Decreto 191/2003, do 27 de febreiro, polo que se aproba a modificación dos estatutos do consorcio para o servicio contra incendios e salvamento da comarca de Verín.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A necesidade de dar unha resposta eficaz deste servicio fai necesaria unha organización axeitada deste en todo o territorio galego. Este feito aconsellou que a Xunta de Galicia elaborase o Plan Galego de Dotación de Parques contra Incendios Urbanos baseado en criterios de racionalidade técnica e económica que permita dota-la Comunidade Autónoma dun servicio integrado de extinción de incendios que garanta este servicio en toda Galicia, baixo condicións aceptables, en función do risco e da dificultade técnica da extinción, sendo o Parque contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín un dos parques previstos no plan galego.

O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintesete de novembro de mil novecentos noventa e oito, acordou participar no Consorcio do Parque contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín, segundo o disposto no punto 3º do artigo 196 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Consonte co anterior, o Consello da Xunta de Galicia, prestou aprobación, mediante Decreto 288/2000, do 16 de novembro, ós estatutos que rexen o citado consorcio.

En orde a alcanzar unha maior axilidade na xestión e eficacia na prestación do servicio cómpre proceder á modificación dos estatutos que rexen o Consorcio do Parque contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín tanto na representatividade dos seus órganos de goberno como na financiación do mesmo.

A modificación e aprobación dos estatutos modificados do consorcio fíxose segundo as normas de procedemento establecidas nos artigos 143 e 151 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Polo exposto, e en aplicación do artigo 196 da Lei 5/1997, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintesete de febreiro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único Aproba-los estatutos modificados do Consorcio para o Servicio contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín, sendo o seu texto o que se recolle no anexo deste decreto.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 288/2000, do 16 de novembro, polo que se aprobaron os estatutos do Consorcio para o Servicio contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintesete de febreiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administracion Local

ANEXO

Consorcio para a prestación do servicio contra incendios e salvamento da comarca de Verín.

Estatutos do consorcio para o servicio contra incendios e salvamento da comarca de Verín.

As administracións públicas teñen encomendada a prestación dunha serie de servicios ós seus cidadáns. Para mellora-la calidade destes servicios é

necesario o establecemento de novas formas asociativas das administracións afectadas que fagan posible a aplicación dos principios de economía e eficacia.

Neste senso a Comunidade Autónoma de Galicia ten asumidas competencias sobre as materias de prevención e extinción de incendios e de protección civil. Unha organización axeitada permitirá unha resposta eficaz ante calquera circunstancia que poida supoñer un perigo para a vida e bens das persoas, así como a optimización e racionalización dos medios e recursos dispoñibles.

O Decreto 147/2002, polo que se fixa a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, en relación co o Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, polo que se modifica a estructura orgánica da Xunta de Galicia, encoméndalle a planificación e coordinación dos plans e programas dos sevicios contraincendios e salvamento local á Dirección Xeral de Administración Local, sen prexuízo das competencias que lle correspondan á Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, no relativo á función operativa de protección civil, así como das atribuídas por Lei ás administracións locais.

De acordo co disposto no artigo 26.c) da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, corresponde ós municipios, por sí ou asociados, a prestación, entre outros, dos servicios seguintes: nos municipios con poboación superior a 20.000 habitantes, servicios de protección civil, prevención e extinción de incendios.

As deputacións provinciais teñen atribuída pola súa parte a competencia de cooperación e asistencia ós concellos, garantindo a prestación integral e adecuada dos servicios que estes teñen encomendados pola lei.

A Deputación Provincial de Ourense, en virtude das competencias que lle son propias e ó amparo do disposto no artigo 30.6º d) e h) do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, xestionou varias actuacións en materia de colaboración cos concellos en materia de extinción e prevención de incendios.

A Lei 7/1985, reguladora de bases de réxime local establece no seu artigo 87 que as entidades locais poden constituír consorcios con outras administracións públicas para fins de interese común ou con entidades privadas sen ánimo de lucro que persigan fins de interese público, concorrentes coas administracións públicas.

A Lei 5/1997, de Administración local de Galicia, establece a consideración das provincias como entidades locais territoriais. De acordo co artigo 149, as entidades locais galegas poderán, con carácter voluntario, constituír consorcios locais entre si, ou con outras administracións públicas para fins de interese común.

Doutra banda, tamén se debe ter en conta a Decisión do Consello da Unión Europea do 29 de xullo

de 1991, pola que se crea o número único (112) para as chamadas de urxencia, e o acordo do Goberno da Xunta de Galicia, de setembro de 1997, para a prestación do servicio público de atención de urxencias en Galicia a través do número telefónico 112. Neste número deberán quedar integrados os servicios contra incendios e salvamento dos centros asociados, entre eles.

De acordo coas consideracións precedentes, as administracións participantes xustifican a concepción e a adopción da fórmula do consorcio como a organización idónea para facilitar a súa coordinación e leal cooperación e, en consecuencia, deciden constituír o consorcio que se rexerá polos presentes estatutos.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Entidades asociadas.

Ó abeiro do establecido na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, artigos 149 e seguintes, así como na demais lexislación vixente, constitúese o Consorcio contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín, integrado pola Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e os concellos que se citan no anexo I, que son os que integran a comarca de Verín.

Artigo 2º Constitución do consorcio.

Para a constitución do consorcio requírese o acordo previo correspondente e a aprobación definitiva dos seus estatutos por parte do plenos da Deputación Provincial de Ourense e dos concellos que o integren, así como o acordo do Consello da Xunta de Galicia.

Os estatutos aprobaranse mediante decreto da Xunta de Galicia que se publicará no Diario Oficial de Galicia xunto co seu texto íntegro.

Unha vez publicados os estatutos, convocarase a tódolos representantes das entidades que o integran co gallo de elixi-los órganos rectores e inicia-lo seu funcionamento.

Artigo 3º Carácter.

O consorcio constitúese voluntariamente e por un período de tempo indefinido. Ten carácter administrativo e personalidade xurídica propia e independente das entidades que o integran, así como capacidade xurídica para o cumprimento dos fins estatutarios. O consorcio contará con patrimonio propio e desenvolverá a súa actividade conforme a un orzamento independente.

Artigo 4º Sede.
  1. O consorcio terá a súa sede no Parque contra Incendios e de Salvamento de Verín.

  2. Por acordo do pleno do consorcio, poderá modificarse o domicilio fixado no apartado anterior ou celebrarse reunións en lugar distinto ó do seu domicilio.

  3. Así mesmo, e por unanimidade do pleno do consorcio, poderá acordarse a creación de subsedes,

que terían carácter complementario da sede principal, coa dotación de medios humáns e materiais que se determine no acordo de creación.

Artigo 5º O...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR