DECRETO 33/2014, do 6 de marzo, polo que se modifica o Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

A Lei 10/2013, do 24 de xullo, que modifica a Lei 29/2006, do 26 de xullo, de garantías e uso racional de medicamentos e produtos sanitarios, incorpora ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2010/84/UE, do 15 de decembro, relativa á farmacovixilancia e a 2011/62/UE, do 8 de xuño, que modifica a Directiva 2001/83/CE, pola que se establece un código comunitario sobre medicamentos de uso humano, no relativo á prevención da entrada de medicamentos falsificados na cadea de subministración legal. Así mesmo, o pasado 8 de setembro, entraron en vigor as novas directrices do 7 de marzo de 2013 da Unión Europea, sobre prácticas correctas de distribución de medicamentos de uso humano e, con data do 19 de outubro de 2013, publicouse o Real decreto 782/2013, do 11 de outubro, sobre distribución de medicamentos de uso humano, que incorpora novas figuras e actores nesta actividade, e que se suxeita a novos controis por parte da inspección farmacéutica.

Por outra banda, os programas de inspección dimanantes da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios, así como os resultados das investigacións desenvolvidas en relación á fraude nas prestacións farmacéuticas financiadas polo Servizo Nacional de Saúde, aconsellan a creación dunha unidade que reúna todas as competencias específicas neste ámbito sanitario. Así, para desenvolver as funcións de coordinación, execución, seguimento e avaliación de resultados no ámbito referido, que son propias da inspección de servizos sanitarios e, en concreto, da inspección farmacéutica, créase o Servizo de Inspección Farmacéutica dependente da Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios.

As funcións indicadas serán levadas a cabo por este servizo, en coordinación coas unidades competentes do Servizo Galego de Saúde e desenvolvidas e executadas xunto cos servizos de inspección de servizos sanitarios de carácter periférico.

Introdúcese, así mesmo, unha modificación relativa á suplencia en caso de enfermidade, vacante ou ausencia das persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Sanidade, co obxecto de que, durante ese período temporal, as funcións que lle corresponden e aquelas que sexan expresamente delegadas, sexan asumidas polas persoas titulares dos órganos que se indican, sen que se...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR