Decreto 24/2007, do 8 de febreiro, polo que se aceptan as doazóns de bens culturais feitas pola Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia á Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

Con data do 30 de novembro de 2006, a Consellería de Cultura e Deporte remitiulle á Consellería de

Economía e Facenda o expediente de doazón de dereitos de reprodución e copia dixital de imaxes fotográficas de titularidade da Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia (Ourense).

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o expediente de aceptación, logo dos respectivos informes favorables da Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia e da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural.

De acordo co disposto no artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 34.1º do regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens, a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día oito de febreiro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Aceptar nos termos establecidos pola Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia (Ourense) as doazóns que a continuación se relacionan:

Tipo de ben: 1.022 fotografías en cor e en branco e negro.

Soporte : copia en CD Rom.

Medidas: varias.

Cronoloxía: finais do século XIX-século XXI.

Propietario: Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR