Decreto 192/2005, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego de Consumo.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Rango de LeyDecreto

Pola Lei 8/1994, do 3 de decembro, creouse o Instituto Galego de Consumo como organismo autónomo de carácter administrativo adscrito á consellería competente en materia de consumo; así mesmo, o Decreto 329/1995, do 21 de decembro, desenvolve regulamentariamente a citada lei.

Para o máis eficiente cumprimento das súas funcións, por medio do Decreto 183/1996, do 9 de maio, desenvolveuse a estrutura orgánica do devandito instituto, diferenciándoas e delimitándoas respecto ás da consellería competente en materia de consumo.

A realidade dos feitos e as novas normas de protección ao consumidor, tanto a nivel europeo como estatal e autonómico, supuxeron na práctica un incremento de actividades e actuacións do Instituto Galego de Consumo; tendo en conta isto faise necesario modificar aquela estrutura orgánica ata o nivel de xefe de servizo distribuíndo as funcións dun xeito máis racional para así conferir a máxima eficacia no seu exercicio.

A estrutura que aproba este decreto está amparada pola competencia exclusiva que os artigos 148.1º.1 da Constitución española e 27.un do Estatuto de autonomía de Galicia lle atribúen á Comunidade Autónoma galega en materia de autoorganización das súas institucións de autogoberno.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, tralo informe das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e tres de xuño de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º Do Instituto Galego de Consumo.

1 . O Instituto Galego de Consumo para o exercicio das súas competencias e cumprimento dos fins que lle están encomendados pola Lei 8/1994, do 30 de decembro, contará coa estrutura que se establece no presente decreto.

  1. O Instituto Galego de Consumo, para o cumprimento das súas funcións, estrutúrase nos seguintes órganos e unidades:

  2. De superior dirección e xestión.

    1.1. O Consello de Dirección.

    1.2. O presidente do Instituto Galego de Consumo.

  3. De dirección e xestión.

    2.1. O xerente.

    2.2. O Servizo de Asuntos Xerais.

    2.3. O Servizo de Protección ao Consumidor.

    2.4. O Servizo de Seguridade dos Produtos.

    2.5. O Servizo de Información, Cooperación e Fomento.

    2.6. As delegacións provinciais.

    2.7. Os servizos provinciais.

    2.8. O Laboratorio de Consumo de Galicia.

Artigo 2º O Consello de Dirección
  1. O Consello de Dirección estará integrado polos seguintes membros:

    1. O presidente.

    2. Os vogais, que serán nomeados polo conselleiro de Innovación, Industria e Comercio por proposta dos órganos e entidades que representen, e serán:

    -Dous representantes da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e un representante con rango de subdirector, por cada unha das restantes consellerías da Xunta de Galicia.

    -Un representante pola Federación Galega de Municipios e Provincias.

    -Cinco representantes das organizacións de consumidores e usuarios, garantindo como mínimo un representante por cada provincia.

    -Un representante das cámaras de Comercio de Galicia, designado polo Consello Galego de Cámaras.

    -Un representante da Confederación de Empresarios de Galicia.

    Actuará como secretario do Consello de Dirección, con voz pero sen voto, un funcionario do Instituto Galego de Consumo nomeado polo presidente do Instituto Galego de Consumo.

  2. O Consello de Dirección, como órgano colexiado de superior dirección e xestión do Instituto Galego de Consumo, terá as funcións expresadas no artigo 6 da Lei 8/1994, do 30 de decembro.

  3. O Consello de Dirección funcionará sempre en pleno e reunirase cada seis meses e sempre que sexa convocado polo seu presidente ou por solicitude dun terzo dos seus membros.

  4. O presidente, cando así o considere oportuno, poderá convocar ás sesións do consello, con voz pero sen voto, asesores técnicos ou persoas representantes de organismos se considera de interese a súa presenza.

Artigo 3º O presidente.
  1. Ao presidente do Instituto Galego de Consumo correspóndenlle as seguintes funcións:

    1. Representar o instituto.

    2. Presidir e convocar o Consello de Dirección.

    3. Dirixir o instituto e facer cumprir e executar os acordos do Consello de Dirección.

    4. Impulsar e supervisar as accións do organismo e das súas comisións e relatorios.

    5. Atender e canalizar as propostas e peticións das organizacións de consumidores e usuarios e velar pola súa axeitada tramitación.

    6. Ordenar os pagamentos.

    7. Propoñerlle ao Consello de Dirección os plans xerais e os programas de actuación, así como os convenios de colaboración e cooperación que sexa preciso establecer con outros organismos e entidades.

    8. Exercer a dirección superior do persoal.

    9. Coñecer e coordinar os traballos e actividades que realicen os distintos órganos en materias que garden relación cos fins do instituto e que non estean expresamente reservados a outros órganos da Xunta de Galicia.

    10. Propoñerlle...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR