Decreto 245/2003, do 24 de abril, polo que se establecen as normas de seguridade nos parques infantís.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO
Rango de LeyDecreto

A Constitución española, no artigo 39, relativo á familia e ós nenos, sinala no seu punto 4 que os nenos gozarán da protección prevista nos acordos internacionais que velan polos seus dereitos.

Neste sentido, a Convención dos Dereitos dos Nenos, do 20 de novembro de 1989, ratificada por España o 30 de novembro de 1990, dispón no seu artigo 30.1º que os estados partes recoñecen o dereito do neno ó descanso e ó esparexemento, ó xogo e ás actividades recreativas propias da súa idade e a participar libremente na vida cultural e nas artes.

Pola súa parte, a resolución do Parlamento Europeo sobre a Carta Europea dos Dereitos do Neno de 1992, refírese ó dereito de todo neno ó ocio, ó xogo e á

participación voluntaria en actividades deportivas. Deberá, así mesmo, poder desfrutar de actividades sociais, culturais e artísticas.

A Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de axuizamento civil, establece no artigo 3 que os menores gozarán dos dereitos que lles recoñece a Constitución e os tratados internacionais dos que España sexa parte, especialmente a Convención dos Dereitos do Neno das Nacións Unidas e os demais dereitos garantidos polo ordenamento xurídico, e no artigo 11, ó referirse ós principios rectores da acción administrativa en relación cos menores de idade, sinala que as administracións públicas deberán ter en conta as necesidades do menor ó exerce-las súas competencias, especialmente en materia de control, entre outros, sobre os espacios libres nas cidades, e terán particularmente en conta a adecuada regulación e supervisión daqueles espacios nos que permanecen habitualmente nenos e nenas, no que se refire ás súas condicións físico-ambientais, hixiénico-sanitarias e demais condicións que contribúan a asegura-los seus dereitos.

A Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, a infancia e a adolescencia, aprobada polo Parlamento de Galicia en exercicio da competencia exclusiva que en materia de asistencia social lle atribúe o artigo 27.23º do Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu artigo 7 que tódolos membros da familia gozarán da tutela xurídica dos dereitos individuais e colectivos recoñecidos pola Constitución e os pactos e acordos internacionais ratificados polo Estado español e demais recoñecidos polo resto do ordenamento xurídico. En particular, a infancia e a adolescencia gozarán dos que proclama a Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno de 1989 sen discriminación ningunha por circunstancias persoais, familiares ou sociais.

O Decreto 195/2003, do 20 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica e competencias da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, atribúelle a esta consellería a xestión da política autonómica en materia de acción social no sector da familia, a infancia e os menores.

As normas de seguridade en parques infantís en Galicia estaban recollidas no Decreto 306/1997, do 23 de outubro, normativa que tivo un carácter pioneiro na regulación desta materia no conxunto do Estado.

Desde a entrada en vigor do citado decreto producíronse cambios importantes tanto a nivel de regulamentación técnica a nivel europeo, como da concienciación e consecuente renovación dos equipamentos dos parques infantís, impulsados sen dúbida polo prazo de adaptación que se concedía para a adecuación á anterior normativa.

Todo isto facía recomendable que se dera un paso máis na protección dos menores no seu tempo de ocio e espallamento no marco das recomendacións técnicas do Comité Europeo de Normalización

(CEN), que entre os anos 1998 e 1999 desenvolveu diferentes normas UNE, en concreto a UNE-EN 1176 e UNE-EN 1177, relativas á seguridade nos equipamentos e instalacións das áreas de xogo, facéndose precisa a modificación da actual normativa de xeito que as recomendación técnicas voluntarias se adopten de xeito obrigatorio no marco da comunidade.

Por todo o que antecede, e por proposta da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, en virtude das competencias que ten atribuídas polo Decreto 195/2003, do 20 de marzo logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vintecatro de abril de dous mil tres,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto e ámbito de aplicación.
  1. Este decreto ten por obxecto regula-las normas mínimas de seguridade e prevención de accidentes que deben de reuni-los parques infantís e áreas de xogo para a infancia, así como os seus equipamentos e elementos de xogo.

  2. As disposicións deste decreto serán de aplicación tanto ás instalacións de titularidade pública como ás de titularidade privada, sempre que, neste último caso, estean destinadas ó uso público ou comunitario.

Artigo 2º Definicións.

Para os efectos deste decreto entenderase por:

-Parques infantís: os espacios ó aire libre que conteñan equipamento destinado especificamente para o xogo de menores e que non sexan obxecto dunha regulación específica.

-Bambáns: é o equipo móbil onde o peso do usuario é soportado por unha unión rotatoria ou articulación.

-Tobogáns: é unha estructura con superficie sobre a cal o usuario...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR