DECRETO 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

O Decreto 1/2012, do 3 de xaneiro, modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, establecida polo Decreto 79/2009, do 19 de abril, coa finalidade de adaptala ás necesidades que o momento actual aconsella acometer, tendo en conta os criterios de eficacia, economía e austeridade que deben inspirar a actuación e a organización administrativa.

Esta nova dimensión organizativa reflíctese no Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, que no seu artigo 3 establece unha nova estrutura da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, á cal se lle adscribe a Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

En consecuencia, procede agora desenvolver esta estrutura orgánica superior co fin de facer máis áxil e eficaz a xestión administrativa, tendo en conta os criterios aludidos que, neste ámbito, se traducen nunha maior racionalidade e eficacia no desenvolvemento competencial e de xestión das funcións que ten atribuídas.

A nova estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten en conta, ademais da adscrición da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, a posta en funcionamento da Axencia Galega de Infraestruturas e a conseguinte supresión da Dirección Xeral de Infraestruturas, así como a futura posta en funcionamento do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio.

Desde un punto de vista funcional, modifícanse as funcións da Vicesecretaría Xeral, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, para acadar unha maior axilidade na xestión administrativa.

Por último, aprovéitase a modificación para adaptar a estrutura orgánica ás previsións recollidas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.4 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, co informe previo da Consellería de Facenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de xaneiro de dous mil doce,

DISPOÑO:

TÍTULO IÁmbito competencial e organización xeral da Consellería

Artigo 1 Ámbito competencial.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é o órgano de la Administración da Comunidade Autónoma ao cal lle corresponden as competencias e funcións en materia de ambiente, ordenación do territorio e urbanismo, vivenda e solo, infraestruturas, mobilidade, e conservación da natureza, consonte o establecido no Estatuto de autonomía para Galicia nos termos sinalados na Constitución española e que exercerá no nivel de desenvolvemento que se indica neste decreto para cada un dos órganos integrantes deste departamento.

Artigo 2 Estrutura da Consellería.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección:

  1. O/A conselleiro/a.

  2. A Secretaría Xeral Técnica.

  3. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

  4. A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

  5. A Dirección Xeral de Mobilidade

  6. A Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe

  7. A Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

Artigo 3 Organismos, entes e órganos adscritos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
  1. Quedan adscritos a esta consellería en virtude do disposto no artigo 3 do Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, os seguintes organismos e entes:

    1. O ente público de natureza consorcial Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, creada pola Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e cuxos estatutos establece o Decreto 213/2007.

    2. O organismo autónomo Augas de Galicia, creado pola Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica galega, e cuxo regulamento foi establecido polo Decreto 108/1996, do 29 de febreiro.

    3. O organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo, creado pola Lei 3/1998, do 27 de abril.

    4. O ente público Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, creado pola Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica galega, e os seus estatutos foron aprobados polo Decreto 125/1996, do 7 de marzo.

    5. O Xurado de Expropiación de Galicia, creado pola Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e cuxo regulamento de organización e funcionamento foi aprobado polo Decreto 223/2005, do 16 de xuño.

    6. A Axencia Galega de Infraestruturas, creada, en virtude da autorización prevista na disposición adicional cuarta da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o seu estatuto.

  2. Así mesmo, tamén quedan adscritos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas co carácter, labores e funcións establecidos nas súas respectivas normas reguladoras, os seguintes órganos colexiados:

    1. O Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, regulado no Decreto 74/2006, do 30 de marzo.

    2. A Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, prevista no artigo 225.1.d) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e no Decreto 119/1998, do 16 de abril.

    3. A Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartográfica, creada polo Decreto 148/2003, do 9 de xaneiro.

    4. O Consello Galego de Transportes, regulado polo Decreto 230/1986, do 10 de xullo.

    5. O Comité Galego de Pesca Fluvial. A presidencia do comité será asumida pola persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

    6. Os comités provinciais de pesca fluvial. A presidencia dos comités será asumida polos xefes ou xefas territoriais da Consellería.

    7. O Comité Galego de Caza. A presidencia do comité será asumida pola persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

    8. Os comités provinciais de Caza. A presidencia dos comités será asumida polos xefes ou xefas territoriais da Consellería.

    Título IIServizos Centrais

    Capítulo I

Artigo 4 O/a conselleiro/a.

O/a conselleiro/a é a autoridade superior da Consellería e con tal carácter está investido das atribucións enumeradas no artigo 34 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

Capítulo IIDa Secretaría Xeral Técnica

Sección 1.ª Da Secretaría Xeral Técnica

Artigo 5 Atribucións.

A Secretaría Xeral Técnica exercerá as funcións e competencias establecidas no artigo 29 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e demais normativa aplicable, en relación coas diferentes unidades e servizos en que se estrutura a consellería, así como aqueloutras previstas na normativa aplicable ou mesmo as que lle sexan delegadas ou encomendadas pola persoa titular da consellería.

Artigo 6 Estrutura.
  1. Para o exercicio das súas competencias, a Secretaría Xeral Técnica contará cos seguintes órganos:

    1. Vicesecretaría Xeral.

    2. Subdirección Xeral de Persoal e Xestión Económica.

    3. Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo.

  2. Adscríbense organicamente á Secretaría Xeral Técnica, con nivel de subdirección xeral, a Asesoría Xurídica de Medio Ambiente e Territorio, a Asesoría Xurídica de Infraestruturas e a Intervención Delegada, que dependerán funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, respectivamente.

    As asesorías xurídicas de Medio Ambiente e Territorio e de Infraestruturas rexeranse polo disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, desenvolverán as funcións previstas no artigo 13.2 do devandito decreto en relación coas súas respectivas áreas funcionais e contarán co número de efectivos que se determine na correspondente relación de postos de traballo.

    Sección 2.ª Da Vicesecretaría Xeral

Artigo 7 Funcións.
  1. Con nivel orgánico de subdirección xeral a Vicesecretaría é a unidade que exercerá as seguintes funcións:

    1. Xestión e control dos convenios e protocolos de colaboración en que sexa parte a Consellería e non sexan competencia doutros órganos desta.

    2. A xestión dos expedientes de contratación administrativa de competencia da Consellería.

    3. Xestión dos expedientes de subvencións que non sexan competencia doutros órganos da Consellería.

    4. Coordinación do parque móbil da Consellería, sen prexuízo das competencias que corresponden a outros departamentos da Xunta de Galicia e coordinación das dotacións relativas ao vestiario do persoal.

    5. Formación de estatísticas nas materias que sexan competencia da Consellería en coordinación co Instituto Galego de Estatística, sen prexuízo das funcións nesta materia doutras unidades da Consellería.

    6. Realizar as funcións inspectoras sobre todos os órganos e servizos de carácter técnico da Consellería.

    7. Recoñecer, comprobar e recibir os contratos administrativos executados polos distintos órganos e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR