Decreto 34/2006, do 16 de febreiro, polo que se inicia o proceso de disolución e liquidación da Sociedade Anónima de Xestión do Centro Tecnolóxico do Mar.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

Mediante o Decreto 265/2004, do 29 de xullo, (Diario Oficial de Galicia nº 226, do 19 de novembro), acordouse a creación, ao abeiro do artigo 55.2º do Estatuto de autonomía e de conformidade co sinalado no artigo 45.1º e 3º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, da sociedade pública Sociedade Anónima de Xestión do Centro Tecnolóxico do Mar.

A devandita sociedade ten por obxecto a prestación de toda clase de asesoramento e servizos ás persoas tanto físicas como xurídicas e organizacións dedicadas á xestión dos recursos marítimo-pesqueiros, de dereito público ou privado, ben a través de contratos suxeitos ao dereito administrativo como civil ou mercantil, ou a través de convenios de colaboración, así como á participación en proxectos de investigación e formación en materia de cooperación internacional con países terceiros. Todo iso poderao facer, pola súa vez, directamente ou a través da participación noutras sociedades.

Na práctica, a sociedade está inactiva desde a súa constitución, existindo unha duplicidade de funcións e fins coa fundación de nome e obxecto análogo e que é tutelada pola Consellería de Pesca. Deste xeito, a Sociedade Anónima de Xestión do Centro Tecnolóxico do Mar atópase na situación prevista no artigo 260.1º.3 do Real decreto lexislativo 1564/1989, do 22 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de sociedades anónimas, de xeito que a sociedade deberá disolverse pola imposibilidade manifesta de realizar o seu fin social.

Xa que logo, consonte todo o exposto, cómpre agora proceder a disolver e liquidar os estatutos da devandita sociedade.

En consecuencia, despois dos informes preceptivos, e de conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente; así como nos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR