DECRETO 41/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

A Lei de saúde de Galicia sinala que lle corresponden á Consellería de Sanidade as competencias en materia de saúde, atribuídas á Comunidade Autónoma polo Estatuto de autonomía de Galicia. Igualmente asume a dirección do Sistema público de saúde de Galicia, conforme os principios obxectivos da concepción integral da saúde, na cal se inclúe a promoción da saúde, a protección fronte á situación e circunstancias que supoñen un risco para ela, a calidade dos servizos e a mellora continua da organización sanitaria, a atención ás necesidades de saúde da poboación, así como a eficiencia, efectividade e eficacia na xestión do sistema sanitario.

Para acadar estes obxectivos a Consellería de Sanidade debe dispor dunha organización administrativa que actúe con eficacia na xestión dos servizos que ten encomendados, conforme os criterios de austeridade e eficiencia que ten establecidos a Xunta de Galicia. Estes criterios, que xa foron unha referencia na anterior lexislatura, mantéñense e mesmo incrementan a súa incidencia nesta, coa aprobación do Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, no cal se produce unha diminución significativa da estrutura da Xunta de Galicia.

Conforme o establecido no decreto citado, a Consellería de Sanidade dispón dunha estrutura directiva reducida, da cal forman parte como órganos superiores a persoa titular da Consellería, a Secretaría Xeral Técnica e a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.

Polo que se refire á estrutura periférica da Consellería, mantense a existente ata o momento coas xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra. Na Delegación Territorial de Vigo sitúase o Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios con competencia para todo o ámbito da provincia de Pontevedra.

Con respecto ao modelo organizativo mantense o criterio de separar a planificación, a ordenación, o financiamento e a avaliación da xestión do Sistema público de saúde de Galicia, que corresponde á Consellería de Sanidade, así como as competencias en materia de innovación e saúde pública, sen prexuízo das competencias que asuma a axencia a que se fai referencia na disposición adicional quinta do Decreto 235/2012, do 5 de decembro. O Servizo Galego de Saúde, polo súa parte, encargarase da provisión de recursos e da realización das prestacións sanitarias, como provedor de servizos.

Así mesmo, establécense na estrutura os órganos colexiados de participación e de coordinación da Consellería, diminuíndo estes últimos con respecto aos existentes ata o momento, e quedando unicamente o Consello de Dirección da Consellería que asume as funcións do Comité Executivo, cuxa composición se modifica igualmente.

Xa que logo, en virtude do disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta da conselleira de Sanidade, cos informes previos da Consellería de Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e un de febreiro de dous mil trece,

DISPOÑO:

CAPÍTULO IÁmbito competencial

Artigo 1 Ámbito competencial
  1. A Consellería de Sanidade é o órgano da Administración autonómica responsable da superior dirección e control do desenvolvemento das funcións e competencias que corresponden á Xunta de Galicia en materia de sanidade, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia, na Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, e na Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica.

  2. Así mesmo, correspóndelle o exercicio das competencias que para situacións sanitarias urxentes ou de necesidade se recollen na Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, de medidas especiais en materia de saúde pública.

Artigo 2 Estrutura xeral da Consellería
  1. A Consellería de Sanidade, para o cumprimento das súas funcións, contará coa seguinte estrutura nos seus servizos centrais:

    I) Órganos centrais.

    1. A conselleira.

    2. A Secretaría Xeral Técnica.

    3. A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.

      II) Órganos colexiados.

    4. O Consello Galego de Saúde e o Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia.

    5. O Consello de Dirección da Consellería de Sanidade.

      III) Órganos periféricos.

      As xefaturas territoriais.

  2. Está adscrito á Consellería de Sanidade o Servizo Galego de Saúde, organismo autónomo de carácter administrativo regulado pola Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, de creación do Servizo Galego de Saúde.

    CAPÍTULO IIÓrganos centrais

Artigo 3 A conselleira

A conselleira de Sanidade é a autoridade superior da Consellería, e con tal carácter desempeña e exerce as competencias que lle confiren a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica de Galicia, e demais normativa de aplicación.

Artigo 4 A Secretaría Xeral Técnica
  1. A Secretaría Xeral Técnica exercerá as funcións e competencias establecidas no artigo 29 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, en relación con todas as unidades e servizos dependentes da Consellería de Sanidade e a inspección dos servizos, centros e organismos dependentes ou adscritos á Consellería, sen prexuízo das funcións que se lles atribúan a outros órganos das diferentes consellerías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

  2. Correspóndenlle tamén:

  1. Con respecto aos sistemas e tecnoloxías de información, e baixo a perspectiva de articular un proxecto único para a Consellería de Sanidade e para o Servizo Galego de Saúde, o deseño da estrutura básica do sistema de información do sistema sanitario de Galicia, a normalización, mantemento e explotación dos sistemas e tecnoloxías de información e a definición, coordinación e supervisión dos plans de información e sistemas da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, sen prexuízo das funcións atribuídas a outros órganos das consellerías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou a outras entidades instrumentais. A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade poderá definir e articular as comisións técnicas necesarias para o seu desenvolvemento.

  2. A inspección, que se exercerá sobre todos os centros, servizos, establecementos e prestacións sanitarias e farmacéuticas de titularidade pública ou privada da Comunidade Autónoma de Galicia. Os efectivos que desenvolvan esta función dependerán organicamente da xefatura territorial que corresponda e funcionalmente da Secretaría Xeral Técnica.

  3. A ordenación das actuacións preliminares ou investigacións reservadas previas, e a iniciación dos procedementos disciplinarios e o exercicio das potestades disciplinarias dos recursos humanos da Consellería e do Servizo Galego de Saúde, sen prexuízo das competencias atribuídas á Consellería de Facenda.

  4. A ordenación das actuacións preliminares ou investigacións reservadas previas e a iniciación e resolución dos procedementos sancionadores a centros, servizos e establecementos sanitarios, incluídas as oficinas de farmacia e almacéns farmacéuticos de distribución, dos servizos de farmacia e depósitos de medicamentos, das boticas anexas e dos establecementos de fabricación, distribución e de venda de produtos sanitarios, sen prexuízo dos supostos en que a resolución dos procedementos corresponda a outros órganos distintos, de acordo co previsto na normativa vixente.

  5. O exercicio das funcións e competencias que lle son atribuídas en materia de oficinas de farmacia.

  6. A elaboración, redacción, seguimento e avaliación dos plans de traballo establecidos no ámbito da sanidade galega, así como as funcións de coordinación, apoio e documentación nas relacións que, en materia sanitaria, mantén a consellería con outras administracións públicas e co Consello Interterritorial do Sistema Nacional da Saúde.

  7. A coordinación da biblioteca virtual-Bibliosaúde do Sistema público de saúde de Galicia, para o cal contará co apoio da Comisión Técnica Asesora de Bibliosaúde.

  8. A coordinación das actuacións relacionadas coa planificación, ordenación, aseguramento sanitario e o sistema de información poboacional do Sistema sanitario público de Galicia, sendo competente para resolver as solicitudes de incorporación de técnicas, tecnoloxías e procedementos á súa carteira de servizos, sen prexuízo das competencias atribuídas a outras entidades.

  9. Aquelas competencias que lle atribúa a normativa en vigor e o exercicio das funcións que lle sexan...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR