Resolución do 27 de xuño de 2008, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se establece o perfil do programa de cualificación profesional inicial de xardinaría e viveirismo en Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyResolución

O Real decreto 1228/2006, do 27 de outubro, estableceu, entre outras, a cualificación profesional de nivel 1 de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría, pertencente á familia profesional de agraria, así como os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón.

A Orde do 13 de maio de 2008 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia establece no seu artigo 8 que os currículos dos módulos específicos dos perfís profesionais que se establezan desenvolverán por medio de resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, e que deberán tomar como referencia os módulos formativos asociados ás unidades de competencia que inclúa o perfil.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto o establecemento do perfil profesional do programa de cualificación profesional inicial de xardinaría e viveirismo en Galicia.

Segundo.-Identificación.

O programa de cualificación profesional inicial de xardinaría e viveirismo queda identificado polos seguintes elementos:

-Denominación: xardinaría e viveirismo.

-Nivel: programa de cualificación profesional inicial.

-Duración: 580 horas.

-Familia profesional: agraria.

Terceiro.-Competencia xeral.

Executar operacións auxiliares para a implantación e o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes, así como para a produción e o mantemento de plantas en viveiros e centros de xardinaría, seguindo instrucións de superiores ou un plan de traballo, conforme as medidas de prevención de riscos laborais, de calidade e de protección do medio.

Cuarto.-Competencias profesionais, persoais e sociais.

As competencias profesionais, persoais e sociais deste programa de cualificación profesional inicial son as que se relacionan a seguir:

  1. Preparar a maquinaria, os equipamentos, os útiles e as ferramentas para levar a cabo as operacións básicas relacionadas coa produción, a implantación e o mantemento de plantas.

  2. Preparar o terreo e o substrato para a implantación e a produción do material vexetal, tendo en conta o seu uso posterior, coas ferramentas e os útiles necesarios.

  3. Realizar labores de produción de planta en viveiro ou en invernadoiro consonte o plan establecido.

  4. Realizar os traballos básicos para a multiplicación sexual do material vexetal seguindo o protocolo establecido.

  5. Realizar os traballos básicos para a arrinca e a viveiraxe da planta asegurando a súa viabilidade.

  6. Realizar os traballos básicos para a instalación de infraestruturas para a protección de cultivos e a rega, con criterios de redución da súa incidencia no medio.

  7. Sementar céspedes e implantar tapetes de herba, procurando unha boa nacenza ou un bo arraigo.

  8. Fertilizar homoxeneamente o xardín, o parque ou a zona verde, coa dose correcta, no momento axeitado e co equipamento indicado.

  9. Regar o xardín, o parque ou a zona verde, de xeito que se asegure que as necesidades hídricas queden cubertas.

  10. Realizar labores de mantemento e mellora de xardíns aplicando técnicas básicas de sega, poda de arbustos, rega, aireación, etc.

  11. Procurar a limpeza e o coidado das zonas axardinadas, e realizar pequenas reparacións en obras de construcións, valos, escaleiras, e outros adornos e accesorios dos xardíns.

  12. Prever a contaminación provocada por praguicidas, fertilizantes e elementos plásticos, aplicando as normas de seguridade e de prevención ambiental.

  13. Actuar con confianza na propia capacidade profesional e prestar atención ás innovacións que se produzan dentro do sector e que fomenten o seu desenvolvemento profesional.

Quinto.-Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional das cualificacións profesionais incluídas no perfil profesional.

Cualificacións profesionais completas incluídas no perfil:

Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría, AGA164_1 (Real decreto 1228/2006), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

-UC0520_1. Realizar operacións auxiliares para a produción e o mantemento de plantas en viveiros e centros de xardinaría.

-UC0521_1. Realizar operacións auxiliares para a instalación de xardíns, parques e zonas verdes.

-UC0522_1. Realizar operacións auxiliares para o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes.

Sexto.-Contorno profesional.

  1. Ámbito profesional. Desenvolve a súa actividade profesional en empresas das administracións públicas, así como en empresas privadas dedicadas á instalación e ao mantemento de xardíns e de zonas verdes, e á produción de plantas.

    Así mesmo, ten capacitación para realizar tratamentos praguicidas de nivel básico, segundo a actividade regulada pola normativa correspondente.

  2. Sectores produtivos. Localízase no sector agrario, dentro do subsector de xardinaría, nas seguintes actividades produtivas:

    -Servizos públicos de parques, xardíns e zonas verdes.

    -Empresas de xardinaría.

    -Viveiros e centros de xardinaría.

  3. Ocupacións e postos de traballo máis salientables.

    -Peón de xardinaría.

    -Peón de viveiro.

    -Peón de centros de xardinaría.

    -Peón de campos deportivos.

    Sétimo.-Módulos específicos.

  4. Os módulos específicos deste perfil profesional, que toman como referentes os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón, quedan desenvolvidos no anexo I desta resolución.

  5. Son os que se relacionan a seguir:

    -ME0001. Operacións básicas en viveiros e centros de xardinaría.

    -ME0002. Operacións básicas para a instalación de xardíns, parques e zonas verdes.

    -ME0003. Operacións básicas para o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes.

    -ME0004. Formación en centros de traballo.

    Oitavo.-Espazos e equipamentos.

  6. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas deste perfil profesional son os establecidos no anexo II desta resolución.

  7. Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado.

  8. Non cómpre que os espazos formativos identificados se diferencien mediante pechamentos.

    Noveno.-Profesorado e persoas formadoras.

  9. A atribución docente dos módulos específicos que constitúen as ensinanzas deste perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial impartidos en centros de ensino públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establécense no anexo III A) desta resolución.

  10. As titulacións requiridas para a impartición dos módulos específicos que conforman o perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial para os centros de titularidade privada ou doutras administracións distintas da educativa establécense no anexo III B) desta resolución.

  11. O perfil das persoas formadoras que impartan os módulos específicos en contornos produtivos establécese no anexo IV desta resolución.

    Décimo.-Relación de módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais que inclúe o programa.

    A relación dos módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais que inclúe o programa é a que figura na táboa que se inclúe como anexo V desta resolución.

    Décimo primeiro.-Distribución horaria dos módulos específicos.

    A distribución horaria dos módulos específicos cursados en contornos non produtivos especifícase no anexo VI desta resolución.

    Disposición derradeira

    Única.-Entrada en vigor.

    A presente resolución entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

    Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2008.

    Antonio Vázquez Vázquez

    Director xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais

    ANEXO I

    Módulos específicos

  12. Módulo específico: operacións básicas en viveiros e centros de xardinaría.

    -Código: ME0001.

    -Duración: 140 horas.

    1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

    * RA1. Especifica os tipos fundamentais de solos, de emendas e de fertilizantes, e realiza os labores de preparación do terreo utilizando os medios apropiados e con aplicación das medidas de prevención de riscos laborais e da normativa ambiental.

    CA1.1. Describíronse os sistemas de roza e limpeza adecuados a cada caso.

    CA1.2. Distinguíronse os tipos de solo segundo a súa textura.

    CA1.3. Explicáronse os tipos de emendas e fertilizantes, así como os métodos de aplicación.

    CA1.4. Identificáronse a nivel básico as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais.

    CA1.5. Describíronse os labores de preparación do terreo segundo o obxectivo establecido.

    CA1.6. Nun caso ou nun suposto práctico, debidamente caracterizados:

    -Realizáronse os labores de preparación do terreo utilizando as ferramentas adecuadas.

    -Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais e a normativa ambiental.

    * RA2. Identifica os tipos de substratos e prepara mesturas tendo en conta a súa aplicación, con emprego dos medios apropiados e aplicando as medidas de prevención de riscos laborais e a normativa ambiental.

    CA2.1. Describíronse os tipos de substratos que se poden utilizar na produción de plantas.

    CA2.2. Identificáronse a nivel básico as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais.

    CA2.3. Describíronse os labores de preparación de substratos segundo o obxectivo establecido.

    CA2.4. Nun caso ou nun suposto práctico, debidamente caracterizados:

    -Realizáronse os labores de preparación de substratos utilizando as ferramentas adecuadas.

    -Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais e a normativa ambiental.

    * RA3. Describe os sistemas e os elementos de protección de cultivos e de rega, e efectúa os traballos básicos para a instalación destas infraestruturas utilizando os medios axeitados, con aplicación das medidas de prevención de riscos laborais e da normativa ambiental.

    CA3.1. Identificáronse os sistemas de protección de cultivos.

    CA3.2...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR