Resolución do 3 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2004 do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o texto da revisión salarial para o ano 2004 do convenio colectivo da empresa Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense para o ano 2004 (código de convenio número 3200442-publicado no BOP número 152, do 4 de xullo de 2003), con entrada nesta delegación provincial, subscrita pola empresa, a comisión paritaria do convenio e os compoñentes do comité e empresa, en representación da parte económica e da parte social, con data do 29 de xaneiro de 2004, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores; Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios de Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás repre

sentacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (UMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 3 de febreiro de 2004.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Anos 2003-2004

Fábrica Ourense

Revisión salarial

Ano 2004

Relación de artigos obxecto de revisión salarial para o ano 2004.

Artigo 25º Salarios.
Artigo 26º Complemento de puntualidade e prima de asistencia.
Artigo 27º Primas de producción directa.
Artigo 28º Primas de producción indirecta.
Artigo 29º Primas de cualificación de postos de peóns e especialistas.
Artigo 31º Primas de postos non cronometrados.
Artigo 32º Postos tóxicos, penosos e perigosos.
Artigo 33º Complementos por condicións especiais de traballo.
Artigo 35º Antigüidade.
Artigo 36º Complemento por xornada a quendas.
Artigo 37º Complemento por adaptación xornada laboral.
Artigo 42º Bolsas de estudio.
Artigo 47º Economato.

Anexo I do convenio colectivo para o ano 2004.

  1. Relación de complementos non recollidos en convenio para o ano 2004.

Artigo 25º Salarios.

O 1º de xaneiro de 2004 os salarios de fábrica experimentarán un aumento do 2,9%, que se aplicará de forma proporcional para tódolos traballadores e sobre salarios e primas.

  1. Retribución do persoal horario.

    Componse de salarios convenio, prima de producción (nos casos establecidos) e prima de posto (nos casos establecidos).

    O salario convenio, que con carácter de mínimo corresponde a cada categoría, é o seguinte:

    Peóns ordinarios: 3,3601 euros brutos/h ou 26,8806 euros brutos/día.

    Peóns especializados: 3,4477 euros brutos/h ou 27,5818 euros brutos/día.

    Especialistas: 3,5354 euros brutos/h ou 28,2831 euros brutos/día.

    Especialistas cualificados: 3ª 3,5787 euros brutos/h ou 28,6294 euros brutos/día.

    Especialistas cualificados 2ª: 3,6219 euros brutos/h ou 28,9754 euros brutos/día.

    Especialistas cualificados 1ª: 3,6652 euros brutos/h ou 29,3213 euros brutos/día.

    Esp. cual. xefe equipo: 3,7759 euros brutos/h ou 30,2069 euros brutos/día.

    Oficiais de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR