Decreto 552/2005, do 20 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Innovación e Industria e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Rango de LeyDecreto

Os decretos 211/2005, do 3 de agosto, e 232/2005, do día 11 do mesmo mes, fixaron, respectivamente, a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e dos departamentos desta, establecendo as secretarías xerais, direccións xerais ou órganos de igual categoría que son necesarios para o cumprimento dos fins que a nova estrutura comporta e adscribíndo os organismos autónomos ou entes públicos pertinentes.

O artigo 6º do segundo decreto citado fixou a estrutura orgánica básica da Consellería de Innovación e Industria. Polo tanto, para os efectos de determinar o marco xurídico-administrativo no que a dita consellería debe realizar os seus cometidos, procede agora desenvolver a nova estrutura ata o nivel de xefatura de servizo distribuíndo as funcións asignadas dun modo racional para así conferir a máxima eficacia no exercicio delas.

A estrutura orgánica que aproba este decreto está amparada pola competencia exclusiva que os artigos 148.1º.1 da Constitución española e 27.1º do Estatuto de autonomía de Galicia lle atribúen á Comunidade Autónoma galega para organizar as súas institucións de goberno e atende aos principios de eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación que, de conformidade co disposto no artigo 103.1º do texto fundamental, deben presidir a actuación administrativa.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Innovación e Industria, tras o informe das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de outubro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Organización xeral

Artigo 1º Ámbito competencial.

A Consellería de Innovación e Industria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións nos ámbitos da investigación, desenvolvemento e innovación, industria, seguridade industrial, metroloxía, metais preciosos, enerxía, minas, artesanía, telecomunicacións e sociedade da información e do coñecemento, comercio interior e exterior, consumo, turismo e promoción do Camiño

de Santiago e a súa valorización turística, así como a planificación, en colaboración coa consellería competente en materia de vivenda e solo, das infraestruturas dos servizos industriais do solo empresarial e residencial, de acordo co establecido na Constitución española e no Estatuto de autonomía de Galicia.

O exercicio das devanditas competencias realizarase sen prexuízo das que teñan atribuídas outras institucións ou departamentos da Xunta de Galicia nas mesmas materias, mediante o establecemento dos mecanismos de coordinación que, para estes efectos, resulten oportunos.

Artigo 2º Órganos directivos.

A Consellería de Innovación e Industria estrutúrase, para o desempeño das súas funcións, nos seguintes centros directivos:

  1. O conselleiro.

  2. A Secretaría Xeral.

  3. A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

  4. A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

  5. A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

  6. A Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

  7. A Dirección Xeral de Turismo.

  8. As delegacións provinciais.

TÍTULO II

Servizos centrais

Capítulo I

Artigo 3º O conselleiro.

O conselleiro é a superior autoridade da consellería e con tal carácter está investido das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e polo artigo 30 da Lei 7/2002, do 27 de decembro.

Capítulo II

Da Secretaría Xeral

Artigo 4º Atribucións.

A Secretaría Xeral exercerá as competencias e funcións establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, en relación con todas as unidades e servizos da consellería e, en particular:

  1. O asesoramento e coordinación de todos os servizos da consellería.

  2. A emisión dos informes e a realización dos estudos técnicos e xurídicos que se lle soliciten en relación cos asuntos dos que coñeza a consellería ou os organismos autónomos adscritos a ela.

  3. A preparación de métodos de organización interna e sistemas de información para a racionalización e mellora dos sistemas de traballo dos servizos da consellería.

  4. A asesoría técnica, execución, proposta, coordinación e supervisión dos plans de informatización de todos os órganos da consellería e das unidades dependentes dela para automatizar, axilizar e mellorar o seu funcionamento. Para estes efectos, terá as seguintes funcións:

    1. Administración de sistemas, incluíndo a súa instalación, mantemento e actualización.

    2. Atención aos usuarios e formación destes.

    3. Detección de oportunidades de novos desenvolvementos, planificación e execución deles e xestión e mantemento dos desenvolvementos en fase de explotación.

    4. Definición e cumprimento das políticas de seguridade e protección de datos.

    5. Avaliación e coordinación das demandas de desenvolvemento informático das diversas unidades.

  5. A tramitación da remisión dos asuntos que deban someterse ao Consello da Xunta de Galicia ou ás súas comisións delegadas, así como a das disposicións e actos administrativos que deban publicarse no Diario Oficial de Galicia ou en calquera outro diario oficial.

  6. A representación da consellería nos órganos colexiados que exerzan funcións relacionadas coas súas competencias.

  7. A actuación como órgano de comunicación con outras consellerías en materias relacionadas coas súas funcións e competencias.

  8. A substitución temporal dos titulares das direccións xerais da consellería nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade.

  9. As demais que lle atribúa o ordenamento xurídico vixente e aqueloutras que lle sexan singular ou especialmente encomendadas por delegación do titular da consellería.

Artigo 5º Estrutura.

A Secretaría Xeral estrutúrase, para o exercicio das súas funcións e baixo a superior dirección do secretario xeral, nas seguintes unidades:

  1. A Vicesecretaría Xeral, con nivel orgánico de subdirector xeral, que exercerá as seguintes funcións:

    1. A xestión de todos os asuntos relacionados co persoal da consellería, tanto funcionario como laboral, sen prexuízo das atribucións que correspondan aos órganos competentes das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda.

    2. A elaboración e tramitación do anteproxecto de orzamento, modificacións de crédito e o seguimento da súa execución, en coordinación cos órganos afectados.

    3. A xestión do Rexistro Xeral de Contratistas e mais a tramitación dos expedientes de contratación administrativa, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.

    4. A organización, coordinación e supervisión da xestión administrativa do patrimonio adscrito á consellería, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.

    5. A organización, dirección e control do Rexistro Xeral de Documentos e do arquivo da consellería.

    6. A xestión dos investimentos, compras, subministracións e servizos da consellería, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos dela.

    7. A atención e coidado do réxime interno das dependencias da consellería, así como a administración e conservación dos bens mobles e inmobles que ten adscritos.

    8. A dirección dos servizos de información administrativa da consellería e a coordinación dos sistemas de información dela.

    9. O desempeño de todas as funcións que teña encomendadas a consellería en relación coas fundacións de índole galega sobre as que exerza o protectorado.

    10. Aqueloutras que lle encomende o secretario xeral.

    Da Vicesecretaría Xeral dependen as seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo:

    1.1. Servizo de Xestión Orzamentaria e Persoal.

    1.2. Servizo do Rexistro Xeral de Contratistas e Contratación.

  2. O Servizo Técnico-Xurídico, baixo a dependencia orgánica e funcional do secretario xeral, que desenvolverá as seguintes funcións:

    1. O estudo e tramitación dos anteproxectos e proxectos de disposicións que elaboren os distintos centros directivos da consellería, así como levar a cabo as compilacións e refundicións das normas emanadas desta.

    2. A elaboración das propostas de resolución dos recursos de alzada, de reposición e de revisión, das solicitudes de revisión de oficio, das reclamacións previas á vía civil e dos procedementos de responsabilidade patrimonial da Administración que deba resolver o conselleiro e a notificación, se é o caso, das súas resolucións.

    3. O estudo, preparación e informe dos asuntos que se eleven ao Consello da Xunta de Galicia.

    4. A asistencia ao secretario xeral para o estudo e preparación das reunións da Comisión de Secretarios Xerais.

    5. A coordinación da publicación nos diarios oficiais das disposicións e actos administrativos dos distintos órganos da consellería que deban publicarse neles.

    6. A elaboración dos estudos xurídicos, resolucións, informes e demais asuntos que, por razón da súa competencia, lle sexan encomendados polo secretario xeral.

    7. O rexistro, arquivo e custodia das disposicións legais emanadas da consellería ou dos seus centros directivos.

    8. O apoio á Asesoría Xurídica na tramitación dos recursos contencioso-administrativos e demais asuntos litixiosos en que a consellería sexa parte interesada.

  3. A Asesoría Xurídica da consellería e mais a Intervención Delegada adscríbense organicamente á secretaría...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR