Resolución do 4 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de hostalería.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o texto do convenio colectivo do sector de hostalería, con nº de código 3600765, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-1-2003, subscrito en representación da parte económica pola Federación Provincial de Empresarios de Hostalería (Feprohos), Asociación de Empresarios de Hospedaxe da Provincia de Pontevedra (Asehospo) e a Asociación de Salas de Festas e Recreativos, e, da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 17-11-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de febreiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial de hostalería

Anos 2002, 2003 e 2004

  1. Ámbito de aplicación e disposicións xerais.

Artigo 1º Ámbito persoal e territorial.

A regulación das condicións de traballo, a través da negociación colectiva contida neste convenio, rexerá para as empresas e traballadores/as que, con centros de traballo radicados na provincia de Pontevedra, se dediquen á actividade de hostalería incluídas as recreativas e de ocio, e carezan de convenio propio.

Artigo 2º Vixencia e efectos económicos.

Con independencia da data en que se asine e da súa publicación no BOP, este convenio terá vixencia e efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de 2004.

Artigo 3º Denuncia.

A denuncia deste convenio colectivo, efectuada por calquera das partes lexitimadas para iso, realizarase por escrito no que constarán os artigos que se pretendan renegociar, ou a proposta de modificación que se solicita, co cal perderán a súa vixencia. Os demais seguirán vixentes un ano máis.

Co fin de evitar un baleiro legal, os artigos denunciados que no teñan cobertura por disposición legal manterán a súa vixencia en tanto no se substitúan por outros negociados entre as partes interesadas, quedando no demais as relacións entre empresa e traballador/a suxeitas ó que dispoña a lexislación legal vixente aplicable ó caso.

Da denuncia, efectuada conforme o parágrafo primeiro, darase traslado, dentro dos tres últimos meses de vixencia do convenio, a cada unha das partes que, segundo consta no artº. 5º, o negociaron.

En caso de non efectuarse a denuncia na forma prevista, este convenio prorrogarase de maneira automática en tódolos súas termos por un prazo dun ano e así sucesivamente en tanto non se faga a correspondente denuncia.

Artigo 4º Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria con fins de interpretación e vixilancia do cumprimento das estipulacións do convenio.

Formarán parte desta os vocais que en representación dos traballadores e empresarios asinaron o acordo este convenio, e será convocada cando así o solicite calquera das partes.

Artigo 5º Partes negociadoras.

Interviñeron na negociación deste convenio, en representación dos traballadores/as, as centrais sindicais CC.OO., UGT, e CIG e por parte empresarial, a Federación Provincial de Empresarios de Hostalería (Feprohos), a Asociación de Salas de Festas e Recreativos e a Asociación de Empresarios de Hospedaxe da Provincia de Pontevedra (Asehospo).

Artigo 6º Condicións máis beneficiosas.

A tódolos traballadores /as respectaráselles como condición máis beneficiosa a cantidade que viñera percibindo, en canto fora superior á que resulte por aplicación deste convenio, excluíndo no dito cómputo comparativo anual os importes correspondentes ós complementos de: antigüidade, manutención e aloxamento, por dereitos adquiridos a 31-12-1997,

e transporte mensual, conceptos estes que ó no entrar no referido cómputo anual se percibirán con independencia do seu resultado.

Artigo 7º Lexislación subsidiaria.

No non previsto neste convenio haberá que aterse ó disposto na lexislación e/ou normativa de carácter xeral legalmente vixente en cada momento e aplicable ó caso.

  1. Contratacións e cesamentos.

Artigo 8º Contratacións.

O contrato de traballo poderase celebrar nas diferentes formas establecidas pola normativa laboral vixente en cada momento, formalizándose por escrito nos supostos que contemple a lexislación conforme esta, entregándolle copia deste contrato ó interesado/a.

Cando se celebren contratos, ó abeiro do artigo 15 punto b) da Lei 1/1995, do 24 de marzo, estes poderán ter unha duración máxima de 12 meses dentro dun período de 18. No caso de que se concerte o contrato por un prazo inferior ós doce meses, poderá ser prorrogado por unha única vez mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo.

Tódolos contratos eventuais ou por obra ou servicio terán unha indemnización a súa finalización de 10 días de salario por ano traballado durante o ano 2003 e 12 días de salario por ano traballado a partir do 1 de xaneiro de 2004, ou no seu defecto, da parte proporcional que lle corresponda se a duración do contrato fose inferior a un ano.

Contratos formativos (artigo 11, punto 2, letra c) da Lei do Estatuto dos traballadores (LET). En ningún caso, a duración mínima pode ser inferior a 6 (seis) meses nin a máxima superior a 3 (tres) anos e a súa retribución será o 80% o primeiro ano de contrato e o 85% os dos seguintes, calculado sobre o salario fixado en convenio para a categoría en que se vai forma-lo traballador.

A partir do 1-1-2003, as empresas que en temporada baixa teñan máis de dez traballadores, obríganse a ter unha porcentaxe mínima dun 35% fixos. Cando por aplicación da porcentaxe resultase unha fracción, esta redondearase á alza ou á baixa, servindo como referencia o 0,50.

Artigo 9º Cesamentos.

O cesamento voluntario por dimisión do traballador/a, nos casos que recolle a lei, deberá ser comunicado á empresa de forma fidedigna cunha antelación mínima de quince días á data en que deba producirse.

O incumprimento desta obriga sancionarase por parte da empresa na forma prevista na mesma lei, norma ou regra vixente en cada momento.

Artigo 10º Información sindical.

En cumprimento do disposto no artigo 1 da Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, e en tanto conserve esta

a súa vixencia, a empresa estará obrigada a entregarlles ós representantes dos traballadores/as esta, a documentación a que fan referencia os números 1 e 2 do citado artigo, así como a información á que alude, o número 3 deste.

Os representantes dos traballadores/as asumen así mesmo, a obriga de sixilo con respecto ós datos que, en cumprimento das disposicións citadas, obteñan da empresa. O incumprimento desta obriga de sixilo supoñerá o quebrantamento de segredo profesional.

Artigo 11º Liquidacións por cesamento.

A empresa entregará unha proposta de liquidación das cantidades debidas xuntamente coa comunicación de aviso previo de extinción do contrato ou da súa denuncia, cando o traballador/a o solicite.

Cando o traballador/a o solicite no momento da sinatura do seu recibo de liquidación (anexo III), a empresa permitirá a presencia dun dos seus representantes nesta e se non o houbera, e o traballador/a o solicita, permitirá a de calquera outro representante legal.

Se estivese no seu dereito e dentro dos prazos previstos pola lei para iso, o traballador/a poderá efectuar reclamación sobre a súa liquidación, relacionada ó período en que prestou os seus servicios na empresa.

Artigo 12º Mobilidade funcional.

O traballador/a deberá cumpri-las instruccións do empresario ou persoa en quen este delegue no exercicio habitual das súas facultades organizativas e directivas, debendo executa-los traballos e tarefas que se lle encomenden, dentro do contido xeral da prestación laboral. Neste sentido, poderá levarse a cabo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR