Decreto 46/2004, do 20 de febreiro, polo que se desafecta do dominio público o edificio denominado Cambón, situado na rúa Palma número 2, antes 4, de Vigo (Pontevedra).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A Comunidade Autónoma de Galicia ten a titularidade do edificio denominado Cambón, situado na rúa Palma, 2, antes 4, de Vigo (Pontevedra).

O dito inmoble figura no Inventario Xeral de Bens e Dereitos da Comunidade Autónoma de Galicia como ben de dominio público para dependencias administrativas, co código de centro P0271. Na actualidade consta sen adscrición, unha vez que foi desocupado pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, como consecuencia do traslado das dependencias da dita consellería ó novo edificio múltiple de Vigo, segundo consta na acta de entrega do 28 de outubro de 2002.

O artigo 10.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala que cando os bens e dereitos non fosen necesarios para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación, cesará a súa natureza demanial e adquirirán a condición de patrimoniais, sen prexuízo, de se-lo caso, do dereito de reversión nos termos da lexislación de expropiación forzosa, respecto daqueles bens adquiridos por este título.

Segundo o anterior, foi tramitado pola Secretaría Xeral e do Patrimonio o expediente de desafectación do dominio público do ben de referencia, unha vez acreditada a non necesidade do edificio para a súa utilización pola Xunta de Galicia, tralo traslado das dependencias administrativas ó edificio administrativo de usos múltiples en Vigo.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR