Decreto 26/2009, do 12 de febreiro, polo que se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para o Complexo Hospitalario de Montecelo-Pontevedra.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 24 de maio de 2007, adoptou o acordo de declarar a incidencia supramunicipal do proxecto sectorial para o Complexo Hospitalario de Montecelo-Pontevedra, conforme o establecido no artigo 22.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, quedando definitivamente aprobado o referido proxecto na reunión do Consello da Xunta de Galicia do 11 de decembro de 2008, declarando, así mesmo, a utilidade pública para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto sectorial.

A dita actuación ten por obxecto dotar Pontevedra dunha infraestrutura moderna e funcional para a prestación de servizos sanitarios de calidade, ante a constatación dunha situación de planificación da atención especializada en Pontevedra nada axeitada, baseada en dous edificios diferenciados e distantes, unha planificación illada e non coordinada para o norte da provincia de Pontevedra, o que permite pensar nun hospital único para Pontevedra.

Estas actuacións tradúcense na construción dun novo edificio que permitirá incrementar ás áreas asistenciais de: urxencias incrementando o número de locais e creando un laboratorio específico, potenciar as alternativas de atención sen ingreso contando con máis locais de consultas externas, postos de hospital de día e cirurxía ambulatoria, así como o número de camas de hospitalización, o que permitirá absorber as novas necesidades sanitarias da poboación.

Considérase xustificada a declaración de urxente ocupación pola necesidade de dotar a provincia de Pontevedra dos recursos necesarios para prestar unha atención sanitaria de calidade, pola súa incidencia favorable na prestación dunha actividade asistencial máis eficaz, de acordo co artigo 32 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, que recolle como principios do sistema público de saúde de Galicia, entre outros, os principios de adecuación das prestacións sanitarias ás necesidades de saúde da poboación; a calidade dos servizos e a mellora continúa, cunha énfase especial na calidade da atención clínica e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR