Decreto 14/2005, do 3 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

Para o axeitado desenvolvemento das competencias que no ámbito sanitario lle corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia (Losga) no seu título IV, establece que no Servizo Galego de Saúde se integran todos os centros, servizos e establecementos sanitarios de titularidade da Administración autonómica galega, e atribúelle á Consellería de Sanidade o exercicio das facultades de dirección, vixilancia e tutela sobre o Sergas e, en particular, o exercicio das potestades regulamentarias da Losga e das restantes disposicións que sexan de aplicación.

O Sergas exercerá o goberno, dirección e xestión dos centros, servizos e establecementos sanitarios propios ou adscritos, garantindo a provisión dos servizos e prestacións de asistencia sanitaria de cobertura pública; coordinará a xestión dos recursos humanos, materiais e financeiros que teña asignados, desenvolverá os programas de docencia e investigación e exercerá aquelas funcións que lle delegue ou encomende a Consellería de Sanidade.

Ao Servizo Galego de Saúde correspóndelle a coordinación da Rede Galega de Atención Sanitaria de Utilización Pública para a optimización de todos os dispositivos asistenciais integrados nela. Neste senso distribuirá con equidade os recursos económicos afectos ao financiamento dos servizos e prestacións de asistencia sanitaria de cobertura pública, mediante a dobre función de compra e provisión de servizos sanitarios, que se exercerán de forma separada.

A modernización e humanización do sistema sanitario público require incorporar modelos de xestión que o dinamicen. Deste modo o Servizo Galego de Saúde e as súas áreas sanitarias deberán estar orientadas a garantir os dereitos dos cidadáns e a continuidade asistencial mediante unha organización centrada no paciente como base para asegurar a calidade da asistencia, que supere a tradicional separación entre a atención primaria e a atención especializada e que abrangue a atención sociosanitaria, integrando todas as modalidades asistenciais de atención ao usuario.

Neste senso introdúcense na estrutura do Servizo Galego de Saúde fórmulas organizativas cunha visión lonxitudinal e integradora dos procesos asistenciais baseada na continuidade da atención sanitaria, co fin de acadar a coordinación, colaboración e cooperación de todos os provedores públicos, tendo como centro de atención ao paciente, ao cal se lle debe garantir unha calidade obxectiva e uns tempos de atención axeitados.

Polo tanto, en virtude do disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 22 de outubro, por proposta do conselleiro de Sanidade, cos informes previos das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, Economía e Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de febreiro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Capítulo I

Servizos centrais

Artigo 1º Do Servizo Galego de Saúde.

O Servizo Galego de Saúde, para o exercicio das súas competencias e o cumprimento dos seus fins, contará coa seguinte estrutura:

  1. Órganos centrais de dirección:

    1. Órganos colexiados:

      1. Consello de Dirección.

    2. Órganos unipersoais:

      1. Presidente.

      2. Secretario xeral.

      3. Director xeral da División de Asistencia Sanitaria.

      4. Director xeral da División de Recursos Económicos.

      5. Director xeral da División de Recursos Humanos.

  2. Órganos periféricos de dirección:

    Os directores das áreas sanitarias, sen prexuízo dos recollidos no artigo 37.2º b) da Losga.

Artigo 2º O Consello de Dirección.
  1. O Consello de Dirección estará integrado polos seguintes membros:

    1. O conselleiro de Sanidade, que será o seu presidente.

    2. Secretario xeral do Sergas, que será o vicepresidente.

    3. Secretario xeral da Consellería de Sanidade e os directores xerais da consellería e das divisións do Sergas.

    4. Os delegados provinciais da Consellería de Sanidade e os directores das áreas sanitarias.

  2. Actuará como secretario do Consello de Dirección, con voz pero sen voto, un funcionario do Servizo Galego de Saúde nomeado polo conselleiro de Sanidade.

  3. O Consello de Dirección funcionará sempre en Pleno e reunirase, como mínimo, unha vez ao ano e sempre que sexa convocado polo seu presidente.

  4. Poderán asistir ás sesións do consello, con voz pero sen voto, os asesores técnicos ou as persoas representantes de organismos e outras entidades, cando o presidente o considere oportuno.

  5. Serán funcións do Consello de Dirección:

    1. Definir as liñas xerais de actuación do organismo, de acordo cos criterios emanados da Consellería de Sanidade.

    2. Emitir informe sobre o anteproxecto do orzamento do Servizo Galego de Saúde e elevalo á Consellería de Sanidade.

    3. Elaborar todos aqueles informes de materia da súa competencia que lle sexan solicitados pola Consellería de Sanidade.

    4. Cantas outras deriven da normativa vixente.

Artigo 3º O presidente.
  1. O conselleiro de Sanidade, como superior autoridade, é o máximo responsable da consellería, e ademais presidente do Servizo Galego de Saúde, e como tal correspóndelle:

    1. Ter a representación legal do organismo.

    2. Asinar os convenios en nome do organismo e actuar como órgano de contratación.

    3. Dispor os gastos e propor a ordenación dos pagamentos do organismo.

    4. Exercer a xefatura superior do persoal adscrito ao organismo.

    5. A execución dos acordos do Consello de Dirección con carácter xeral.

    6. Presentarlle ao Consello de Dirección a memoria anual de actividades do organismo.

    7. A dirección e xestión de todas as actividades do organismo relacionadas coas funcións encomendadas a este polas disposicións legais que o rexen, sen prexuízo das facultades e competencias do Consello de Dirección e da Consellería de Sanidade.

    8. Elevarlle ao Consello de Dirección o anteproxecto de orzamento do organismo.

    9. Resolver os conflitos de atribucións que xurdan entre as autoridades dependentes do organismo.

  2. O presidente poderá delegar no secretario xeral, nos directores xerais, nos directores de área e noutros órganos centrais ou periféricos do organismo funcións relacionadas cos correspondentes ámbitos de actuación.

  3. En caso de ausencia, enfermidade ou vacante, o presidente será substituído polo secretario xeral.

Artigo 4º A Secretaría Xeral.
  1. A Secretaría Xeral, con nivel orgánico de dirección xeral, é o órgano encargado de prestarlle asistencia técnica e administrativa ao presidente.

  2. Igualmente, correspóndelle dirixir e coordinar o asesoramento xurídico do Sergas, sen prexuízo das funcións propias da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

  3. O secretario xeral do Servizo Galego de Saúde será o secretario xeral da Consellería de Sanidade.

  4. Para o cumprimento das funcións que se lle encomendan, a Secretaría Xeral contará coa seguinte estrutura:

  1. Asesoría Xurídica do Servizo Galego de Saúde.

  2. Intervención Delegada, organicamente integrada na Secretaría Xeral.

Artigo 5º A Asesoría Xurídica do Servizo Galego de Saúde.
  1. Con nivel orgánico de subdirección xeral, correspóndelle o asesoramento en dereito e a defensa e representación en xuízo do organismo. Para tal fin dirixirá e coordinará os letrados tanto dos servizos centrais como dos servizos periféricos, xa se trate de persoal propio como de apoderados, os cales poderán consultar ante esta os asuntos que consideren de especial transcendencia para efectos de manter a uniformidade no asesoramento.

  2. En particular correspóndelle:

    1. Establecer, de conformidade coa Secretaría Xeral, os criterios xerais para a coordinación da defensa do Servizo Galego de Saúde.

    2. Levar a cabo o asesoramento e os informes xurídicos que lle soliciten o presidente e o secretario do Servizo Galego de Saúde.

    3. Informar en dereito sobre a contratación administrativa do Servizo Galego de Saúde.

  3. Sen prexuízo da súa dependencia orgánica, a Asesoría Xurídica dependerá funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

  4. Para o cumprimento das súas funcións contará, nos servizos centrais do organismo, con dúas unidades con nivel orgánico de servizo.

Artigo 6º A División de Asistencia Sanitaria.
  1. A División de Asistencia Sanitaria é o órgano responsable da coordinación das divisións do organismo e da coordinación asistencial das áreas sanitarias e dos centros e servizos financiados polo Sergas.

  2. No marco da planificación sanitaria e sociosanitaria elaborada pola Consellería de Sanidade, correspóndelle a validación e o desenvolvemento dos procesos asistenciais, a súa coordinación, o desenvolvemento da función de compra de servizos sani

    tarios, a determinación e avaliación de obxectivos de carácter asistencial que deben cumprir os centros a través das fórmulas que en cada momento se determinen, e aquelas outras...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR