Decreto 231/2005, do 11 de agosto, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

Polo Decreto 211/2005, do 3 de agosto, estableceuse a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. En virtude do disposto nel, e tendo en conta os criterios de economía e eficacia que deben inspirar a actuación e organización administrativa e as áreas de competencias que, pola súa importancia e natureza, convén que queden adscritas á Presidencia da Xunta de Galicia, este decreto fixa os órganos superiores que dependerán da Presidencia da Xunta de Galicia.

Na súa virtude e segundo o disposto no artigo 4 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de agosto de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo único Dependerán funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza os seguintes órganos superiores:
  1. Secretaría Xeral da Presidencia:

    1.1. Asesoría Xurídica Xeral, con nivel orgánico de dirección xeral.

    1.2. Dirección Xeral do Gabinete de Presidencia.

  2. Secretaría Xeral de Análise e Proxección.

  3. Secretaría Xeral de Comunicación, á cal estará adscrita a Compañía de Radiotelevisión de Galicia.

    3.1. Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

  4. Secretaría Xeral de Relacións Exteriores.

    4.1. Dirección Xeral de Cooperación Exterior.

  5. Secretaría Xeral de Emigración.

  6. Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Disposicións transitorias

    Primeira.-Mediante orde do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, determinarase a adscrición dos órganos dependentes das secretarías xerais e direccións xerais suprimidas como consecuencia da estrutura orgánica que se fixa nos artigos precedentes ás secretarías e centros

    directivos correspondentes mentres non se regule por decreto a nova estrutura orgánica destes órganos.

    Segunda.-Os órganos dependentes das secretarías e dos centros directivos que non fosen obxecto de supresión manterán a súa estrutura e funcións ata que se proceda ao desenvolvemento da estrutura contida neste decreto.

    Disposición derrogatoria

    Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR