Decreto 77/2009, do 2 de abril, polo que se acorda a modificación da cesión de uso outorgada á entidade Aspromor mediante os decretos 207/1997, do 24 de xullo, e 49/2007, do 15 de marzo, ampliando a súa finalidade.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

Mediante o Decreto 207/1997, do 24 de xullo (DOG nº 152, do 8 de agosto), acordouse a cesión a título gratuíto do dereito de uso durante dez (10) anos a favor da asociación Pro Minusválidos del Ortegal (Aspromor) dunha parcela de aproximadamente 5.750 metros cadrados en Ortigueira. O Decreto 49/2007, do 15 de marzo (DOG nº 62, do 28 de marzo), acordou a prórroga da cesión por outro período de dez (10) anos. A finalidade da cesión outorgada era o establecemento dun centro ocupacional.

Con data do 26 de febreiro de 2009 tivo entrada na Secretaría Xeral e do Patrimonio solicitude de Aspromor no que se pretende a construción dun centro de día/residencia para persoas discapacitadas.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio, dependente da Consellería de Economía e Facenda, tramitou o expediente para ampliar a finalidade da cesión de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do Regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do patrimonio da comunidade autónoma.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dous de abril de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a modificación da cesión de uso outorgada pola Comunidade Autónoma de Galicia á entidade Aspromor, ampliando a finalidade do inmoble co obxecto da construción dun centro de día/residencia.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR