DECRETO 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (en adiante, IGVS) foi creado pola Lei 3/1988, do 27 de abril, desenvolvida polo Decreto 288/1988, do 29 de setembro. Conforme o establecido na dita lei, ao IGVS correspóndelle a realización da política de vivenda e solo da Xunta de Galicia co fin de garantir os dereitos constitucionais a unha vivenda digna e adecuada, especialmente para os sectores con menos capacidade económica, e unha utilización do solo de acordo co interese xeral.

Coa publicación do Decreto 79/2009, do 19 de abril, que estableceu a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e do Decreto 83/2009, do 22 de abril, que fixaba a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, o Instituto Galego da Vivenda e Solo quedou adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas como organismo autónomo. Posteriormente aprobouse o Decreto 317/2009, do 4 de xuño, de estrutura orgánica do IGVS, coa finalidade de adaptar a composición dos seus órganos non só á dependencia da nova consellería senón tamén á estrutura desta.

Cos cambios producidos na estrutura xeral da Xunta de Galicia coa publicación do Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, así como debido á propia evolución do organismo, é preciso aprobar un novo decreto de estrutura.

A modificación organizativa está orientada a reforzar e potenciar as liñas de actuación que o IGVS debe atender en materia de vivenda e solo nos momentos actuais, garantindo así o cumprimento dos fins para os que foi creado e permitindo ademais reducir sensiblemente a súa estrutura sen que iso supoña unha minoración da capacidade de xestión e atención á cidadanía.

Deste xeito, faise unha racionalización e concentración das funcións que debe desenvolver o organismo centrándoas nas áreas de edificación e desenvolvemento de solo, de xestión do propio patrimonio e de fomento das actuacións en materia de vivenda. A estrutura complétase cunha área destinada á xestión económica e orzamentaria, ademais da Secretaría Xeral e da Dirección Xeral.

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, logo dos informes da Consellería de Facenda e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e catro de xullo de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Título IÁmbito competencial e organización xeral do IGVS

Artigo 1 Ámbito competencial

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) é un organismo autónomo dos regulados na sección 2ª do capítulo II do título III da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ao cal lle corresponde a realización das políticas de vivenda e solo, coa finalidade de alcanzar os obxectivos previstos na Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS, e no marco dos principios reitores contidos no artigo 47 da Constitución española.

Artigo 2 Organización xeral do IGVS

Para o desempeño das súas funcións, o IGVS terá a seguinte estrutura orgánica:

O/A presidente/a.

O Consello Reitor do IGVS.

A Dirección Xeral.

A Secretaría Xeral.

As direccións técnicas:

– A Dirección Técnica de Xestión do Patrimonio, Fianzas e Inspección.

– A Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade.

– A Dirección Técnica de Xestión Económica e Orzamentos.

– A Dirección Técnica de Fomento.

As xefaturas territoriais.

As áreas provinciais.

Título IIÓrganos de goberno

Artigo 3 Órganos de goberno
  1. Os órganos de goberno do Instituto Galego da Vivenda e Solo son:

    1. A Presidencia.

    2. O Consello Reitor.

  2. Na designación dos/as titulares e membros dos órganos de goberno do Instituto Galego da Vivenda e Solo atenderase ao principio de presenza equilibrada entre mulleres e homes.

    Sección 1ª A Presidencia

Artigo 4 A Presidencia do IGVS

A Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo correspóndelle á persoa titular da consellería competente en materia de vivenda.

Artigo 5 Funcións da Presidencia do IGVS
  1. Corresponden á persoa titular da Presidencia as seguintes funcións:

    1. A representación oficial do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

    2. A Presidencia do Consello Reitor, que desempeña todas as competencias que lle corresponden como presidente/a do órgano colexiado segundo o disposto neste decreto e no artigo 16 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

  2. A persoa titular da Presidencia poderá delegar aquelas funcións propias que considere oportunas e que sexan susceptibles de delegación, na persoa titular da Dirección Xeral.

  3. No suposto de ausencia, vacante, enfermidade ou outro impedimento legal, a persoa titular da Dirección Xeral substituirá a persoa titular da Presidencia.

    Sección 2ª O Consello Reitor

Artigo 6 O Consello Reitor

O Consello Reitor é o órgano colexiado de goberno do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Artigo 7 Composición do Consello Reitor
  1. O Consello Reitor está integrado pola Presidencia, Vicepresidencia, catro vogais e unha secretaría.

  2. Os membros do Consello Reitor gardarán o debido sixilo respecto dos asuntos de que coñezan como membros deste órgano.

Artigo 8 Presidencia do Consello Reitor
  1. A Presidencia do Consello Reitor correspóndelle á persoa titular da Presidencia do IGVS.

  2. Corresponden á persoa titular da Presidencia as seguintes atribucións:

  1. Acordar a convocatoria das sesións ordinarias e extraordinarias e fixar a orde do día, tendo en conta, de ser o caso, as peticións dos demais membros formuladas con suficiente antelación.

  2. Presidir as sesións, moderar o desenvolvemento dos debates e suspendelos por causas xustificadas.

  3. Someter á aprobación do Consello da Xunta o anteproxecto de orzamentos do IGVS e, se é o caso, os seus plans e programas.

  4. Visar as actas e certificados dos acordos do Consello Reitor.

  5. Cantas outras atribucións sexan inherentes á Presidencia dun órgano colexiado ou calquera outra facultade que en relación coas materias de competencia se lle atribúan regulamentariamente.

Artigo 9 Vicepresidencia do Consello Reitor

A Vicepresidencia do Consello Reitor correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do IGVS. Esta substituirá a persoa titular da Presidencia do Consello Reitor nos casos de vacante, ausencia, enfermidade ou outra causa legal.

Artigo 10 Vogais e secretario/a do Consello Reitor
  1. Os/as vogais do Consello Reitor son nomeados e separados pola persoa titular da consellería competente en materia de vivenda.

  2. Son vogais do Consello Reitor:

    1. Dúas persoas representantes da consellería competente en materia de vivenda, designadas pola persoa titular daquela consellería, de entre os seus órganos superiores ou de dirección.

    2. Unha persoa representante da consellería competente en materia administracións públicas, designada pola persoa titular daquela consellería, de entre os seus órganos superiores ou de dirección.

    3. Unha persoa representante da consellería competente en materia de facenda, designada pola persoa titular daquela consellería, de entre os seus órganos superiores ou de dirección.

  3. En caso de ausencia ou de enfermidade e, en xeral, cando concorra algunha causa xustificada, os/as vogais serán substituídos/as polos/as seus/súas respectivos/as suplentes, propostos/as pola mesma persoa ou entidade que designou os/as titulares.

  4. A persoa que exerza a secretaría do Consello Reitor será nomeada polo propio consello por proposta da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Artigo 11 Atribucións do Consello Reitor

Correspóndenlle ao Consello Reitor as seguintes atribucións:

  1. A aprobación dos seus plans e programas de actuacións, por proposta da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

  2. A aprobación do anteproxecto de orzamentos do IGVS, presentado pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

  3. O control da xestión do IGVS.

  4. A constitución de comisións de estudo sobre aspectos específicos en materias da súa competencia e o deseño de plans de formación e divulgación no ámbito das competencias do IGVS.

  5. A aprobación da proposta de creación de consorcios e sociedades anónimas ou de integración ou participación do IGVS nas xa constituídas, así como a aprobación da proposta de constitución de xerencias e de todo tipo de acordos coa iniciativa privada.

  6. Cantos asuntos relacionados ca competencia do IGVS lle someta a persoa titular da Presidencia.

  7. As demais que se lle atribúan na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, neste decreto e noutras disposicións aplicables.

Título IIIEstrutura organizativa: servizos centrais e territoriais

Capítulo IA Dirección Xeral

Artigo 12 A Dirección Xeral

12.1. A persoa titular da Dirección Xeral do IGVS é o seu órgano...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR