DECRETO 76/2012, do 9 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 310/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica desta consellería.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

A actuación das administracións públicas debe ser efectiva en todo momento en cumprimento dos obxectivos do servizo público que ten encomendados. Por esta razón, as actividades que desenvolven os distintos órganos e unidades administrativas debe responder aos criterios de eficacia, eficiencia e transparencia.

Tendo en conta estes principios xerais, estímase necesario modificar o Decreto 310/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, coa finalidade de adecuar a competencia de determinados órganos da Consellería de Sanidade, nas distintas fases dos procedementos administrativos, ás necesidades existentes e ao cumprimento da súa finalidade.

Trátase, concretamente, de modificar as competencias que teñen tanto a Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación como os servizos territoriais da Inspección de Servizos Sanitarios, dependentes da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, delimitando como propias as funcións de inspección, auditoría, avaliación e control, e quedando as funcións de xestión administrativa para as estruturas periféricas do Servizo Galego de Saúde. Así mesmo, establécese unha nova estrutura da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública como consecuencia de que asume competencias de inspección que antes correspondían a outros órganos da Consellería.

Polo que, en virtude do disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, por proposta da titular da Consellería de Sanidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día nove de febreiro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 310/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade.

O Decreto 310/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, modifícase nos seguintes termos:

Un. O artigo 4.2 alínea b) queda redactado da seguinte forma:

b) A inspección que se exercerá sobre todos os centros, servizos, establecementos e prestacións sanitarias e farmacéuticas de titularidade pública ou privada da Comunidade Autónoma de Galicia. Os efectivos que desenvolvan esta función, que teñen o carácter de autoridade, dependerán organicamente da xefatura territorial que corresponde e funcionalmente da Secretaría Xeral Técnica

.

Dous. A alínea c) do número 2.1 e a alínea c) do número 2.2 do artigo 7 quedan redactadas da seguinte forma:

2.1. Servizo Técnico Xurídico.

c) A elaboración e tramitación das propostas de resolucións de recursos e reclamacións contra actos dos órganos da Consellería e do Servizo Galego de Saúde, agás os referentes á contratación e recursos humanos; tramitación de procedementos de reclamación de responsabilidade patrimonial e en materia de oficinas de farmacia e anexos e os derivados de infraccións en materia de autorización de centros, establecementos e servizos sanitarios ou de produtos sanitarios; a tramitación de convenios de colaboración, así como as actuacións de coordinación co seguro de responsabilidade patrimonial derivada da asistencia sanitaria, sen prexuízo das funcións encomendadas a outras unidades

.

2.2. Servizo de Réxime Interior.

c) A iniciación e tramitación dos expedientes disciplinarios do persoal funcionario e laboral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, sen prexuízo das funcións atribuídas á Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios, así como a xestión de subministracións de material de oficina, imprenta e consumibles informáticos para as distintas unidades e a xestión do parque móbil tanto da Consellería como do Servizo Galego de Saúde, e, en xeral, aquelas que dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas

.

Tres. O número 1, o encabezamento así como as alíneas a), d) e i) do número 2 e o número 3.1.b) do artigo 9 quedan redactados da seguinte forma:

«Artigo 9. A Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios.

  1. É a unidade da que depende a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR