Decreto 36/2006, do 23 de febreiro, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Deporte.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE
Rango de LeyDecreto

O Estatuto de autonomía de Galicia no seu artigo 1.2º establece que a comunidade autónoma, a través de institucións democráticas, asume como tarefa principal a defensa da identidade de Galicia. Así mesmo, o seu artigo 32 manifesta que corresponde á nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. Neste marco, a Consellería de Cultura e Deporte, configurada ao abeiro do Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, asume as competencias que facultarán o deseño, programación, desenvolvemento e execución da política cultural do Goberno de Galicia en todas as súas vertentes, así como as facultades e funcións en materia deportiva, consonte o réxime competencial recollido no título II do devandito texto estatutario.

Procede, xa que logo, o desenvolvemento da súa estrutura orgánica básica ata o nivel de xefatura de servizo, distribuíndo as funcións de xeito que permita a máxima eficacia e eficiencia no exercicio delas.

De acordo co exposto, por proposta da conselleira de Cultura e Deporte, co informe previo das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Economía e Facenda, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e tres de febreiro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º Competencias.

A Consellería de Cultura e Deporte é o órgano da Administración da comunidade autónoma ao que lle corresponden as competencias en materia de creación e difusión cultural, patrimonio cultural, os aspectos vinculables á protección do patrimonio cultural da Cidade e dos Camiños de Santiago, e o fomento e promoción da cultura física e o deporte, segundo o establecido no Estatuto de autonomía.

Artigo 2º Órganos.
  1. A Consellería de Cultura e Deporte desempeñará as funcións da súa competencia a través dos seguintes órganos:

    1. A conselleira.

    2. A Secretaría Xeral.

    3. A Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.

    4. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

    5. A Dirección Xeral para o Deporte.

    6. Os órganos colexiados.

    7. As delegacións provinciais.

  2. Queda adscrito a Consellería de Cultura e Deporte, sen prexuízo da súa personalidade xurídica propia, como organismo autónomo o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, creado pola Lei 4/1989, do 21 de abril.

Artigo 3º A conselleira.

A conselleira é a autoridade superior da consellería, e con tal carácter está investida das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

Artigo 4º A Secretaría Xeral.

Un. A Secretaría Xeral exercerá as funcións sinaladas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, ademais das que lle sexan encomendadas por delegación do titular do departamento.

Dous. Baixo a dependencia directa do secretario xeral existirán as seguintes unidades:

  1. Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario.

    Exercerá as funcións de xestión de todo o persoal, a coordinación da elaboración do anteproxecto do orzamento, o seu seguimento e control, a xestión da contratación administrativa e económica, a organización do rexistro e os demais aspectos relacionados co réxime interior.

    Para iso contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

    1.1. Servizo de Persoal.

    Correspóndenlle a este servizo as funcións de:

    1. Tramitación, custodia e arquivo dos expedientes administrativos relativos ao persoal funcionario e laboral dependente da consellería.

    2. Xestión e tramitación da nómina.

    3. Programación das necesidades de persoal da consellería.

    4. Control de asistencia e puntualidade.

    5. Aqueloutras actividades relativas ao persoal da consellería que, no seu ámbito de competencia, lle encomende o secretario xeral.

      1.2. Servizo de Réxime Interior e Xestión Orzamentaria.

      Este servizo desenvolverá as seguintes funcións:

    6. Elaboración do anteproxecto de orzamentos da consellería.

    7. Execución, coordinación, seguimento e control do orzamento así como a proposta e xestión das súas modificacións.

    8. Habilitación de pagamentos.

    9. Rexistro xeral da consellería e réxime interior.

      1.3. Servizo de Obras e Contratación.

      Correspóndelle a tramitación dos expedientes de contratación sometidos á normativa reguladora dos contratos das administracións públicas, calquera que sexa o seu tipo ou forma de adxudicación, así como o seguimento e control da execución de todos os contratos que non estea expresamente atribuída a outros órganos.

      1.4. Servizo de Supervisión de Proxectos.

      Correspóndenlle a este servizo as funcións de:

    10. Elaboración de instrucións, control e supervisión dos proxectos de obra nova, ampliacións, reposicións e rehabilitacións integrais que execute esta consellería e non lle correspondan a outra unidade.

    11. Realización das actas de replanteo.

    12. Seguimento e control da execución das obras en todas as súas fases, así como a realización dos informes e actuacións que sexan necesarios, ata a súa recepción.

    13. Supervisión e informe de certificacións de obra e honorarios facultativos.

    14. Supervisión e visado de Plans de Seguridade e Saúde no Traballo.

    15. Tramitación dos expedientes de expropiación instruídos pola consellería.

    16. Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

      1.5. Servizo Técnico-Xurídico.

      Correspóndenlle a este servizo as seguintes funcións:

    17. O estudo e tramitación dos anteproxectos de disposicións de carácter xeral, a elaboración de recompilación de normas e a proposta de refundición de normas emanadas da consellería.

    18. O estudo, tramitación e formulación de propostas de resolución dos recursos e reclamacións que debe resolver a conselleira.

    19. O estudo, preparación e tramitación dos expedientes que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais, así como o traslado dos seus acordos.

    20. O rexistro, arquivo e custodia das disposicións legais emanadas da consellería.

    21. A tramitación dos requirimentos e peticións formuladas á consellería polos xulgados, tribunais, o Defensor do Pobo, o Valedor do Pobo e institucións similares.

    22. O exercicio das funcións que a consellería teña encomendadas en relación coas fundacións de interese galego, sobre as que lle corresponda exercer o protectorado.

    23. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia polo secretario xeral.

  2. Dependendo organicamente da Secretaría Xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, existirán as seguintes unidades:

    1. Intervención Delegada.

    2. Asesoría Xurídica, que se rexerá polo disposto no Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta

    de Galicia aprobado polo Decreto 343/2003, do 11 de xullo.

Artigo 5º A Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.

Un. Correspóndelle á Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural a dirección e coordinación das atribucións da consellería en materia de promoción cultural, do libro e bibliotecas e entre elas as seguintes:

  1. A promoción das relacións culturais en Galicia, a potenciación da creación e a innovación cultural e o apoio ás casas de cultura, centros e entidades socio-culturais.

  2. A colaboración no desenvolvemento do teatro, a danza, a música, as artes líricas e coreográficas.

  3. A posta en práctica de medidas de apoio para os artistas e creadores e a súa participación na programación cultural.

  4. O establecemento de canles de información e promoción da investigación no eido cultural.

  5. O estímulo da creación literaria, artística e musical e das publicacións.

  6. A elaboración de plans respecto da política do libro de acordo coas necesidades culturais de Galicia.

  7. A execución da lexislación sobre propiedade intelectual e a xestión do depósito legal.

  8. As autorizacións para a realización de feiras e exposicións do libro e do material bibliográfico.

  9. A orientación do servizo público da lectura para difundir a cultura por medio do libro e os novos soportes dixitais.

  10. A organización e aprobación dos expedientes de creación de novas bibliotecas ou servizos bibliotecarios, dos seus regulamentos e concertos e a organización de cursos de formación de bibliotecarios.

  11. A promoción e difusión do patrimonio audiovisual galego e das artes da imaxe.

  12. O fomento da creación, produción e divulgación cinematográfica, videográfica, audiovisual e multimedia.

  13. A programación e realización de exposicións relacionadas coas principais tendencias e ámbitos da creación artística contemporánea e, moi especialmente, a creación artística nacida ou relacionada con Galicia.

  14. A coordinación e supervisión das actuacións do Centro Galego de Arte Contemporánea.

    ñ) A organización e fomento de iniciativas e actividades orientadas á potenciación da dimensión internacional da cultura galega.

  15. O estímulo e impulso á presenza das diferentes manifestacións da identidade cultural galega nas redes telemáticas e nos procesos de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR