Resolución do 13 de febreiro de 2006 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para proxectos empresariais de investimento.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorINSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Rango de LeyResolución

Mediante Resolución do 11 de marzo de 2005 fíxose pública a nova regulamentación das bases reguladoras das axudas do Igape para proxectos empresariais de investimento (DOG nº 58, do 28 de marzo), aprobadas polo Consello de Dirección do Igape na súa reunión do 24 de febreiro de 2005.

Coa finalidade principal de favorecer a implantación de novas empresas e contribuír tamén ao mantemento e progresión das existentes na comunidade autónoma, así como para fomentar o desenvolvemento equilibrado do territorio galego e a creación de emprego de calidade e de carácter indefinido.

Na procura dunhas condicións que contribúan a incrementar o atractivo investidor da Comunidade Autónoma de Galicia en termos de competitividade interterritorial, o Igape, no seu papel de instrumento básico de promoción económica para esta comunidade autónoma, considera conveniente reformular os instrumentos de apoio e incentivo ao investimento empresarial en Galicia.

Por outra banda, as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, estiveron sometidas nos últimos anos a un proceso de reestruturación, sobre todo no sector público naval e mineiro, cunha grande incidencia na perda de emprego, capacidade produtiva e tecido industrial.

Ante a situación que se vén prolongando e, se cabe, agravando nos últimos anos na economía e desenvolvemento empresarial en Ferrolterra, as distintas administracións veñen de adoptar medidas específicas de apoio que, o Igape, como instrumento esencial para o desenvolvemento económico de Galicia, debe reforzar, coordinar e, consecuentemente, afondar nas posibilidades de fomento da capacidade de reindustrialización e progreso sostido da zona.

Polo tanto, co obxecto de contribuír ao cumprimento dos retos de reforzo e progreso socioeconómico de Ferrolterra, as solicitudes presentadas ata o 31 de outubro de 2006 para proxectos localizados nas comarcas de Ferrol, Eume ou Ortegal, seguirán a regulación especifica sinalada nunha disposición transitoria ás bases reguladoras.

Por último, para a coordinación coa regulamentación das axudas derivadas da Lei de incentivos rexionais considérase oportuno modificar a disposición transitoria primeira, tendo en conta que as

medidas específicas para municipios da Costa da Morte e determinados municipios de Lugo e Ourense rexerán unicamente para as concesións con data anterior ao 31 de decembro de 2006.

Na súa virtude, modifícanse os puntos que de seguido se sinalan das bases reguladoras das axudas do Igape para proxectos empresariais de investimento (DOG nº 58, do 28 de marzo) acordados polo Consello de Dirección do Igape na súa reunión do 2 de febreiro de 2006:

Primeiro.-A base 3ª.-Requisitos dos beneficiarios, substitúese polo seguinte texto:

Base 3ª.-Requisitos dos beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios:

3.1. Aquelas sociedades con obxecto empresarial que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter radicado ou prever a radicación dalgún centro de actividade de carácter permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Desenvolver en Galicia algunha das actividades subvencionables que se sinalan na base 4.1.

c) Presentar un proxecto no que a súa base subvencionable, segundo a base 5ª, ascenda como mínimo aos 600.000 euros e que sexa considerado viable técnica, económica e financeiramente polo Igape. Para os proxectos de ampliación ou modernización o investimento subvencionable deberá ser, ademais, superior a 1,5 veces a dotación media para amortizacións, circunscrita ao centro obxecto dos novos investimentos, nos 3 últimos exercicios pechados.

d) Achegar para o proxecto de investimento un autofinanciamento de polo menos un 30% do seu importe, que non poderá ser obxecto de axuda ou subvención ningunha.

e) Para aquelas empresas non consideradas novas empresas segundo a base 3.2, acreditar a existencia, na data de solicitude, de polo menos un 50% de empregos con contrato indefinido nos seus centros de traballo radicados en Galicia.

f) Comprometerse a manter o emprego existente segundo o establecido na base 13.4.1 a).

g) Comprometerse a crear polo menos 5 postos de traballo de carácter indefinido nos seus centros de traballo en Galicia.

h) Comprometerse a manter unha determinada composición do accionariado nos supostos en que esta represente un elemento substancial para garantir a viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto e así se establecese na resolución de concesión.

3.2. Para os efectos previstos nestas bases, entenderase por novas empresas, as que a súa data de inicio de actividade sexa inferior a un ano natural á data de presentación da solicitude das axudas.

3.3. Excepcionalmente e logo de xustificación, o Consello de Dirección do Igape poderá:

a) Excepcionar o requisito de investimento subvencionable mínimo superior a 600.000 euros cando a iniciativa empresarial se considere de especial impacto económico no territorio en que se implante ou de especial interese sectorial.

b) Excepcionar a exixencia das condicións de emprego establecidas nas alíneas e), f) e g) da base 3.1 anterior nos casos de estacionalidade da actividade ou das especiais condicións dun sector ou dunha empresa que requiran un importante esforzo investidor de cara a garantir a súa competitividade. Nestes casos, a resolución de concesión establecerá as condicións específicas a cumprir relativas ao emprego

.

Segundo.-O número 1 da base 4ª.-Actividades subvencionables, substitúese polo seguinte texto:

4.1. Serán subvencionables ao abeiro deste programa, os proxectos de investimento en Galicia para a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR