DECRETO 111/2013, do 4 de xullo, polo que se modifican os decretos 41 e 43/2013, do 21 de febreiro, polos que se establecen as estruturas orgánicas da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

Este decreto ten por obxecto introducir modificacións puntuais nas normas de estrutura orgánica da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, co obxecto de que as tarefas que vaian desenvolver os distintos órganos e unidades teñan exacto reflexo na normativa competencial que lle dá soporte.

Deste xeito, as principais modificacións introducidas versan sobre tres aspectos: recoller a atribución competencial necesaria para as autorizacións de biobancos como consecuencia do cambio normativo operado a partir do ano 2011; reflectir a específica competencia da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade para a expedición de certificados de cumprimento das normas de boas prácticas de fabricación e distribución de medicamentos; así como plasmar de xeito inequívoco a competencia das xefaturas territoriais da consellería para coñecer e tramitar as reclamacións previas que se produzan no seu respectivo ámbito en materia de seguridade social, derivadas dos partes médicos de baixa, confirmación de baixa e alta, e que as precedentes normas de estrutura orgánica xa contemplaban.

Para o desenvolvemento da investigación biomédica, os biobancos son infraestruturas básicas. Constitúen unha plataforma de apoio á investigación imprescindible que pode actuar como nexo de unión entre doadores/as, clínicos/as e investigadores/as, co propósito de asegurar un tratamento seguro e eficaz das mostras biolóxicas e datos asociados. Facilita, mediante a súa organización, a utilización das mostras humanas de forma regrada.

Desta forma, seguirán a contribuír ao desenvolvemento da investigación translacional. Neste contorno, a aplicación e desenvolvemento do Real decreto 1716/2011, do 18 de novembro, polo que se establecen os requisitos básicos de autorización e funcionamento dos biobancos con fins da investigación biomédica e do tratamento das mostras biolóxicas de orixe humana e se regula o funcionamento e a organización do Rexistro Nacional de Biobancos para Investigación Biomédica, entre outros aspectos, obriga a Comunidade Autónoma ao desenvolvemento dos procedementos administrativos de autorización, incluíndo as unidades competentes. Cómpre, en consecuencia, adaptar a estrutura da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR