Resolución do 22 de febreiro de 2006, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se regula o desenvolvemento dos programas de garantía social en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2006-2007.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyResolución

A Orde do 5 de maio de 1997 (Diario Oficial de Galicia do 29 de maio) regula os programas de garantía social na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de facilitar a reinserción no sistema educativo da xente nova ou ben posibilitar o principio constitucional de acceso a un posto de traballo nas mellores condicións posibles para aqueles que decidan incorporarse á vida activa.

O Plan Galego de Formación Profesional refírese aos programas de garantía social no seu punto 6.2.4 ao propor un plan de reforzo da implantación destes programas.

Deste modo, coa oferta postobrigatoria e profesionalizadora que constitúen os programas de garantía social, o principio educativo de extensión do dereito á educación adquire un maior significado. O seu exercicio en condicións crecentes de calidade é un instrumento para evitar a desigualdade, xa que lle ofrece a este alumnado unha resposta específica que contribúe a potenciar a súa madureza, así como a lograr a autonomía necesaria para operar no seu medio e a adquirir as aprendizaxes básicas. É, pois, unha medida máis de compensación da situación de desvantaxe e de desigualdade de oportunidades que cómpre desenvolver co

fin de evitar a discriminación derivada de factores sociais, culturais, económicos, étnicos ou doutra índole, que lle impide a un determinado alumnado acceder ao ensino en condicións de igualdade.

En virtude do punto décimo terceiro da citada Orde do 5 de maio de 1997, e coa finalidade de desenvolver aqueles aspectos que a completen e permitan levar a cabo os programas de garantía social durante o curso 2006-2007, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Destinatarios.

Poderán acceder aos programas de garantía social as persoas menores de 21 anos que, polo menos, cumpran 16 anos no ano natural en que inicien o programa e se atopen nalgunha das seguintes condicións:

  1. Estaren escolarizadas no segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria e, tendo accedido a un programa de diversificación curricular, a xuízo do equipo educativo que os atende, non estar en condicións de acadar os obxectivos da etapa por esa vía. Excepcionalmente, tamén poderá acceder o alumnado ao que non lle fora posible cursar un programa de diversificación curricular e se atope, a xuízo do equipo educativo, en grave risco de abandono escolar. O acceso aos programas de garantía social realizarase logo da avaliación psicopedagóxica, oídos os alumnos e os seus pais ou titores legais.

  2. Estaren desescolarizadas e non posuíren titulación académica superior a do graduado escolar ou, tendo acadada esa titulación, carecer do título de formación profesional de primeiro grao.

  3. Teren unha oferta dunha empresa para un contrato de formación.

Aquelas empresas que desexen realizar un contrato de formación a persoas que reúnan os requisitos de acceso aos programas de garantía social recollidos nesta resolución acordarán cos centros educativos que impartan estes programas o número de prazas para a área de formación básica e aqueloutras complementarias do programa.

Este alumnado poderase incorporar ao longo da realización destes programas.

Segundo.-Obxectivos.

Os programas de garantía social nas súas distintas modalidades orientaranse á consecución dos obxectivos indicados no punto segundo da Orde do 5 de maio de 1997.

O alumnado que siga os programas de garantía social poderá compatibilizalos coa obtención do título de educación secundaria polo réxime de adultos, cando a compatibilidade de horario o permita.

Así mesmo, poderá realizar as probas libres para a obtención do título de educación secundaria obrigatoria, que convoca a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sempre e cando reúna os requisitos da convocatoria.

O alumnado que supere un programa de garantía social, aínda que non cumpra o requisito de idade, poderá presentarse ás probas de acceso a ciclos for

mativos de grao medio que convoca a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para posibilitar a súa continuación no sistema educativo e a adquisición dunha maior cualificación profesional.

Terceiro.-Constitución de grupos.

Os programas de garantía social desenvolveranse en grupos cun mínimo de 10 alumnos e alumnas e un máximo de 15. En todos os programas poderá participar alumnado con necesidades educativas especiais, e non se poderán incorporar máis de tres alumnos destas características por grupo; de ser así, o número máximo de alumnos que constituirán o grupo reducirase en igual número ao de alumnos integrados. Non obstante, cando existan como mínimo oito alumnos con necesidades educativas especiais que, polas súas características, poidan ter dificultades para se integraren nun programa de garantía social, poderá constituírse un grupo exclusivamente para este colectivo.

Cuarto.-Modalidades de programas.

Os centros educativos públicos poderán acollerse aos programas de garantía social que figuran no anexo I e que responden ás seguintes modalidades:

-Programas de formación educativa e profesional: programas que se desenvolverán integramente nun centro educativo en que se impartan ensinanzas de educación de secundaria, de educación de adultos, de artes plásticas e deseño, e de educación especial.

-Programas de iniciación profesional: programas en que a área de formación básica se desenvolva nun centro educativo dos indicados no punto anterior e a de formación profesional específica en colaboración con entidades da Administración local, con institucións públicas ou privadas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR