Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é competencia plena da Comunidade Autónoma galega o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do seu artigo 81, a desenvolvan.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no artigo 6.1 do capítulo III determina que se entende por currículo o conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada unha das ensinanzas reguladas pola citada lei.

Así mesmo, establece que lle corresponde ao Estado fixar cos aspectos básicos do currículo en relación cos obxectivos, contidos e criterios de avaliación que constitúen as ensinanzas mínimas a que se refire a disposición adicional primeira, punto 2, letra c, da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación.

O Real decreto 1467/2007, do 2 de novembro, establece a estrutura do bacharelato e fixa as súas ensinanzas mínimas.

A finalidade das ensinanzas mínimas é asegurar unha formación común ás alumnas e aos alumnos dentro do sistema educativo español e garantir a validez dos títulos correspondentes, como indica o artigo 6.2º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. A dita formación facilitará a continuidade, progresión e coherencia da aprendizaxe en caso de mobilidade xeográfica.

A Lei orgánica de educación no artigo 6.4º do capítulo III determina que serán as administracións educativas as que establezan o currículo das distintas ensinanzas reguladas pola citada lei, do que formarán parte os aspectos básicos anteriormente indicados.

Os centros educativos, axentes activos no proceso de ensino e aprendizaxe, desenvolverán e completarán, se for o caso, o currículo establecido, respondendo ao principio de autonomía pedagóxica, de organización e xestión, coa finalidade de adecuarse ás características e á realidade educativa de cada un deles.

Os obxectivos xerais do bacharelato defínense para o conxunto da etapa.

Para cada unha das materias que constitúen o currículo fíxanse os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación.

Neste decreto regúlase, así mesmo, a distribución horaria semanal para cada unha das materias das distintas modalidades.

De conformidade co exposto, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, oído o Consello Escolar de Galicia e de conformidade co ditame do Consello Consultivo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezanove de xuño de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto e ámbito de aplicación.

Este decreto ten como obxecto establecer a ordenación xeral e o currículo do bacharelato, que será de aplicación en todos os centros docentes que impartan estas ensinanzas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º Principios e finalidade.

O bacharelato forma parte da educación secundaria, na fase postobrigatoria e ten como finalidade proporcionarlle ao alumnado a formación, a madurez intelectual e humana, os coñecementos e habilidades que lle permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia, así como capacitarse para o acceso á educación superior.

Artigo 3º Obxectivos.

O bacharelato contribuirá a desenvolver nas alumnas e nos alumnos as capacidades que lles permitan:

  1. Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a sustentabilidade.

  2. Consolidar unha madurez persoal e social que lles permita actuar de maneira responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen de prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais.

  3. Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades existentes e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas con discapacidade.

  4. Reforzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para aproveitar eficazmente as aprendizaxes e mais como medio para o desenvolvemento persoal.

  5. Dominar, tanto na expresión oral coma na escrita, a lingua galega e a lingua castelá.

  6. Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras.

  7. Utilizar eficazmente e con responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación.

  8. Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de forma solidaria no desenvolvemento e mellora do seu contorno social.

  9. Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais e dominar as habilidades básicas propias da modalidade de bacharelato elixida.

  10. Comprender os elementos e procedementos fundamentais dos métodos científicos e da investigación. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto do medio natural e a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego.

  11. Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, autoconfianza e sentido crítico.

  12. Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o sentido estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural.

  13. Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social e impulsar condutas e hábitos saudables.

  14. Reforzar actitudes de respecto e de prevención no ámbito da seguridade viaria.

  15. Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia e contribuír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.

Artigo 4º Acceso.
  1. Poderá acceder ao bacharelato, en calquera das súas modalidades, o alumnado que posúa algunha das seguintes titulacións, de acordo cos artigos 44.1º e 65.1º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

    1. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

    2. Título de técnico, obtido tras cursar a formación profesional de grao medio.

    3. Título de técnico deportivo, tras cursar as ensinanzas deportivas de grao medio.

  2. Poderá acceder aos estudos do bacharelato na modalidade de artes o alumnado que estea en posesión do título de técnico de artes plásticas e deseño, nos termos previstos no artigo 53.2º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Artigo 5º Estrutura.
  1. O bacharelato comprende dous cursos académicos que poderán ser cursados polo réxime ordinario ou polo réxime de ensinanzas de persoas adultas en calquera das súas modalidades: presencial, semipresencial ou a distancia.

  2. O alumnado poderá permanecer cursando bacharelato no réxime ordinario, con carácter xeral, un máximo de catro anos, consecutivos ou non.

  3. De acordo co establecido no artigo 34.1º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o bacharelato, cunha finalidade formativa, orientadora e propedéutica, estrutúrase en tres modalidades, que son as seguintes:

    -Artes.

    -Ciencias e tecnoloxía.

    -Humanidades e ciencias sociais.

  4. O bacharelato organizarase en materias comúns, materias de modalidade e materias optativas.

  5. A modalidade de artes organizarase en dúas vías, a de artes plásticas, deseño e imaxe e a de artes escénicas, música e danza.

  6. As modalidades de ciencias e tecnoloxía e humanidades e ciencias sociais terán unha estrutura única. Non obstante, dentro de cada unha delas, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá fixar bloques, cun máximo de tres materias, entre aquelas que configuran a modalidade respectiva, para o conxunto dos dous cursos.

  7. O alumnado, no momento da súa inscrición para cursar bacharelato, deberá optar por unha das modalidades.

    A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria regulará as condicións en que o alumnado que cursase o primeiro curso de bacharelato nunha modalidade poida pasar ao segundo curso dunha modalidade distinta.

    As alumnas e alumnos poderán escoller entre a totalidade das materias propias da modalidade elixida. A súa elección só poderá estar limitada cando haxa un número insuficiente de alumnas e alumnos de acordo cos criterios que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

    Cando a oferta das materias quede limitada nun centro por razóns organizativas, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá autorizar que poidan ser cursadas noutro centro educativo no réxime ordinario ou de ensinanza de persoas adultas, en calquera das súas modalidades.

  8. Os centros docentes que impartan bacharelato ofrecerán, polo menos, como norma xeral, dúas das súas modalidades.

    A Consellería de Educación establecerá o número mínimo de alumnas e alumnos necesarios para poder...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR