Decreto 255/2003, do 8 de maio, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyDecreto

O Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, e o Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, estableceron, respectivamente, a estructura orgánica da Xunta de Galicia e a dos departamentos que a compoñen.

A última das disposicións citadas fixou, no seu artigo 1, a estructura dos órganos superiores da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, polo que, para os efectos de establece-lo marco xurídico-administrativo no que debe levar a cabo os seus cometidos, cómpre desenvolve-la súa estructura ata o nivel de xefatura de servicio co fin de acomodala ós cambios introducidos polo Decreto 310/2001, do 17 de decembro, precursor do Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, que estableceu a creación dun novo centro directivo, a Dirección Xeral de Relacións Institucionais, e que fixo necesario, no seu momento, a determinación do marco rector da súa actuación, cometido normativo que se materializou coa publicación do Decreto 73/2002, do 14 de marzo.

A estructura orgánica que se aproba por este decreto atende ós principios de economía do gasto, desconcentración e coordinación, fixando as unidades administrativas que configuran os órganos superiores e os servicios periféricos, determinando a forma da súa integración e dependencia xerárquica e delimitando as súas funcións e competencias, requisitos determinantes da existencia e funcionamento dos órganos da Administración.

En consecuencia, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no exercicio da facultade que me outorga o artigo 34.4º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, tralo informe da Consellería de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de maio de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º
  1. A Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, sen prexuízo das competencias que legal e regulamentariamente ten atribuídas, configúrase como un órgano de apoio e asistencia á Presidencia da Xunta de Galicia.

  2. De conformidade co establecido no artigo 1 A) do Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, a Consellería da Presidencia,

    Relacións Institucionais e Administración Pública estructúrase nos seguintes órganos:

    1. Superiores.

      1. O conselleiro.

      2. A Secretaría Xeral.

      3. A Dirección Xeral da Función Pública.

      4. A Inspección Xeral de Servicios.

      5. A Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

      6. A Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias.

      7. A Dirección Xeral de Relacións Institucionais.

    2. De conformidade co disposto no artigo único do Decreto 22/2003, do 20 de xaneiro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia de Xunta de Galicia, dependerán funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública os seguintes órganos superiores:

  3. Secretaría Xeral da Presidencia, á que están adscritos os seguintes órganos:

    1.1. Departamento de Protocolo e Relacións Públicas, con nivel orgánico de dirección xeral.

    1.2. Gabinete de Apoio, o titular do cal terá rango de director xeral.

  4. Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

  5. Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior.

  6. Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

    1. Periféricos.

    -Delegacións provinciais.

  7. Queda adscrito a esta consellería o organismo autónomo Escola Galega da Administración Pública, que se axustará, nos seus fins, estructura e funcionamento, ó disposto na Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo.

  8. Adscríbense á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os seguintes órganos colexiados:

    4.1. A Comisión de Persoal da Xunta de Galicia, creada pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública galega, e regulada pola Decreto 156/1988, do 9 de xuño.

    4.2. A Xunta de Compras da Xunta de Galicia.

    4.3. A Xunta Coordinadora de Edificios Administrativos.

    4.4. A Comisión Central de Racionalización Administrativa, creada polo Decreto 186/1990, do 1 de marzo.

    4.5. A Comisión de Informática da Xunta de Galicia, creada polo Decreto 67/1987, do 26 de marzo, e adscrita á Consellería da Presidencia polo Decreto 290/1992, do 8 de outubro.

    4.6. A Comisión de Toponimia, regulada polo Decreto 43/1984, do 23 de marzo, modificado polo Decreto 174/1998, do 5 de xuño.

    4.7. A Comisión Central de Revisión da Normativa Legal, así como a Comisión de Revisión da Normativa Legal da consellería, creadas polo Decreto 186/1990, do 1 de marzo.

    4.8. A Comisión Central da Coordinación de Parques Móbiles, creada polo Decreto 327/1994, do 3 de novembro.

    4.9. A Comisión das Webs da Xunta de Galicia, creada polo Decreto 200/2003, do 20 de marzo, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se procede á creación do Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ó cidadán.

    1. Superiores.

    1. O conselleiro.

Artigo 2º
  1. Ó conselleiro, como superior autoridade da consellería, correspóndelle o exercicio das atribucións expresadas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e pola Lei 7/2002, do 27 de decembro, de medidas fiscais e de réxime administrativo.

  2. O conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública actuará como secretario do Consello da Xunta de Galicia e das comisións delegadas do Goberno galego.

  1. A Secretaría Xeral.

Artigo 3º

Correspóndelle ó secretario xeral o exercicio das seguintes funcións:

  1. Exerce-las funcións e competencias establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, polo que se regulan as funcións das secretarías xerais técnicas nas consellerías da Xunta de Galicia.

  2. A edición e distribución do Diario Oficial de Galicia.

  3. A edición das publicacións propias da consellería.

  4. O secretariado do Goberno da Xunta de Galicia e das súas comisións delegadas a excepción da asistencia ás súas sesións, exercendo as competencias sinaladas no Regulamento de réxime interior da Xunta de Galicia.

  5. A Vicepresidencia da Comisión de Secretarios Xerais, correspondéndolle levantar acta das reunións para a súa elevación ó Consello da Xunta de Galicia.

  6. O Rexistro Único das Fundacións da Interese Galego.

  7. A tutela e o protectorado das fundacións de interese galego clasificadas como mixtas.

  8. O rexistro xeral da Xunta de Galicia, así como os rexistros únicos dos edificios administrativos da Administración autonómica.

  9. Os servicios de automobilismo da Xunta de Galicia.

  10. Velar polo cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais na Administración autonómica.

Artigo 4º
  1. Para o desempeño das súas funcións, a Secretaría Xeral contará coas seguintes unidades administrativas:

    1.1. Vicesecretaría Xeral.

    1.2. Subdirección Xeral de Servicios.

    1.3. Subdirección Xeral de Contratación.

  2. Dependerán directamente do secretario xeral as seguintes unidades:

    2.1. A Oficina Técnica, con nivel orgánico de servicio.

    2.2. O Parque Móbil da Xunta de Galicia.

  3. Adscríbense organicamente á Secretaría Xeral, con nivel de subdirección xeral, a Asesoría Xurídica da consellería e maila Intervención Delegada. Estas unidades administrativas dependerán funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, respectivamente.

Artigo 5º
  1. A Vicesecretaría Xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, ten encomendada a realización das seguintes funcións:

    1. Prestarlle asistencia ó secretario xeral en tódolos asuntos que este lle encomende propoñéndolle as actuacións que estime necesarias para a coordinación, o réxime interno e o funcionamento dos servicios da consellería.

    2. Prepara-los expedientes relativos ás funcións ordinarias de despacho e sinatura dos asuntos de mero trámite.

    3. Proporcionarlle asistencia ó secretario xeral, emitindo os informes que este lle encomende sobre disposicións de carácter xeral que deban someterse ó estudio da Comisión de Secretarios Xerais.

    4. A coordinación das actividades do Diario Oficial de Galicia, do Servicio Técnico-Xurídico, do Servicio de Secretariado do Goberno e do Servicio de Traducción.

    5. A dirección, seguimento e control do rexistro xeral da Xunta de Galicia, así como a súa coor

      dinación cos demais rexistros oficiais da Administración autonómica.

    6. A remisión ó Diario Oficial de Galicia das disposicións, resolucións e anuncios da consellería para a súa publicación.

    7. Aqueloutras actividades de contido administrativo que lle atribúa o secretario xeral.

  2. Para o exercicio das súas funcións, e con nivel orgánico de servicio, a Vicesecretaría Xeral contará coas seguintes unidades administrativas:

    2.1. Diario Oficial de Galicia.

    2.2. Servicio Técnico Xurídico.

    2.3. Servicio de Persoal.

    2.4. Servicio do Secretariado do Goberno.

    2.5. Servicio de Traducción.

    2.6. Servicio de Fundacións.

    2.1. Diario Oficial de Galicia.

    Configúrase como a unidade administrativa que terá ó seu cargo a xestión da edición, publicación, venda e distribución do periódico oficial de Galicia. Así mesmo, correspóndelle o desenvolvemento das directrices da Comisión de Publicacións en relación coas publicacións que leve a cabo a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, realizando, se é o caso, a súa edición.

    2.2. Servicio Técnico Xurídico.

    Correspóndelle a este servicio a realización dos seguintes cometidos:

    1. Emitir informe en...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR