Resolución do 14 de febreiro de 2005 pola que se convocan os cursos de francés, portugués e inglés.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyResolución

Dentro do programa de actividades de formación da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases xerais e específicas:

Primeira.-Solicitudes.

  1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia e certificación que, como modelos oficiais, se recollen nos anexos II e III desta resolución, respectivamente.

  2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso no presente ano.

  3. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para os cursos de francés e portugués, e de dous meses para os cursos de inglés.

  4. As solicitudes, dirixidas ao director da EGAP, presentaranse no rexistro xeral da escola, sita na rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    Segunda.-Acceso ás actividades.

    Poderá participar o persoal que cumpra os requisitos específicos exixidos para cada curso no anexo I. Queda excluído o persoal docente e sanitario que non desempeñe postos na Administración xeral.

    Terceira.-Selección.

  5. A selección efectuarase de acordo co previsto para cada curso no citado anexo I.

  6. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da EGAP e do Centro de Información Administrativa e Atención ao Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública. Así mesmo, co obxecto de facilitarlles o acceso á información dunha forma áxil e rápida, evitando desprazamentos innecesarios, publicaranse na páxina web: www.egap.xunta.es.

    Cuarta.-Certificacións de asistencia.

  7. Outorgaráselles o correspondente certificado de asistencia aos alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos, a EGAP poderá realizar as probas ou requirir a presentación dos traballos que considere oportunos.

  8. É obrigatoria a asistencia e a puntualidade a todas as sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de todos os dereitos.

  9. Para coñecemento e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR