Decreto 407/2003, do 6 de novembro, polo que se acordan as cesións do uso, a título gratuíto, de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais da Laracha, Láncara, Triacastela e A Cañiza.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, no seu punto tres establece que o Consello da Xunta de Galicia, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que quede garantida a conservación e aplicación deles ós fins e servicios de interese xeral agrario. A dita cesión requirirá informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Os concellos da Laracha, Láncara, Triacastela e A Cañiza solicitaron a cesión do uso dos inmobles sitos nos seus respectivos termos municipais e que pertenceron ás extintas cámaras agrarias locais, para destinalos a actividades de interese agrario.

Mediante o Decreto 346/2003, do 24 de xullo (DOG nº 163, do 25 de agosto), desafectáronse do dominio público, varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais da Laracha, Láncara, Triacastela e A Cañiza.

Pola orde da Consellería de Economía e Facenda do 1 de setembro de 2003 (DOG nº 197, do 10 de outubro) declarouse a alienabilidade dos anteditos inmobles.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio, dependente da mencionada consellería, tramitou o expediente de cesión do uso de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do Regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por todo o exposto, e tendo en conta o informe favorable da, no seu día, Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, e de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día seis de novembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdanse as cesións a título gratuíto que a continuación se relacionan:

  1. A favor do Concello da Laracha do dereito de uso dun edificio de planta baixa no lugar ó que lle chaman Granda, dunha superficie de 142,20 m, con terreo unido, tendo todo o conxunto unha cabida de 304 m, situado na parroquia de Torás, municipio da Laracha (A Coruña), hoxe avenida de Fisterra, nº 130. Estrema: norte, herdeiros de Antonio Barreiro; sur, estrada da Coruña; leste, Jesusa Zas Castiñeiras; e oeste, Máximo Zas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR