DECRETO 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

A Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, creou o Servizo Galego de Saúde como un organismo autónomo de carácter administrativo, dotado de personalidade xurídica propia, que ten como finalidade a xestión dos servizos sanitarios de carácter público dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia e a coordinación integral de todos os recursos sanitarios e asistenciais.

Así mesmo, a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, sinala que o obxectivo do Servizo Galego de Saúde é a provisión dos servizos e das prestacións de atención sanitaria individual de cobertura pública no ámbito da Comunidade Autónoma, dentro do marco básico de financiamento do Sistema público de saúde de Galicia, garantindo os dereitos recoñecidos aos cidadáns.

O Servizo Galego de Saúde exerce o goberno, a dirección e a xestión dos centros, servizos e establecementos sanitarios propios ou adscritos, garantindo a provisión dos servizos e prestacións de asistencia sanitaria de cobertura pública; coordina a xestión dos recursos humanos, materiais e financeiros que teña asignados, e exercerá aquelas funcións que lle delegue ou encomende a Consellería de Sanidade.

De acordo co establecido no Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e a optimización dos recursos públicos, a eficacia na xestión e o logro da máxima coordinación das unidades administrativas son os principios básicos que guían a actuación da Administración pública de Galicia. O compromiso de austeridade, eficacia e eficiencia adoptado pola Xunta de Galicia debe ter a necesaria translación e reflexo nas normas regulamentarias que establecen a estrutura orgánica dos distintos organismos vinculados ou dependentes, entre os cales se atopa o Servizo Galego de Saúde.

De conformidade co establecido no Decreto 235/2012, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, o organismo autónomo Servizo Galego de Saúde queda adscrito organicamente á Consellería de Sanidade.

É necesario, pois, desenvolver a estrutura orgánica do organismo autónomo, co obxecto de responder ás demandas e necesidades que para a xestión do ámbito competencial propio esperan os destinatarios da súa actividade.

Neste decreto desenvólvese a estrutura do Servizo Galego de Saúde, que se articula en torno a unha xerencia, con categoría de secretaría xeral, e tres direccións xerais. Establécense, así mesmo, os órganos colexiados e os órganos de coordinación, e realízase unha referencia á estrutura periférica, regulada nos Decretos 168/2010, do 7 de outubro, 193/2010, do 18 de novembro, 162/2011, do 28 de xullo, e 163/2011, do 28 de xullo.

Xa que logo, en virtude do disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, por proposta da conselleira de Sanidade, cos informes previos preceptivos e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e un de febreiro de dous mil trece

DISPOÑO:

Capítulo IÁmbito competencial

Artigo 1 O Servizo Galego de Saúde
  1. Para o adecuado desenvolvemento das competencias que no ámbito sanitario lle corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia, configúrase o Servizo Galego de Saúde como un organismo autónomo de natureza administrativa, dotado de personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins.

  2. O Servizo Galego de Saúde está adscrito á Consellería de Sanidade e rexerase polo establecido na Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, e na Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

  3. O Servizo Galego de Saúde, para o exercicio das súas competencias e o cumprimento dos seus fins, contará coa seguinte estrutura:

3.1. Órganos centrais de dirección:

3.1.1. Órganos colexiados:

  1. Consello de Dirección.

  2. Comité Executivo.

    3.1.2. Órganos unipersoais:

  3. A Presidencia.

  4. A Xerencia do Servizo Galego de Saúde.

  5. A Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria.

  6. A Dirección Xeral de Recursos Económicos.

  7. A Dirección Xeral de Recursos Humanos.

    3.2. Órganos de coordinación e asesoramento do Servizo Galego de Saúde:

  8. Consello Asesor Técnico.

  9. Consello Asesor de Pacientes.

    3.3. Órganos periféricos de dirección:

    As estruturas de xestión integrada.

    CAPÍTULO IIÓrganos colexiados

Artigo 2 O Consello de Dirección
  1. O Consello de Dirección é o órgano de administración do Servizo Galego de Saúde e estará integrado polos seguintes membros:

    1. A persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, que exercerá a presidencia.

    2. A persoa titular da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, que exercerá a vicepresidencia e a coordinación do Consello.

    3. A persoa titular da Vicexerencia do Servizo Galego de Saúde.

    4. As persoas titulares das direccións xerais do Servizo Galego de Saúde.

    5. As persoas titulares das xerencias das estruturas de xestión integrada.

  2. Corresponderalle actuar como secretaria do Consello de Dirección, con voz e voto, á persoa titular da Vicexerencia.

  3. O Consello de Dirección reunirase, como regra xeral, unha vez ao trimestre e sempre que sexa convocado pola súa presidencia. Poderán asistir ás sesións do Consello, con voz pero sen voto, profesionais técnicos, representantes de organismos ou outras entidades ou os subdirectores do Servizo Galego de Saúde, cando a presidencia o considere oportuno, tendo en conta os asuntos que se vaian tratar.

  4. Correspóndelle ao Consello de Dirección:

    1. Definir os posicionamentos, orientacións e liñas de actuación de carácter estratéxico do Servizo Galego de Saúde, de acordo cos criterios emanados da Consellería de Sanidade.

    2. Definir as políticas de financiamento e orzamentos do Servizo Galego de Saúde de acordo cos criterios emanados da Consellería de Sanidade.

    3. Emitir informe sobre o anteproxecto do orzamento do Servizo Galego de Saúde e elevalo á Consellería de Sanidade.

    4. Definir as políticas de recursos humanos, os proxectos de carácter estratéxico e o cadro de mando de alta dirección do Servizo Galego de Saúde.

    5. Elaborar todos aqueles informes, de materia da súa competencia, que lle sexan solicitados pola Consellería de Sanidade.

    6. Definir o acordo de xestión anual entre os servizos centrais e as estruturas de xestión integrada.

    7. Realizar o seguimento dos acordos de xestión.

    8. Realizar as avaliacións periódicas e o seguimento dos obxectivos, programas e procesos pactados.

    9. Cantas outras deriven da normativa vixente e lle sexan encomendadas pola persoa titular da Consellería.

Artigo 3 O Comité Executivo
  1. O Comité Executivo do Servizo Galego de Saúde estará integrado polos seguintes membros:

    1. A persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, que exercerá a presidencia.

    2. ) A persoa titular da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, que exercerá a vicepresidencia e a coordinación do Comité.

    3. A persoa titular da Vicexerencia do Servizo Galego de Saúde.

    4. As persoas titulares das direccións xerais do Servizo Galego de Saúde.

  2. Corresponderalle a realización das tarefas de secretaría do Comité Executivo, con voz e voto, á persoa titular da Vicexerencia.

  3. O Comité Executivo reunirase, como regra xeral, unha vez á semana e sempre que sexa convocado pola súa presidencia. Poderán asistir ás sesións do Comité, con voz pero sen voto, profesionais técnicos, representantes de organismos ou outras entidades ou os subdirectores do Servizo Galego de Saúde, cando a presidencia o considere oportuno, tendo en conta os asuntos que se vaian tratar.

  4. Correspóndelle ao Comité Executivo:

    1. Efectuar o seguimento e acordar actuacións nas políticas e estratexias do Servizo Galego de Saúde.

    2. Realizar o seguimento e acordar actuacións nas políticas de investimentos e recursos humanos.

    3. Definir as actuacións nas políticas de financiamento e orzamentos e realizar o seu seguimento.

    4. Acordar as actuacións nos proxectos conforme as estratexias definidas e realizar o control e seguimento deles.

    5. Efectuar o seguimento e acordar actuacións nos programas e procesos que se van desenvolver.

    6. Realizar as reorientacións do cadro de mando sobre os resultados obtidos, se é o caso, e controlar o seu seguimento.

    7. A resolución de incidencias no seu ámbito.

    CAPÍTULO IIIÓrganos unipersonais

Artigo 4 A Presidencia do Servizo Galego de Saúde

A persoa titular da consellería con competencias en materia de sanidade, como autoridade superior, é a máxima responsable da consellería e preside o Servizo Galego de Saúde.

No exercicio da presidencia correspóndelle as seguintes funcións:

  1. A representación legal do organismo.

  2. A sinatura dos convenios en nome do organismo e actuar como órgano de contratación.

  3. A aprobación dos plans de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR