acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

  2. Contidos da proba.

    1. As áreas constitutivas da proba están integradas nos seguintes grupos:

      1. Grupo lingüístico. Comprenderá exercicios das áreas de lingua castelá e literatura, lingua galega e literatura e lingua estranxeira.

      2. Grupo científico-tecnolóxico. Comprenderá exercicios das áreas de matemáticas, ciencias da natureza e tecnoloxía.

      3. Grupo de ciencias sociais. Comprenderá exercicios das áreas de ciencias sociais, xeografía e historia, música e educación plástica e visual.

    2. Cada delegación provincial, dous días antes da data de realización das probas, enviará un funcionario acreditado para recoller os protocolos de exames na Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais. Unha vez recibidos, en presenza do delegado provincial e do xefe do Servizo Provincial de Inspección, ou dos funcionarios nos que deleguen, os protocolos seranlles entregados aos

      presidentes das distintas comisións avaliadoras que actúen na provincia.

    3. As delegacións provinciais adoptarán todas as medidas necesarias para que, en ningún caso, poida ser coñecido o contido das probas antes da súa aplicación.

  3. Centros nos que se realizarán as probas.

    1. Provincia da Coruña:

      -Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero, s/n. A Coruña.

      -Centro EPA de Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n. Ferrol.

      -IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n. Santiago de Compostela.

    2. Provincia de Lugo:

      -Centro EPA de Albeiros, praza da Milagrosa, s/n. Lugo.

    3. Provincia de Ourense:

      -Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4. Ourense.

    4. Provincia de Pontevedra:

      -Centro EPA Artes e Oficios, rúa Marqués de Valterra, 8-1º. Vigo.

      -IES Valle-Inclán, avenida Montero Ríos, s/n. Pontevedra.

  4. Matrícula.

    1. A solicitude de matrícula axustarase ao modelo que figura no anexo I e efectuarase na secretaría do centro onde se vaian realizar as probas.

    2. Os prazos de matrícula serán:

      -Proba de xuño: do 18 ao 27 de maio, ambos os dous incluídos.

      -Proba de setembro: do 1 ao 2 de setembro, ambos os dous incluídos.

    3. Cada delegación...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR