Decreto 372/2003, do 16 de setembro, polo que se establece o currículo da especialidade deportiva de grao superior correspondente ó título de técnico deportivo superior en fútbol.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

O Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, polo que se configuran como ensinanzas de réxime especial as conducentes á obtención de titulacións de técnicos deportivos, aproba as directrices xerais dos títulos e as correspondentes ensinanzas mínimas e habilita as comunidades autónomas para establece-lo currículo das modalidades ou especialidades deportivas.

Pola súa parte, o Real decreto 320/2000, do 3 de marzo, estableceu para a modalidade deportiva de fútbol o título de técnico deportivo superior na especialidade de fútbol, así como as súas ensinanzas mínimas e as probas e os requisitos de acceso a elas en consonancia co devandito Real decreto 1913/1997.

Pola súa vez, o punto 3º do artigo 4 da citada lei orgánica e o artigo 19 do Real decreto 1913/1997 atribúenlles ás respectivas administracións a competencia para establece-lo currículo do correspondente grao e modalidade, do que deben formar parte as ensinanzas mínimas.

Seguindo os principios xerais que rexen a actividade educativa nesta materia, o currículo das ensinanzas deportivas no ambito territorial galego establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación dos sectores productivos da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente das ensinanzas deportivas que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas han permitir realiza-lo papel do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto describe os obxectivos xerais das ensinanzas deportivas como o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos para acadar dos distintos módulos formativos, expre

sados neste decreto como capacidades terminais, e os criterios de avaliación que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender qué se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido; a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

As ensinanzas de cada grao estructúranse agrupadas en bloques:

O bloque común está composto por módulos transversais de carácter científico-técnico xeral, que serán coincidentes e obrigatorios para tódalas especialidades deportivas.

O bloque específico ten os módulos de formación deportiva específica de carácter científico e técnico relacionados coa modalidade e coa especialidade deportiva á que se refire o título. Neste bloque integraranse os contidos que atinxan ás singularidades que requira a mellor e máis completa formación de cada modalidade e especialidade deportiva.

O bloque complementario abrangue os contidos que teñan por obxectivos formativos a utilización de cursos tecnolóxicos e as variacións da demanda social, así coma a atención a outros aspectos que os centros desexen incorporar ó currículo.

Tamén forman parte da estructura das ensinanzas a formación práctica e o proxecto final, constituíndose dentro dela como bloques de módulos únicos e independentes. A formación práctica desenvolverase en institucións deportivas de titularidade pública ou entidades privadas, así coma no marco de programas de intercambio internacional, e realizarase ó supera-lo bloque común, específico e complementario.

A inclusión do módulo de formación práctica (MFP) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo mediante a realización dun conxunto de actividades productivas desenvolvidas no centro de prácticas. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ás actividades programadas no centro de prácticas, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

O proxecto final, que se inclúe nas ensinanzas deportivas reguladas neste decreto, permite comprender globalmente os aspectos sobresalientes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos formativos. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades productivas do sector ó que corresponda o título e, ó mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles han permitir realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-Profesionais e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de setembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Capítulo I

Perfil e currículo

Artigo 1º Identificación do título.
  1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega, con validez académica e profesional en todo o territorio do Estado, para o ensino de réxime especial relativo ó título de técnico deportivo superior na especialidade de fútbol regulado no Real decreto 320/2000, do 3 de marzo, polo que se aproban as ensinanzas mínimas e se regulan as probas e os requisitos de acceso a estas ensinanzas.

  2. A denominación, o nivel de formación e a duración das ensinanzas son os que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º Validez académica e profesional do título.

O título de técnico deportivo superior en fútbol que regula este decreto será equivalente para tódolos efectos ó grao superior ó que se refire o artigo 35.2º da Lei orgánica 1/1/1990, de ordenación xeral do sistema educativo e o artigo 7.3º da Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación.

Artigo 3º Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións, a localización no ámbito deportivo, a responsabilidade nas situacións de traballo e a evolución da competencia

que definen o perfil profesional do título son as que se establece no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 4º Currículo das ensinanzas.

O currículo das ensinanzas é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto. Os criterios de avaliación son os resultados avaliables das capacidades terminais de cada módulo.

Capítulo II

Ordenación académica e impartición

Artigo 5º Acceso ás ensinanzas.

Os requisitos de acceso ás ensinanzas deportivas son os que se expresan no punto 4.1 do anexo deste decreto

Artigo 6º Profesorado.
  1. As especialidades do profesorado de centros sostidos con fondos públicos con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2 do anexo deste decreto.

  2. Os requisitos de titulacións que acreditan o profesorado para imparti-los módulos destas ensinanzas son os que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto ou as que foron declaradas equivalentes ou homologadas con elas.

  3. As equivalencias de titulación para efectos de docencia son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.

  4. As equivalencias de titulación para o seguimento dos bloques de formación práctica son as que se establecen no punto 4.2.4. do anexo deste decreto.

  5. A habilitación docente a expertos e especialistas recóllese no punto 4.2.5. do anexo deste decreto.

Artigo 7º Espacios, instalacións e equipamentos.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición das ensinanzas deportivas son os que se determinan no punto 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º Validacións, correspondencias e acceso a outros estudios.
  1. Os módulos formativos susceptibles de validación por estudios de formación ocupacional, correspondencia coa práctica laboral ou ben con outros estudios ou diplomaturas son os que se especifican no punto 4.4 do anexo deste decreto.

  2. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder ós estudios universitarios que...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR