Decreto 13/2005, do 3 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

Cómpre facer as necesarias modificacións na estrutura da Consellería de Sanidade, co fin de reforzar o papel que a Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia (Losga) lle atribúe á Consellería de Sanidade como autoridade sanitaria e como órgano responsable da dirección do sistema sanitario de Galicia, coas funcións estratéxicas de fixar os obxectivos de mellora da saúde, garantir o dereito ás prestacións sanitarias de cobertura pública, delimitar os dispositivos e medios de titularidade pública ou adscritos ao sistema, segundo as necesidades de saúde da poboación, dirixir a Rede Galega de Atención Sanitaria de Utilización Pública e realizar as actuacións de autoridade sanitaria.

Estas funcións desenvólvense de acordo cos principios establecidos na Losga, con especial énfase na orientación cara aos cidadáns e participación social, na concepción integral da saúde, na universalidade do dereito ás prestacións de cobertura pública, na promoción da equidade no acceso aos servizos e prestacións sanitarios e no equilibrio terri

torial, cunha atención de calidade personalizada e humanizada, tanto na vertente clínica e organizativa coma na atención aos cidadáns.

O aseguramento único e público constitúe unha característica da Rede Galega de Atención Sanitaria de atención pública, de cara a garantir o exercicio dos dereitos dos cidadáns definidos polo título VIII da Losga, que afectan tanto o ámbito da promoción e protección da saúde coma as prestacións asistenciais, garantindo a equidade no acceso ás prestacións e servizos sanitarios. Inclúe tamén a definición da carteira de servizos e a incorporación ordenada das novas tecnoloxías sanitarias, establecendo os niveis estándares de calidade; o seguimento da equidade nas listas de espera e o establecemento de tempos de garantía.

A política sanitaria e sociosanitaria concrétanse no Plan de Saúde de Galicia, que determina os seus obxectivos básicos, sendo o instrumento superior de planificación e dirección do sistema sanitario de Galicia, que orienta todas as accións que teñen relación cos factores determinantes da saúde de acordo cos principios que inspiran o sistema sanitario galego.

As actuacións en materia de saúde pública, desde a perspectiva do conxunto da poboación galega, concrétanse na medición do nivel de saúde, na identificación dos problemas de saúde da poboación e na investigación das súas causas e determinantes, no establecemento de medidas de protección da saúde fronte a riscos ambientais, no control e na prevención das enfermidades transmisibles, na promoción de hábitos de vida saudables, no control sanitario e na prevención dos riscos para a saúde derivadas das substancias susceptibles de xerar dependencia.

A política autonómica en relación coa prestación farmacéutica promove o desenvolvemento de programas orientados a racionalizar o emprego dos recursos farmacoterapéuticos nos servizos sanitarios e sociosanitarios, con criterios de efectividade, seguridade e custo. A Consellería de Sanidade garante a prestación farmacéutica na Rede Galega de Atención Sanitaria de Utilización Pública nos termos recollidos na Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica, e demais normativa reguladora. Tamén desenvolve as funcións de farmacovixilancia, o control das reaccións adversas aos medicamentos e o control sanitario doutros produtos de utilización diagnóstica, terapéutica ou auxiliar.

Para a dirección do sistema sanitario de Galicia é necesario dispor de información veraz que apoie a toma de decisións, tanto no nivel estratéxico coma no operativo. Os sistemas e a tecnoloxía de información son un elemento clave para a dirección e a consecución das políticas sanitarias e para a mellora dos servizos sanitarios, facilitando a accesibilidade da poboación e promovendo a continuidade asistencial e a organización por procesos.

A Consellería de Sanidade complementa as súas funcións mediante a inspección da xestión, do cumprimento da normativa e dos estándares sanitarios de todo o sistema sanitario, co obxecto de detectar e informar as posibles desviacións para que os órganos competentes adopten as correspondentes accións correctoras.

Na estrutura sepáranse o financiamento, planificación e avaliación da xestión, que lle corresponden á consellería, respecto da execución, que lle corresponde ao Sergas. Este organismo, ao que lle corresponde a dobre función de compra e provisión de servizos sanitarios, está adscrito á Consellería de Sanidade, que exerce sobre el as funcións de dirección, vixilancia e tutela.

Polo tanto, en virtude do disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Sanidade, cos informes previos da Consellería de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e da Consellería de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de febreiro de dous mil cinco

DISPOÑO:

Artigo 1º A Consellería de Sanidade.
  1. A Consellería de Sanidade é o órgano da Administración autonómica responsable da superior dirección e control do desenvolvemento das funcións e competencias que, en materia de sanidade, lle corresponden á Xunta de Galicia de acordo co establecido nos artigos 27.23º, 28.8º e 33 do Estatuto de autonomía de Galicia e que lle foron asignadas polo Decreto 28/1980, do 15 de outubro, polo artigo 21 da Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia e pola Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica.

  2. Así mesmo, correspóndelle o exercicio das competencias que para situacións sanitarias urxentes ou de necesidade se recollen na Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, de medidas especiais en materia de saúde pública.

Capítulo I

Servizos centrais

Artigo 2º Estrutura.
  1. A Consellería de Sanidade, para o cumprimento das súas funcións, contará coa seguinte estrutura nos seus servizos centrais:

    * O conselleiro.

    * A Secretaría Xeral.

    * A Dirección Xeral de Saúde Pública.

    * A Dirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios.

    * Órganos asesores, consultivos e de coordinación.

  2. O Servizo Galego de Saúde, organismo autónomo de carácter administrativo creado pola Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, de creación do Servizo Galego de Saúde, estará adscrito á Consellería de Sanidade.

Artigo 3º O conselleiro.

O conselleiro de Sanidade é a superior autoridade da consellería e con tal carácter desempeña e exerce as competencias que lle confiren a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro; a Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia; e a Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia sobre drogas, en relación co Decreto 254/1997, do 10 de setembro e a Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica.

Artigo 4º A Secretaría Xeral.
  1. A Secretaría Xeral exercerá as funcións e competencias establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, en relación con todas as unidades e servizos dependentes da Consellería de Sanidade e a inspección dos servizos, centros e organismos dependentes ou adscritos á consellería, sen prexuízo das funcións que se lle atribúan á Inspección Xeral de Servizos da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

  2. Correspóndelle ademais o desenvolvemento e a coordinación da política sanitaria e a sociosanitaria, á que se refire o capítulo IV do título VI da Losga.

  3. Con respecto ao aseguramento único e público, correspóndelle a garantía do exercicio dos dereitos dos cidadáns definidos no título VIII da Losga, o seguimento da equidade nas listas de espera e o establecemento de tempos de garantía, a definición das prestacións do Sistema Sanitario Público Galego, o establecemento dos criterios xerais para asegurar a equidade no acceso ás prestacións e servizos sanitarios; garante uns niveis de calidade homoxéneos nas prestacións da Rede Galega de Atención Sanitaria de Utilización Pública, a autorización da incorporación de novos procedementos, técnicas e outros medios sanitarios na Rede Galega de Atención Sanitaria de Utilización Pública e a formulación da metodoloxía e criterios xerais de compra de servizos.

  4. Con respecto á planificación sanitaria, correspóndelle a determinación dos criterios xerais de planificación sanitaria e sociosanitaria, a elaboración, difusión, seguimento, vixilancia e avaliación do cumprimento do Plan de saúde, a determinación dos plans...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR