Decreto 145/2007, do 19 de xullo, polo que se modifica o Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

Mediante o Decreto 44/2006, do 2 de marzo, aprobouse a estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

O desenvolvemento práctico das competencias atribuídas aos diferentes órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia aconsella a introdución das modificacións na devandita estrutura dun xeito que permita o seu exercicio coa máxima eficacia.

As modificacións incorporadas refírense, por unha banda, á creación na Secretaría Xeral de Relacións Exteriores dunha nova Subdirección Xeral de Xestión, Contratación e Coordinación Administrativa, que recolle e amplía as funcións antes asignadas ao Servizo de Xestión, suprimíndose este último. Así mesmo, inclúense tamén novas funcións na Subdirección Xeral de Cooperación Exterior e amplíanse as atribucións dos servizos de Fomento de Cooperación ao Desenvolvemento e de Formación e Coordinación Institucional da Cooperación ao Desenvolvemento.

Defínense con maior precisión e detalle as funcións da Secretaría Xeral de Política Lingüística e das distintas unidades administrativas que a compoñen. Incorpóranse modificacións que acrecentan a coordinación interna no exercicio por parte das unidades administrativas das funcións atribuídas.

Ademais, modifícase o Decreto 25/1993, do 11 de febreiro, polo que se crea o Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro para adaptar a denominación do Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, dado que o cambio anterior, de xeito parcial, non recollía o cambio de denominación na regulamentación do centro. A nova denominación resulta ser Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Por outro lado, modifícase tamén o Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica, modificado polo Decreto 120/2006, revisando a composición dos tribunais das oposicións dos letrados da Xunta de Galicia para adaptalos ás previsións da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, tras os informes favorables da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería de Economía e Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de xullo de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo único Modifícase o Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores da Presidencia da Xunta de Galicia, de conformidade co disposto nos seguintes puntos:

Un. A letra j) do número 3.1 do artigo 2º queda redactada da seguinte forma:

j) A suplencia do secretario/a xeral da Presidencia nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade en todas as materias de índole administrativa e orzamentaria que sexan competencia deste

.

Dous. Engádese a letra k) no número 3.1 do artigo 2º, que queda redactada da seguinte forma:

k) As demais funcións que lle encomende o secretario xeral

.

Tres. Engádese o número 2.3 do artigo 5º, que queda redactado da seguinte forma:

2.3. Subdirección Xeral de Xestión, Contratación e Coordinación Administrativa

Terá como funcións específicas:

a) Prestar apoio e asesoramento aos centros directivos da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, en todos os asuntos que se lle encomenden no ámbito das competencias propias da Subdirección Xeral.

b) A elaboración do anteproxecto do orzamento de gastos da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, e a previa coordinación dos traballos necesarios entre os servizos existentes.

c) A xestión económica e o seguimento e control da execución orzamentaria, sen menoscabo das atribucións expresas a outros órganos.

d) A xestión e tramitación dos expedientes de modificacións orzamentarias, agás os relativos ao capítulo I.

e) A habilitación de pagamentos, agás os relativos ao capítulo I.

f) A xestión dos investimentos, compras, subministracións e servizos xerais da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, sen prexuízo das competencias que poidan ter atribuídas outras unidades.

g) A xestión de axudas, subvencións e convenios administrativos, sen prexuízo das competencias doutras unidades da Secretaría Xeral.

h) O seguimento das relacións de carácter económico-financeiro derivadas dos programas de cooperación interrexional.

i) A xestión dos expedientes de contratación da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, o seu seguimento e control, sen prexuízo das atribucións de competencias a outras unidades da Secretaría Xeral.

j) As de réxime interno, coordinación administrativa, e asuntos xerais da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores.

k) A remisión ao Diario Oficial de Galicia, e demais diarios ou boletíns oficiais, das disposicións ou actos dos departamentos da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores.

l) O control de asistencia e puntualidade do persoal da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores.

m) A tramitación, a través da Secretaría Xeral da Presidencia, das publicacións da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores ante a Comisión Permanente de Publicacións da Xunta de Galicia, sempre que non estean expresamente atribuídos a outros órganos.

n) A organización do rexistro e a coordinación con outros rexistros, e a organización do seu arquivo xeral, sen prexuízo das competencias da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e das competencias establecidas polo Decreto 126/2006, do 20 de xullo, en relación co Rexistro de Convenios da Xunta de Galicia.

ñ) A coordinación e seguimento da xestión da Fundación Galicia-Europa

.

Catro. Suprímese o número 3.2 do artigo 5º.

Cinco. Engádese a letra f) no número 4.1 do artigo 5º, que queda redactada da seguinte forma:

f) A tramitación, a través da Secretaría Xeral da Presidencia, das publicacións da Dirección Xeral perante a Comisión Permanente de Publicacións da Xunta de Galicia

.

Seis. Modifícase a letra d) do número 4.1.1 do artigo 5º, que queda redactada da seguinte forma:

d) A tramitación económica e seguimento da execución orzamentaria dos expedientes de gasto propios deste servizo

.

Sete. Modifícanse as letras e), f), g) e h) do número 4.1.2 do artigo 5º, que quedan redactadas da seguinte forma:

e) A tramitación económica e seguimento da execución orzamentaria dos expedientes de gasto propios deste servizo.

f) A tramitación dos expedientes de contratación que sexan competencia da Dirección Xeral de Cooperación Exterior.

g) Levar os arquivos e rexistros que atinxen as materias de formación e de coordinación institucional referidas á cooperación ao desenvolvemento, sen prexuízo das competencias establecidas polo Decreto 126/2006, do 20 de xullo, en relación co Rexistro de Convenios da Xunta de Galicia.

h) Elaborar os informes segundo os criterios sinalados pola cooperación ao desenvolvemento a nivel estatal e comunitario

.

Oito. Engádese a letra i) no número 4.1.2 do artigo 5º, que queda redactada da seguinte forma:

i) O exercicio das demais funcións que lle encomende a Subdirección Xeral

.

Nove. Modifícase a letra e) do número 2.1.1 do artigo 6º, que queda redactada da seguinte forma:

e) A tramitación, a través da Secretaría Xeral da Presidencia, das publicacións da Secretaría Xeral ante a Comisión Permanente de Publicacións da Xunta de Galicia

.

...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR