Decreto 65/2008, do 27 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Escola Galega de Administración Pública.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

Pola Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, creouse a Escola Galega de Administración Pública como organismo autónomo de carácter administrativo adscrito á Consellería de Presidencia. Esta lei foi desenvolvida regulamentariamente mediante o Decreto 306/1990, do 24 de maio. Pola súa parte, para o cumprimento das súas funcións, por medio do Decreto 336/1990, do 8 de xuño, desenvolveuse a estrutura orgánica da Escola Galega de Administración Pública.

Non obstante, o exercicio práctico das competencias e das funcións atribuídas aos diferentes servizos da Escola aconsella modificar aquela estrutura distribuíndo as funcións dun xeito máis racional para así acadar a máxima eficacia no seu desenvolvemento. Así mesmo, dado o tempo transcorrido desde a entrada en vigor do Decreto 336/1990, é preciso acomodar a estrutura orgánica que nel se establece ás novas necesidades xurdidas co fin de atender mellor ás funcións e competencias atribuídas á Escola.

Así, mediante este decreto modifícase a dependencia de todos os servizos e unidades da Escola, que pasan a depender directamente do/da secretario/a xeral.

Defínense con maior precisión e detalle as funcións das diferentes unidades administrativas en que se organiza a Escola; así mesmo, inclúense como novas funcións do/da secretario/a xeral todas as relativas á organización e á xestión das recentes liñas de formación baseadas no uso das novas tecnoloxías e o desenvolvemento de proxectos formativos innovadores.

Por último, para o cumprimento dunha das misións fundacionais da Escola (a investigación e estudo no ámbito da Administración pública) existirá unha unidade de investigación social con categoría de subdirección xeral.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, tras o informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e sete de marzo de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º Órganos reitores.

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) é un organismo autónomo de carácter administrativo, adscrito organicamente á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que se estrutura nos dous seguintes órganos reitores cuxas funcións veñen reguladas na Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo:

  1. O Consello Reitor.

  2. A Dirección.

Artigo 2º O/a secretario/a xeral.

Baixo a dependencia do/da director/a da EGAP haberá un/unha secretario/a xeral, con rango de subdirector/a xeral, ao/á que lle corresponden as seguintes atribucións:

  1. Desempeñar a secretaría do Consello Reitor.

  2. Preparar os anteproxectos do plan anual de actividades e a memoria anual sobre as actuacións da Escola, as contas e o borrador do anteproxecto do orzamento da entidade.

  3. Xestionar, baixo a dirección do/da director/a, o plan anual de actividades e o orzamento.

  4. Administrar e xestionar o patrimonio e os recursos económicos da Escola.

  5. Xestionar e supervisar a contratación administrativa.

  6. Levar a cabo o asesoramento xurídico e financeiro e os informes que lle solicite o/a director/a.

  7. Dirixir e organizar o persoal ao servizo da Escola.

  8. Xestionar os asuntos de réxime interior, rexistro, documentación administrativa, arquivo e inventario.

  9. Supervisar a elaboración dos anteproxectos de disposicións, das instrucións, das circulares e dos procedementos de xestión.

  10. Coordinar e inspeccionar os servizos e unidades da Escola e ditar as disposicións, as instrucións e as circulares de funcionamento e comunicación entre os diferentes servizos do organismo.

  11. Propoñer, planificar e avaliar proxectos formativos innovadores dirixidos aos empregados públicos.

  12. Avaliar a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR