Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, de regulamento do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS
Rango de LeyDecreto

A Lei 3/2004, do 7 de xuño, crea o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, que o define como un ente de dereito público con personalidade xurídica e patrimonio propio e con plena capacidade e autonomía para o cumprimento dos seus fins, adscrito á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Ten como obxectivo xeral desenvolver un estrito e intensivo sistema de control sobre as características do medio mariño para darlle cumprimento formal á lexislación vixente en canto á produción de organismos mariños, obter os coñecementos científicos necesarios para a correcta xestión dos recursos mariños e protexer e mellorar a calidade das augas costeiras.

Constitúe o instrumento da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio das funcións de control da calidade do medio mariño, da aplicación das disposicións legais en materia de

control técnico-sanitario dos produtos do mar e da asesoría técnico-científica sobre pesca, marisqueo e acuicultura no ámbito das zonas de produción en augas competencia da Comunidade Autónoma.

A súa natureza, fins, organización, funcións e potestades administrativas, así como os seus recursos, réxime financeiro e persoal, atópanse regulados na dita lei, se ben en determinados aspectos, en particular a súa organización, require o seu adecuado desensolvemento regulamentario.

A Lei 3/2004 dispón expresamente as vías regulamentarias para o seu adecuado desenvolvemento. No seu artigo 2.4º establece a posibilidade de atribución mediante o regulamento de novas funcións que deben ter a categoría de potestades administrativas, o artigo 7 traslada ao regulamento a determinación do funcionamento e o réxime de adopción de acordos do Consello de Administración, na disposición adicional primeira establécese que a data de inicio da actividade do instituto se fixara regulamentariamente así como os bens que por esta mesma vía sexan determinados e, finalmente, nas disposicións transitorias recóllese a necesidade de que o regulamento fixe diversos prazos para a adopción dunha serie de medidas de regularización da situación do persoal.

Independentemente das ditas remisións concretas ao regulamento, a disposición derradeira primeira faculta o Consello da Xunta de Galicia para ditar cantas normas sexan precisas para a aplicación da lei, fixando un prazo de tres meses desde a entrada en vigor desta para que proceda a aprobar o decreto de desenvolvemento da lei, requisito necesario para o inicio das actividades do instituto.

Por todo isto, e en uso das habilitacións específicas, así como da xenérica contida na referida disposición derradeira primeira, dítase o presente decreto, como regulamento de desenvolvemento da Lei 3/2004.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos e logo de deliberación do Conselo da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de febreiro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposciios xerais

Artigo 1º Réxime xurídico.
  1. De acordo co establecido na Lei 3/2004, do 7 de xuño, o Instituto Tecnolóxico de Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) é un ente de dereito público con personalidade xurídica e patrimonio propio e con plena capacidade e autonomía para o cumprimento dos seus fins, adscrito á consellería competente en materia de pesca, coas potestades administrativas e funcións que se lle atribúen no artigo 2 da citada Lei 3/2004. O Intecmar regúlase polo disposto na...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR